Fomento cumpre a súa palabra de mellorar o cargadoiro de mercadorías da estación de Cerdido.

Melloras Estación Feve Cerdido

Diante da alarma xerada polo BNG de Ferrolterra insinuando que FEVE ía suprimir a vía de mercadorías, os Socialistas de Cerdido puxéronse en contacto meses atrás con Fomento a través do Grupo Parlamentario no Congreso, e este confirmáballes que en ningún momento se pensou en suprimir este servizo de vital importancia para o Concello e Comarca dada a actividade forestal que alí se desenrola.Hai que lembrar que dende Cerdido se estaban a mandar cargamentos de madeira cara o Pais Vasco por parte dos produtores de madeira (PROMACER), e agora poderán facelo en mellores condicións, unha vez ampliada a zona de carga e dotada de unha iluminación axeitada.Agora unha vez rematadas as obras dende o PSdeG de Cerdido queremos deixar claro que o Governo Central actuou con sensibilidade neste tema de vital importancia para os veciños, tendo en conta que a actividade forestal e o principal motor económico do Concello e da traballo indirecto a hostalería,comercio e talleres.
Así pois, cremos que o BNG actuou precipitadamente xerando unha innecesaria alarma os veciños.

Agradecendo a súa difusión, en Cerdido 30 de Xaneiro de 2009.

Asdo:Grupo Municipal PSdeG Cerdido

O Pleno do Concello de Cerdido reunido hoxe en sesión extraordinaria aprobou por unanimidade os investimentos a incluir no Fondo Estatal de Inversión Local.

Ó Concello de Cerdido correspóndenlle 254.686 €uros, no Fondo estatal para a Dinamización da economía, o Partido Popular presentou diante do Pleno os seguintes proxectos:

Inversión Proxectada

IMPORTE CON IVA
Mellora espazos públicos parques infantis(Colexio,Praza Centro de Saúde)
56.506,67 €
Ampliación abastecemento auga en Rediz e outros
13.557,51 €
Construción de muro e Fonte en Abruñeiros
17.545,87 €
Central Fotovoltaica 20 KW en aparcamento Centro de saúde
162.400 €
Alumeado Público dende Pozadauga ata a Torre
4.675,95 €
TOTAL
254.686 €


A proposta foi aprobada por unanimidade, os Socialistas apoiamos a proposta xa que se inclúen actuacións demandadas polo noso Grupo en reiteradas ocasións, como o arranxo e adaptación dos parques infantís a normativa vixente e a reposición da Fonte dos Abruñeiros que fora excluída do POS .Ademais, cubrirase o aparcadoiro do Centro de Saúde con paneis fotovoltaicos que xeraran enerxía para a súa venda, co que o Concello terá uns ingresos adicionais anuais estimados nuns nove mil euros.

Participación no Plan Especial de Parques Infantís da Deputación

O Pleno aprobou por unanimidade incluír a mellora do Parque infantil do Area Recreativa de O Castro cun Orzamento total de 50.000€uros nos que o Organismo Provincial aportara 42.500 €uros.Esta actuación xa fora reclamada polo PSdeG-PSOE de Cerdido no último Pleno a través de unha Moción que fora aprobada tamén por unanimidade.

Agradecendo a súa difusión, en Cerdido 20 de Xaneiro de 2009.

Asdo:Grupo Municipal PSdeG Cerdido

Pérez Touriño preside en Ortigueira o inicio da vía de altas prestacións da Costa Norte.

4058_foto1_pe

Touriño: as novas infraestruturas converterán “nun dos territorios mellor comunicados de Europa”

VAC Ortegal


Ortigueira (A Coruña), de decembro de 2008.- O Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, subliñou hoxe que a Vía de Altas Prestacións da Costa Norte, a Autovía Ferrol-Vilalba e a Autovía do Cantábrico (A8), xunto con outras infraestruturas complementarias en marcha, converterán o Norte de Galicia “nun dos territorios mellor comunicados de Europa” no horizonte inmediato. Así o asegurou o titular do Executivo autonómico esta mañá durante o inicio das obras da Variante de Ortigueira, un acto no que tamén participou a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, e que supón dar comezo á construción da Vía de Altas Prestacións da Costa Norte.

