O PSdeG-PSOE de Cerdido votou en contra dos Orzamentos para 2008 presentados polo Grupo de Goberno PP.
O PSdeG de Cerdido votou en contra
do Orzamento preparado polo PP para 2008 por
considerar, este documento “pobre”e pouco
imaxinativo, para o PSdeG de Cerdido este Orzamento
ven a demostrar unha vez máis que o PP “navega
sen rumbo” e non vai a sacar a Cerdido do
furgón de cola da Comarca do Ortegal, e o que e máis
grave segundo recoñece a Alcaldesa na memoria da
Alcaldía, (adxuntamos documento) o Concello nin
sequera pode atender en condicións o servizo de axuda
a domicilio, unha das súas “grandes promesas
electorais”. Dende o Grupo Socialista o Voceiro
Benigno Galego lembroulle que un goberno esta para
ofrecer solucións os veciños e non para lamentarse e
máis neste caso , cando o PP recoñece que a Xunta de
Galicia aumentou en 8000 €uros a aportación para
este apartado con respecto a outros anos. Tamén fixo
referencia as palabras dos “populares”
que sempre dixeron que levar o Concello era como
levar unha casa, pero neste caso parece que a
“casa” se lles fai demasiado grande.
Tamén recoñece o PP que descoñece que vai facer para
buscar unha solución o mantemento das pistas e
estradas municipais, e basea as súas esperanzas no
comezo para este ano das obras do Polígono
industrial, de iniciativa privada e nas subvencións
de outras entidades(Xunta, Deputación, Plan de
Dinamización turística,etc..), ou sexa, en que o
Concello o “levanten” e o poñan a andar
outros.
Para o PSdeG presumir nestas condicións como presumía
o PP en mandatos anteriores de superávit, e cando
menos unha tomadura de pelo os veciños, pois esta
visto que o PP de Cerdido non e nin sequera capaz de
garantir os servizos máis básicos como e a súa
obriga.
Orzamento
O Orzamento
para 2008 ascende a 903.317,95 €uros e os unicos
proxectos destacables de inversión son:
POS:
Abastecemento de auga
dende A Cruz Encarnada ó Noval e
outros-120.273,79€uros
POS
complementario: Pavimentación camiño Felgosas a
Casaldaia -30.070,69€uros.
Convenio co
INEGA: regulación
de fluxo luminoso.11.767€uros
Destaca
tamén a dotación de calefacción a casa de turismo
rural propiedade do Concello, de Viladóniga, algo que
os grupos da oposición reclamamos reiteradas veces.
O PSdeG de Cerdido lamenta a escasa visión de futuro
dos actuais gobernantes de Cerdido e a falta de rumbo
e proxecto político do PP.
Moción do PSdeG
con motivo do 8 de Marzo
O Pleno
aprobou por unanimidade a Moción presentada polo
Grupo Socialista.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 29 de Febreiro
de 2008
Asdo.PSdeG Cerdido