Cerdido
O PSdeG- PSOE de Cerdido presentara tres Mocións o vindeiro Pleno Municipal.

O PSdeG de Cerdido presentou hoxe por rexistro tres mocións para que sexan debatidas no vindeiro Pleno.

Participación no Plan Especial de Parques infantís 2009 da Deputación da Coruña.

Parque infantil Concello Cerdido


A finalidade desta Moción en que o Concello de Cerdido solicite á Deputación actuacións nos parques infantís Municipais, sobre todo nos que non cumpren a norma UNE-EN 1177, e carecen de materiais brandos nas superficies sobre as que poidan caer os menores no uso dos elementos de xogo, como e o caso do parque infantil do CEIP de A Barqueira, que ten a superficie de grava co perigo que comporta, e do Area Recreativa de O Castro; neste último ademais de precisar renovar os elementos de xogo que se atopan moi deteriorados tamén hai que cambiar a superficie de grava. Os Socialistas pedimos ademais que no Orzamento de 2009 o Concello reserve unha partida na que se dispoña da achega Municipal do 15% das actuacións previstas para optar a subvención do Organismo Provincial.

Solicitar a Deputación da Coruña unha subvención destinada a sufragar os custos de persoal para a contratación de un experto en Normalización Lingüística.

Co fin de cumprir co sinalado no Plan Xeral de Normalización Lingüística e logo dos problemas detectados en moitos escritos e comunicacións da Alcaldía e mesmo na páxina web do Concello, os Socialistas consideramos que un experto debe asesorar a administración e velar polo cumprimento da lexislación en materia lingüística.

Moción para o desenrolo da Lei de Memoria histórica

Os Socialistas pedimos que o Concello facilite toda información necesaria(rexistro civil,etc..) a familiares e institucións para o cumprimento da Lei.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 27 de Novembro de 2008
Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido

O PSdeG- PSOE de Cerdido denuncia que na Casa do Concello hai pingueiras dende fai máis de un ano sen que, dende o Grupo de Governo se faga nada por solucionar o problema.

pingeiras na Casa do Concello


Para o PSdeG de Cerdido isto ben a ser unha mostra máis da desidia do PP na conservación e mantemento dos edificios públicos, pois o problema das pingueiras da Casa do Concello, hai que engadir as numerosas filtracións de auga que se producen na Escola da Avispeira, onde xa houbo que levantar en varias ocasións o piso, e a dia de hoxe segue nunha situación de “provisionalidade” sen que se tome ningunha determinación para arranxar un edificio que foi “restaurado” e inaugurado fai un ano.Outro problema sen solucionar son os malos cheiros da Casa da Cultura, que proceden dos aseos, onde parece que as arquetas están sen sifonar.

Casa do Concello


Non queremos nin pensar como se atopara nestes momentos a Escola dos Casás, que vai ser destinada a vivenda social na parte superior, pois tendo en conta os antecedentes de control de obras que leva o PP, e posible que xurdan problemas a medio prazo.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 11 de Novembro de 2008

Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido

O PSdeG-PSOE de Cerdido insta o Concello a resolver os problemas de recollida de augas pluviais nas beirarrúas da AC862 en Felgosas.

Os Socialistas de Cerdido lembran que xa trasladaron o PP o problema que teñen algúns veciños por culpa da situación ou carencia de sumidoiros en Felgosas.
Así mesmo, despois de unha reunión mantida entre veciños e o Delegado de Política Territorial Alberto González para buscar unha solución a mellora do firme da AC862 o seu paso por Felgosas, e logo das reclamacións feitas dende o Concello, o PSdeG de Cerdido insta o equipo de Goberno a asumir as obras que lle corresponden, xa que nalgúns casos, como a elevación da capa de firme do aparcamento do Concello, onde se trata de unha obra Municipal froito dunha clara improvisación, supón que as casas limítrofes se vexan en serios problemas cando chove con certa intensidade como estes últimos días.
O PSdeG de Cerdido insta o PP a solucionar o problema a curto prazo pois de momento as intencións do Concello quedan só en compromisos verbais sen ningunha partida económica destinada a obras.