Nese marco, o titular do Executivo autonómico destacou que as infraestruturas que se están a executar entre as comarcas de Ferrolterra e Ortegal permitirán “pechar en rede de alta capacidade todo este territorio”. Así, sinalou que a VAP da Costa Norte, que unirá Ferrol con San Cibrao e ten un trazado de aproximadamente 90 quilómetros, conectará polo sur coa AP-9 e cara ao norte coa A-8, “bordeando toda a costa”, mentres que polo interior a conexión quedará garantida mediante a Autovía Ferrol-Vilalba.

Polo tanto, expresou o titular do Executivo autonómico, o norte das provincias da Coruña e Lugo disporán “dunhas comunicacións como nunca soñamos”, o que, engadiu, demostra que “hai capacidade, hai saber facer, hai enerxía e vontade política para facelo”.

Un investimento de “potencia extraordinaria” que chega aos 275 millóns de euros

O máximo mandatario autonómico destacou que a VAP Costa Norte constitúe “un investimento histórico de potencia extraordinaria” que acada os 275 millóns de euros, e sinalou que esta infraestrutura dá resposta a unha antiga demanda dos territorios que comunica e cobre “un baleiro histórico”. Tras lembrar que en días recentes comezou a fase de licitación do treito Celeiro-San Cibrao, que supón un investimento de 54 millóns de euros, o xefe do Goberno galego resaltou que na actualidade está licitado practicamente o 40% do investimento previsto para o total da infraestrutura.

Ademais, o titular do Executivo autonómico, resaltou que, de maneira complementaria nesta infraestrutura está prevista a construción dun novo acceso a Cariño e do enlace de Neda, o cal permite “pechar o conxunto da rede”.

Con esta obra, apuntou o presidente da Xunta, “estamos a materializar un soño de país” avanzando na construción “do país da igualdade de oportunidades” polo que aposta o Goberno galego.

Os quilómetros de autovía libres de peaxe, multiplicados por cinco na lexislatura

No seu discurso, Pérez Touriño destacou que a eliminación do “país de dúas velocidades” é unha estratexia que o Executivo autonómico está a aplicar ao longo de toda a Comunidade Autónoma. Nese sentido, apuntou que ao inicio da lexislatura existían 27 quilómetros de autovías libres de peaxe, que, dixo “eran importantes”, pero que contrastan cos 134 quilómetros de autovías libres de peaxe cos que se pechará a lexislatura.

Isto supón, engadiu, “multiplicar por cinco” o que existía ao comezo do período, e asegurou que estas cifras continuarán medrando nos próximos anos grazas a proxectos como a Vía de Altas Prestacións da Costa da Morte, que supón un investimento de máis de 360 millóns de euros.

550 millóns de euros nas grandes infraestruturas de Ferrolterra
O presidente da Xunta puxo en valor o cambio que se está a operar nas comarcas de Ferrolterra e informou de que, entre o Porto Exterior, a autovía Ferrol-Vilalba e a autovía da Costa Norte suman un investimento de 550 millóns de euros.

“Todas elas son infraestruturas en plena execución”, subliñou, para precisar que o Porto Exterior xa está na segunda fase de construción e que a autovía Ferrol-Vilalba entrará en servizo plenamente neste ano 2009.

Xunto con isto, destacou que o Goberno galego está a construír en Ferrolterra a maior plataforma de solo industrial de Galicia e avanzou que a vindeira semana o Ministerio de Industria publicará unha nova orde de axudas do Plan Ferrol que elimina a necesidade de presentar avais para que os proxectos empresariais reciban apoio. “Deste xeito eliminamos o principal escollo para que ningún proxecto empresarial deixe de materializarse por falta de recursos”, salientou Pérez Touriño.

Visita aos portos de Viveiro e Celeiro

O Presidente da Xunta e a Conselleira de Política Territorial visitaron tamén esta mañá os portos de Viveiro e de Celeiro. O titular da Xunta sinalou que as obras de humanización que están en marcha no porto de Viveiro, que teñen un investimento de 5 millóns de euros marcarán “un antes e un despois” e significarán “restablecer o diálogo entre Viveiro e o seu mar”, abrir “Viveiro ao mar”.

En relación co porto de Celeiro, Pérez Touriño destacou que este está “na punta do cambio e da transformación da modernidade dos nosos portos”, e sinalou que o Goberno galego está a desenvolver de maneira referencial o proxecto de Peixe Verde, unha aposta “pola calidade, a sostibilidade e a mellora na comercialización dos seus produtos”.