www.mamboteam.com
PSdeG-PSOE ORTEGAL Advertisement
Inicio
Sábado, 28 de Xaneiro do 2012
 
 
Menú principal
Inicio
Actualidade
Secretario Xeral
Enlaces
Libro de Visitas
Eleccións 2009
Buscar
Contactar
Enl@ces PSdeG-PSOE
PSOE
PSdeG-PSOE
iPSOE TV
Formulario de acceso





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Sindicación
O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia que unha veciña do Concello con discapacidade...
Escrito por PSdeG-PSOE Cerdido   
Mércores, 18 de Xaneiro do 2012
O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia que unha veciña do Concello con discapacidade psicomotriz  leva dende Outubro agradando polo servizo de transporte adaptado do 065.
 
 O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia que a mala xestión  da Xunta e a inoperancia da Alcaldesa e a Concelleira de Servizos Sociais, están a condenar a os familiares de unha veciña con discapacidade a buscar medios de transporte alternativos para que a rapaza poida acudir o centro de ensino especial APADER de Cedeira.
No mes de  Outubro concedéronlle o servizo do 065, o cal segundo a Xunta non implica que poida facer uso do mesmo, a pesares de que este servizo xa recollía un rapaz veciño do Concello a poucos KM da casa da afectada nunha das súas rutas.Dende entón a familia leva agardando en balde, a pesares das reclamacións o Concello, que o transporte adaptado recolla a rapaza.
Os Socialistas de Cerdido esiximos que a Xunta tome cartas no asunto e resolva o problema a maior brevidade para que a rapaza e os familiares poidan levar unha vida normalizada.
Lamentamos que este sexa un agravio mais da Xunta coa veciñanza de Cerdido e pedimos que a administración Local se implique na busca de solucións e si fai falta que a Alcaldesa solicite una reunión coa titular da Consellería de Traballo para buscar unha solución o caso
.Os Socialistas de Cerdido lamentamos que a política de recortes aplicada pola Xunta  sexa pagada polos cidadáns neste caso por unha veciña que non dispón de outros medios para acudir o Centro de APADER xa que non dispón de transporte público e aínda que fora o caso tería que ir acompañada pois a súa discapacidade así o require.
Os Socialistas de Cerdido levaremos o caso o Parlamento de Galicia.

Agradecendo a súa difusión en Cerdido a 18 de xaneiro de 2012 Asdo: PSdeG Cerdido.

 
OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE OS TRABALLOS PARA LICITAR O TRAMO VIARIO DA VAC COSTA NORTE...
Escrito por PSdeG-PSOE Cerdido   
Xoves, 22 de Setembro do 2011

NOTA DE PRENSA

 O deputado Pablo López Vidal, acompañado do voceiro de Cerdido, Benigno Galego revisaron hoxe na Xunta o proxecto

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE OS TRABALLOS PARA LICITAR O TRAMO VIARIO DA VAC COSTA NORTE ENTRE SAN SADURNIÑO- CAMPO DO HOSPITAL ESTAN MOI RETRASADOS

-O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal dixo que as receitas de Feijóo para as infraestructuras viarias de Galicia son “abandono, o retraso e a paralización”

-Asegura que o Goberno de Feijoo “non ten ningún interese por rematar esta obra que vertebra e comunica toda a Costa Norte, polas provincias de A Coruña a Lugo”

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2011. O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal acompañado do voceiro socialista do municipio coruñés de Cerdido, Benigno Galego persoáronse hoxe nas dependencias da Consellería de Infraestruturas, en San Caetano, para revisar o proxecto de construción da VAC Costa-Norte, o que corresponde ao treito San Sadurniño-Campo do Hospital, concretamente o tramo As Felgosas- Campo do Hospital, ao seu paso polo Concello de Cerdido.

López Vidal explica que revisando a documentación comprobamos unha derradeira modificación que afecta ao enlace de Felgosas, así como o aceso ao futuro polígono industrial.O deputado socialista denuncia que os traballos para licitar este tramo “están moi retrasados”.

Asegura que non “se contratou a expropiación do primeiro treito, quedando pendente os dous restantes”. Sinala ademais que os prazos de expropiación teñen un prazo de 24 meses, que son os que esta actuación vai ter que agardar.

O parlamentario socialista critica que o Goberno de Feijóo “non ten ningún interese por rematar esta obra que vertebra e comunica toda a Costa Norte, polas provincias de A Coruña a Lugo””.

E resumiu as receitas de Feijóo para as infraestructuras viarias de Galicia son “abandono, o retraso e a paralización”, concluíu.

 
O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia que o Concello de Cerdido segue vertendo residuos e lamas...
Escrito por PSdeG-PSOE Cerdido   
Xoves, 15 de Setembro do 2011

O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia que o Concello de Cerdido segue vertendo residuos e lamas procedentes das depuradoras Municipais nos montes do Concello.

 

O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia que o Concello está a verter residuos procedentes das depuradoras no monte sen ningún tipo de control nin tratamento, co conseguinte perigo medioambiental que poden xerar este tipo de residuos que contaminan os acuíferos e xeran problemas ambientais.Os Socialistas denunciamos que no lugar de Castrillón na Parroquia de Cerdido, produciuse hai días o baleirado da cisterna Municipal chea de lamas e residuos nun monte particular, e lembramos que aínda que o Concello teña o permiso do dono da parcela, tratase de algo ilegal, pois son residuos non tratados e na vertedura pódense observar ata obxectos diversos como maquinas de afeitar e plásticos que degradan o Medio e xeran problemas  de saúde pública.

Dende o PSdeG de Cerdido lamentamos que a Alcaldesa nos mentira nunha pregunta en sesión Plenaria na que afirmaba que os residuos se estaban a levar a planta de tratamento que Sogarisa ten en As Somozas. 

 

Última actualización ( Luns, 19 de Setembro do 2011 )
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 4 de 98
 
Top! Top!