Pista de arriba da Feira en Porto (A Barqueira)

Os Socialistas tamen instan o PP a arranxar a pista que pasa por riba da Feira de A Barqueira xa que se atopa nun estado lamentael con numerosas fochancas por mor das obras da traída municipal de augas e a falta de actuacións de conservación.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 8 de Outubro de 2008

Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido

O Concello de cerdido aprobou no último Pleno Extraordinario celebrado o 29 de Setembro unha esteblecer unha bonificación na Ordenanza reguladora do Imposto de Bens Inmobles para os titulares que de familias numerosas.

concello


Os Socialistas xa solicitaran en anteriores Plenos que se estableceran Bonificacións para as familias numerosas, e tamén para aquelas cuxa renda per capita non supere o indicador público de renda de efectos múltiples(IPREM).
Tendo en conta que as entidades Locais poden exercer a súa potestade tributaria en materia de bonificacións fiscais e nalgúns casos de exención de taxas, para o PSdeG de Cerdido, a bonificación do 75% do IBI para as familias numerosas é un pequeno paso, que no futuro debe continuar con bonificacións fiscais para vivendas de protección oficial(posibilidade que foi rexeitada polo PP, o non apoiar unha Moción que presentaron os Socialistas na anterior Lexislatura), e exención ou bonificación no seu caso de taxas(lixo,auga,etc..) para as persoas con menos rendas.Non hai que esquecer que nun Concello eminentemente rural como Cerdido hai unidades familiares que perciben pensións moi baixas como son as non contributivas.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 30 de Setembro de 2008

Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido

O PSdeG- PSOE de Cerdido insta o Goberno Municipal a que se integre na rede de Bibliotecas de Galicia e solicite o soporte para poñer en marcha de unha vez o wifi na Biblioteca Municipal.

Os Socialistas de Cerdido despois de levar máis de un ano preguntando porque na biblioteca de Cerdido habendo preinstalación do sistema non funcionaba o wifi levaron o asunto o Parlamento de Galicia onde o deputado Francisco Cerviño, interpelou diante da Consellería de Cultura sobor do asunto.Os Socialistas de Cerdido xa “sospeitaban” da apatía do Grupo de Goberno (PP) pero non esperaban que se lles mentise neste asunto dende o PP asegurando que tódolos tramites estaban listos e só dependía da vontade da Consellería de Cultura a resolución final. Para os Socialistas ou o PP mente ou amosa a súa incompetencia neste asunto, non queremos nin imaxinar que pasara co resto de temas pendentes no Concello cando non son capaces nin de resolver un pequeno.

wificerdido

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 12 de Setembro de 2008

Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido

O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia a “parálise” e inactividade do Governo Municipal do PP.

O PSdeG de Cerdido denuncia que o PP coa súa desidia ten paralizado o Concello de Cerdido e mesmo pode chegar a incumprir acordos Plenarios o que sería aínda máis grave.
Como exemplo, cabe destacar que unha Moción Socialista aprobada en Pleno o pasado 28 de Abril relativa ó ordenamento e regulación acaídos en relación coas plantacións forestais,corta, depósito e transporte da madeira dos montes do Concello, na que se instaba o Concello a reunirse con tódalas partes afectadas e membros da corporación e que segundo a Alcaldesa se ía producir na maior brevidade, a día de hoxe aínda non se produciu dita reunión.
Outro exemplo e a incapacidade do grupo de governo para sacar adiante a explotación da casa rural de propiedade Municipal de finca Cabaneiro(en Cerdido), onde nos atopamos con concursos de explotación de condicións dubidosamente rentables que sempre quedan desertos.
Xa por último e o máis preocupante si cabe, e a incapacidade do PP de aplicar deducións fiscais as familias numerosas en diversos recibos(lixo, IBI, Piscina Municipal), xa que segundo a Alcaldesa en Cerdido “hai poucas” pretendendo xustificar o inxustificable.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 30 de Xullo de 2008

Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido

O PSdeG-PSOE de Cerdido leva o Parlamento de Galicia a inoperatividade do wifi da Biblioteca da Casa da Cultura.

O deputado Socialista Francisco Cerviño a instancias do PSdeG de Cerdido preguntará no Parlamento de Galicia sobre as previsións das Consellerías de Cultura e Industria para dotar de servizo wifi a Biblioteca de Cerdido.

