O PSdeG- PSOE de Cerdido presentara tres Mocións o vindeiro Pleno Municipal.

O PSdeG de Cerdido presentou hoxe por rexistro tres mocións para que sexan debatidas no vindeiro Pleno.

Participación no Plan Especial de Parques infantís 2009 da Deputación da Coruña.

Parque infantil Concello Cerdido


A finalidade desta Moción en que o Concello de Cerdido solicite á Deputación actuacións nos parques infantís Municipais, sobre todo nos que non cumpren a norma UNE-EN 1177, e carecen de materiais brandos nas superficies sobre as que poidan caer os menores no uso dos elementos de xogo, como e o caso do parque infantil do CEIP de A Barqueira, que ten a superficie de grava co perigo que comporta, e do Area Recreativa de O Castro; neste último ademais de precisar renovar os elementos de xogo que se atopan moi deteriorados tamén hai que cambiar a superficie de grava. Os Socialistas pedimos ademais que no Orzamento de 2009 o Concello reserve unha partida na que se dispoña da achega Municipal do 15% das actuacións previstas para optar a subvención do Organismo Provincial.

Solicitar a Deputación da Coruña unha subvención destinada a sufragar os custos de persoal para a contratación de un experto en Normalización Lingüística.

Co fin de cumprir co sinalado no Plan Xeral de Normalización Lingüística e logo dos problemas detectados en moitos escritos e comunicacións da Alcaldía e mesmo na páxina web do Concello, os Socialistas consideramos que un experto debe asesorar a administración e velar polo cumprimento da lexislación en materia lingüística.

Moción para o desenrolo da Lei de Memoria histórica

Os Socialistas pedimos que o Concello facilite toda información necesaria(rexistro civil,etc..) a familiares e institucións para o cumprimento da Lei.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 27 de Novembro de 2008
Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido