Nota de prensa de PSdeG-PSOE Cedeira.

COMUNICADO.

Hoxe, 6 de marzo, o secretario xeral da Agrupación Socialista de Cedeira mantivo unha entrevista persoal co Delegado de Política Territorial da provincia, Jacinto Parga, para poñerlle de manifesto a nosa petición de que a Consellería de Política Territorial comprenda a necesidade de acometer a mellora da estrada AC-566, que comunica Cedeira e Ferrol, sobre todo no que afecta ao tramo Cedeira-Valdoviño, onde o predominio da liña continua atrasa considerablemente o tempo de viaxe entre Cedeira e Ferrol, entre Cedeira e a autoestrada AP9.

Por parte do Delegado houbo unha clara comprensión da importancia de mellorar esta estrada, vital para a comunicación da nosa vila, comprometéndose a estudar nun prazo curto a posibilidade de mellorar e ampliar o trazado entre Valdoviño e Cedeira.

Cedeira, 6 de marzo de 2006.