Biblioteca cerdido


Para os Socialistas e fundamental que os veciños de Cerdido teñan acceso as novas tecnoloxías en igualdade de condicións que calquera cidadán doutros Concellos, e máis aínda tendo en conta que nun Concello eminentemente rural e con unha dispersión xeográfica como é Cerdido, onde as dificultades para o acceso a banda ampla e a cobertura ADSL , a pesares dos esforzos de Xunta e Goberno Central, seguen supoñendo unha dificultade para calquera veciño cando se trata de acceder as novas tecnoloxías.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 2 de Xuño de 2008

Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido

pdf Descarga a carta do deputado Francisco Cerviño.

O Pleno Ordinario de fin de mes aprobou por unanimidade dúas Mocións do PSdeG de Cerdido relativas a elaboración de unha ordenanza, que regule as actividades forestais no Concello e outra presentada pola vía de urxencia para reclamar fondos a Deputación para ampliara traída de auga a Freis, Díaz, As barrosas e Regueirolongo.

O PSdeG de Cerdido conseguiu sacar adiante as dúas Mocións por unanimidade.

Subida de taxas recollida de lixo.

O PSdeG de Cerdido, diante da proposta do PP, propuxo que se distinga entre pequenos bares, e restaurantes a hora de cobrar a taxa(esta taxa é a que sufrira un maior incremento), e que se distinga tamén entre industrias de maior volume e pequenos talleres, pois non e xusto que se aplique a todos o mesmo baremo, xa que de ser así estableceríase un agravio comparativo e a cidadanía podería pensar que se están a dar vantaxes os negocios cun maior volume de facturación e polo tanto de xeración de residuos.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 28 de Abril de 2008

Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido

O PSdeG de Cerdido presentara diante do próximo Pleno unha Moción relativa ó ordeamento e regulación das actividades forestais de corta,depósito e transporte de madeira dos montes do Concello.

O PSdeG de Cerdido entende que, tendo en conta a actividade e o potencial produtivo do Concello no sector forestal, e por outra banda que os veciños e o propio Concello, preocúpanlles os danos e os estragos, que aínda que non son xeneralizados, si é certo que se producen as veces, ocasionando estragos nos camiños e o deterioro das vías públicas.

Foto pistas forestales


Tamén temos en conta os Socialistas que na Memoria da Alcaldía dos Orzamentos de 2008 a Alcaldesa(Ana Rodriguez PP) se lamentaba do estado de conservación das vías do noso Concello e dos escasos recursos económicos do mesmo para facer fronte a esa situación; e que en diversos Plenos se abordou este tema non chegando a ningunha conclusión.

E por iso que dende o PSdeG de Cerdido, pensamos que a mellor solución sería a redacción de unha ordenanza dentro do ámbito competencial do Concello para que tendo en conta os intereses dos veciños, da asociación de produtores de madeira de Cerdido(PROMACER), se elabore co máximo consenso, por parte dos Grupos políticos e afectados.

* Descargar archivo: MOCIÓN, relativa ó ordenamento e regulación acaídos en relación coa, corta, depósito e transporte da madeira dos montes do noso municipio


Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 3 de Abril de 2008
Asdo.PSdeG Cerdido

O Concello de Cerdido non solicitou as axudas da Secretaria Xeral da Comunicación, dependente da Consellería de Presidencia, para estudos de cobertura e dotación de equipamentos para mellorar a cobertura do servizo da televisión dixital terrestre.

No último Pleno os Socialistas preguntaron a Alcaldesa si se solicitaran esas axudas, tendo en conta o carencia de sinal da TDT en parroquias como Cerdido e Os Casás, xa que na actualidade so a parroquia de A barqueira conta con este sinal, quedando zonas como Porto e Avispeira con sombras na recepción.

A Alcaldesa respostou, que non solicitou esas axudas, porque nestes momentos non é unha prioridade para o grupo de Goberno gastar cartos na mellora do sinal da TDT. 



Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 6 de Marzo de 2008


Asdo.PSdeG Cerdido

O PSdeG-PSOE de Cerdido votou en contra dos Orzamentos para 2008 presentados polo Grupo de Goberno PP.

