Comunicado de prensa do PSdeG-PSOE de Cerdido.

O PSdeG-PSOE de Cerdido presentara diante o próximo Pleno unha Moción na que se insta o Concello a crear o servicio de recollida de enseres e voluminosos, para o PSdeG de Cerdido este servicio faise moi necesario tendo en conta as queixas dos veciños que pagan os seus impostos pola recollida de lixo e sen embargo o carecer de Punto Limpo e o mesmo tempo da recollida de enseres non saben o que facer cos vellos electrodomésticos nin con outro tipo de mobles.Este problema verase sen dúbida agravado co peche do vertedoiro de A Xaneira previsto para principios do 2006.O Concelleiro socialista Cándido Prieto reuniuse onte co Alcalde para tratar de darlle solución as demandas cidadáns pero calificou a reunión de inútil pois as respostas do Alcalde popular Bernardino Breijo foron insólitas, xa que mesmo chegou a asegurar que este era un problema dos veciños e que a única solución que vía era que se alguén tiña unha lavadora etc... o mellor que podía facer era desguazala ou tirala persoalmente no seu coche(algo totalmente ilegal, pois o mesmo Alcalde recoñeceu ter denunciado diante da Guardia Civil o abandono de electrodomésticos no monte).Tamen o Concelleiro socialista amosou a súa sorpresa cando o Rexidor Local insinuou que se podía chegar a algún “acordo económico” co servicio de recollida de lixo para que faga un “amaño” nestes casos.Para o PSdeG de Cerdido estas declaracións amosan a total apatía e incompetencia do grupo de Goberno que non soupo xestionar cando se contratou o servicio do lixo a recollida de enseres e o que e mais importante a falta de interes do PP polo coidado e respecto do Medio Ambiente; co agravante de que unha das apostas do Grupo de goberno e o turismo rural xa que un dos seus proxectos “estrela” e a rehabilitación da casa de Finca Cabaneiro para convertila nun exemplo de casa de turismo rural.O PSdeG de Cerdido preguntase se incluira nos arredores vellas lavadoras e neveiras coma parte da paisaxe.

Agradecendo a súa difusión.

Cerdido 31 de Maio .


Asdo.: Cándido Prieto (Concelleiro-voceiro do PSdeG de Cerdido).