O PSdeG de Cerdido presentara diante do próximo Pleno unha Moción relativa ó ordeamento e regulación das actividades forestais de corta,depósito e transporte de madeira dos montes do Concello.
O PSdeG de Cerdido
entende que, tendo en conta a actividade e o
potencial produtivo do Concello no sector forestal, e
por outra banda que os veciños e o propio Concello,
preocúpanlles os danos e os estragos, que aínda que
non son xeneralizados, si é certo que se producen as
veces, ocasionando estragos nos camiños e o deterioro
das vías públicas.
Tamén temos en conta os Socialistas que na Memoria da
Alcaldía dos Orzamentos de 2008 a Alcaldesa(Ana
Rodriguez PP) se lamentaba do estado de conservación
das vías do noso Concello e dos escasos recursos
económicos do mesmo para facer fronte a esa
situación; e que en diversos Plenos se abordou este
tema non chegando a ningunha conclusión.
E por iso que dende o PSdeG de Cerdido, pensamos que
a mellor solución sería a redacción de unha ordenanza
dentro do ámbito competencial do Concello para que
tendo en conta os intereses dos veciños, da
asociación de produtores de madeira de
Cerdido(PROMACER), se elabore co máximo consenso, por
parte dos Grupos políticos e afectados.
* Descargar archivo: MOCIÓN,
relativa ó ordenamento e regulación acaídos en
relación coa, corta, depósito e transporte da madeira
dos montes do noso municipio
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 3 de Abril de
2008
Asdo.PSdeG Cerdido