O PSdeG de Cerdido votou en contra do Orzamento preparado polo PP para 2008 por considerar, este documento “pobre”e pouco imaxinativo, para o PSdeG de Cerdido este Orzamento ven a demostrar unha vez máis que o PP “navega sen rumbo” e non vai a sacar a Cerdido do furgón de cola da Comarca do Ortegal, e o que e máis grave segundo recoñece a Alcaldesa na memoria da Alcaldía, (adxuntamos documento) o Concello nin sequera pode atender en condicións o servizo de axuda a domicilio, unha das súas “grandes promesas electorais”. Dende o Grupo Socialista o Voceiro Benigno Galego lembroulle que un goberno esta para ofrecer solucións os veciños e non para lamentarse e máis neste caso , cando o PP recoñece que a Xunta de Galicia aumentou en 8000 €uros a aportación para este apartado con respecto a outros anos. Tamén fixo referencia as palabras dos “populares” que sempre dixeron que levar o Concello era como levar unha casa, pero neste caso parece que a “casa” se lles fai demasiado grande.

Tamén recoñece o PP que descoñece que vai facer para buscar unha solución o mantemento das pistas e estradas municipais, e basea as súas esperanzas no comezo para este ano das obras do Polígono industrial, de iniciativa privada e nas subvencións de outras entidades(Xunta, Deputación, Plan de Dinamización turística,etc..), ou sexa, en que o Concello o “levanten” e o poñan a andar outros.

Para o PSdeG presumir nestas condicións como presumía o PP en mandatos anteriores de superávit, e cando menos unha tomadura de pelo os veciños, pois esta visto que o PP de Cerdido non e nin sequera capaz de garantir os servizos máis básicos como e a súa obriga.

Orzamento

O Orzamento para 2008 ascende a 903.317,95 €uros e os unicos proxectos destacables de inversión son:

POS: Abastecemento de auga dende A Cruz Encarnada ó Noval e outros-120.273,79€uros

POS complementario: Pavimentación camiño Felgosas a Casaldaia -30.070,69€uros.

Convenio co INEGA: regulación de fluxo luminoso.11.767€uros 
Destaca tamén a dotación de calefacción a casa de turismo rural propiedade do Concello, de Viladóniga, algo que os grupos da oposición reclamamos reiteradas veces.

O PSdeG de Cerdido lamenta a escasa visión de futuro dos actuais gobernantes de Cerdido e a falta de rumbo e proxecto político do PP.

Moción do PSdeG con motivo do 8 de Marzo

O Pleno aprobou por unanimidade a Moción presentada polo Grupo Socialista.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 29 de Febreiro de 2008

Asdo.PSdeG Cerdido

O PSdeG-PSOE de Cerdido lamenta que o Concello de Cerdido non solicitara nigun tipo de axuda para infrastruturas e equipamentos por medio do Plan Ferrol.

Para os Socialistas é significativo que Cerdido non solicitara axudas para o desenrolo de infraestructuras do futuro Polígono industrial, que a pesares de ser de iniciativa privada, si se puido beneficiar de axudas como outros Concellos(caso de Cabanas ou Somozas) para dotalo de algúns servizos esenciais. E por iso que o PSdeG se sorprende o ver a Alcaldesa en reunións como a de onte con Feijoo, onde se fala de outro Plan Ferrol,os Socialistas pregúntanse¿ para que? dado que o PP de Cerdido debe considerar innecesarias ese tipo de axudas xa que polo de agora obviou ese Plan e non se molestou sequera en presentar proxectos. 

O PSdeG preguntase se o grupo de goberno non tipo tempo de elaborar proxectos ou pola contra espera a que desaparezan as axudas e nos atopemos que a pesares de ser un dos poucos Concellos de Galicia que ten un PXMOU adaptado a Lei do Solo de 2006, onde se atopa encadrada unha zona industrial de 120.000 m2 sexamos un dos últimos Concellos en ter operativo ese solo. 

