O PSOE urxe ó Concello a resolver os problemas de conexión a Internet na aula municipal de informática.
18.11.2006 Filed in: Cerdido
Gabinete de
Comunicación PSdeG Cerdido
Os socialistas demandan ampliar os horarios destas instalacións e da biblioteca máis aló das nove horas semanais.
Cerdido, 18 de novembro de 2006.
O portavoz do PSdeG-PSOE de Cerdido, Cándido Prieto, instou ó equipo de goberno a buscar unha solución urxente ao deficiente servizo que ofrece a aula municipal de informática ubicada na Casa da Cultura de A Barqueira. Os socialistas explican que os usuarios apenas poden acceder a Internet polos constantes fallos que, segundo admite o Concello, se producen no router, así como pola lentitude coa que se establece a conexión. Asemade, denuncian que, a pesares de contar coa instalación do wifi, aínda non está operativo. Resultado: os veciños de Cerdido teñen serias dificultades para navegar pola Rede ata coa última tecnoloxía aplicada.
Os socialistas de Cerdido tamén insisten en solicitar do Concello a ampliación dos horarios e días de apertura destas instalacións e da biblioteca pública máis aló das nove horas semanais, repartidas entre os luns, mércores e venres. A proposta do PSdeG-PSOE pasaría por habilitar máis horas durante as xornadas laborais, pero tamén permitir o uso das infraestructuras os sábados polas mañás, a única posibilidade que teñen moitos veciños de Cerdido para disfrutar das mesmas ó traballar por semana.
As novas tecnoloxías no rural.
A pesares de que os socialistas plantexaron esta posibilidade en reiteradas ocasións obtendo a negativa do equipo de goberno por resposta, esperan que recapacite e acceda a propiciar esta ampliación de horarios e a corrixir as deficiencias da aula de informática. Ata ese momento, ao PSdeG-PSOE non lle queda máis remedio que lamentar que o esforzo inversor da Deputación por achegar as novas tecnoloxías ao rural caera en saco baldeiro en concellos coma Cerdido, onde non parece ser esta unha prioridade do actual goberno.
Saúdos; prensa PSdeG-PSOE Cerdido.