Benigno Galego Castro será o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido.
Begnino Galego Castro
será o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido
nas vindeiras eleccións municipais. Así o decidiron
en Asamblea os militantes socialistas, que
respaldaron a candidatura de Galego Castro por
unanimidade. Será a segunda vez consecutiva que
Benigno Galego, que exerce como funcionario do
Ministerio de Defensa, encabece a lista do PSdeG-PSOE
de Cerdido. De feito, nos pasados comicios locais e
tras saír elixido concelleiro viuse obrigado a
renunciar ao cargo a mediados de lexislatura ao ser
trasladado temporalmente a San Fernando (Cádiz).
Entón sustituino Cándido Prieto, actual secretario
xeral da agrupación socialista.
O xa candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido
destacou o traballo feito por toda a militancia e
agradeceu o seu esforzo e a confianza que nel
depositaron. Asemade, definiu como un dos principais
obxectivos do partido medrar en votos para acadar en
Cerdido un goberno progresista e de esquerdas que
poña fin á ineficaz xestión dos populares ao fronte
do Concello e posibilite sacar adiante proxectos
prioritarios coma o desenrolo do polígono industrial.
Unha das iniciativas que, na opinión de Benigno
Galego, permitirá fixar poboación na localidade e
frear a “alarmante” sangría poboacional
que se vén producindo nos últimos decenios.
Nesta liña, Galego Castro subliñou que outra das
prioridades dos socialistas será impulsar a
participación cidadá e democratizar a institución
municipal. Para concluír, apuntou que presentará unha
lista onde se combinará xuventude e experiencia
ademáis dun proxecto ilusionante para a cidadanía.
Saúdos; prensa PSdeG-PSOE