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 6 de Febreiro de 2008

Asdo.PSdeG Cerdido

Touriño promete que el 60% del corredor entre Ferrolterra y A Mariña estará en marcha este año.
El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, prometió ayer en el municipio de Cariño que el 60% del corredor que vertebrará las comarcas de Ferrolterra y A Mariña estará en marcha este mismo año. «En obras, licitación o expropiación», dijo.

Puntualizó que el Gobierno autónomo tiene un compromiso «que nace coa misión e a vocación de mellorar as comunicacións desta parte máis occidental, máis illada». Touriño dejó claro que la Xunta «non perdeu un minuto en traballar por esta vía nin falta un millón de euros».

La conselleira de Política Territorial, María José Caride, que acompañó al presidente en su visita a la comarca de Ortegal, anunció que el diseño del trazado de la vía estará listo «a principios do 2009». También indicó que los proyectos que ya habían sido ejecutados tuvieron que ser modificados «por problemas técnicos e de accesos».

Sobre la variante de Viveiro, cuyo trazado está aún sin definir, la titular de la Co
2sellería de Política Territorial afirmó que se ha llegado a un acuerdo con el Ayuntamiento sobre el recorrido, «algo que non se tiña feito cando chegamos». Caride concluyó: «Neste tramo partiu de cero o Goberno de Pérez Touriño».

El presidente de la Xunta se reafirmó en que el corredor de la costa norte estará operativo en el 2011 y prometió no solo que el 60% de la vía estará en marcha este mismo año, sino que el trazado restante estará en las mismas condiciones en el 2009.

Los tramos más avanzados, según aclaró Caride, son el de la variante de Ortigueira, cuyo proceso expropiatorio ya está en marcha, y el recorrido Celeiro-San Cibrao. En cuanto a este último, la conselleira avanzó que la obra se licitará este mismo año.

Pérez Touriño destacó que el corredor estará conectado tanto con la autopista AP-9 como con la autovía Ferrol-Vilalba.
O PSdeG-PSOE de Cerdido insta o Concello a solucionar canto antes os problemas na recollida selectiva.

Os Socialistas de Cerdido logo de transmitirlle a Alcaldesa os problemas de imaxe e insalubridade que se están a dar no Concello, esíxenlle que poña fin canto antes a esta situación.A día de hoxe parece ser que o Grupo de Goberno(PP) esta esperando recibir ofertas de empresas para a recollida selectiva; xa que a anterior empresa que recollía os colectores amarelos, parece que fixo unha oferta demasiado alta para o Concello, e este púxose en contacto con outras empresas que prestan ese servizo, e aínda esta esperando recibir esas ofertas. 


page1_blog_entry47_1

Os Socialistas instamos a Alcaldesa a que se poña de unha vez a xestionar servizos con eficacia,xa que por mor desta “parálise” na recollida selectiva o Concello esta perdendo cartos e vez de ingresar, pois Sogama paga por Tm de recollida selectiva, e eses cartos que se perden dende hai semanas,poderíanse descontar da factura de residuos orgánicos, xa que nese caso o que paga e o Concello por Tm entregada.

Wifi da Biblioteca Pública


Por outra banda o PSdeG de Cerdido pediu información o Concello por enesima vez, sobre a non operatividade do wifi da Bilioteca Pública xa que segundo o Concello e un problema da Consellería de Cultura que non aporta os cartos para facelo operativo. 
Os Socialistas non entenden como estando instalada a antena e finalizada a instalación o wifi leva máis de un ano inoperativo e sospeitan da apatía do Grupo de Goberno para solucionar este tema e para facilitar o acceso os veciños as novas tecnoloxías.Afirmación que ben avalada pola redución do horario de apertura do aula de informática que actualmente só abre tres días a semana de 16:30 a 18:30. 


Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 23 de Xaneiro de 2008 


Asdo.PSdeG Cerdido

O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia que o Concello pretende cerrar a Piscina Municipal os meses de Decembro e Xaneiro.

O Concello de Cerdido pretende cerrar a Piscina Municipal climatizada da Area recreativa do Castro durante os meses de Nadal e Xaneiro “argumentando” que se trata de unha medida de “aforro enerxético” xa que durante eses meses vai máis frío e aumenta o consumo de combustible(gasoil) por mor dos sistemas de calefacción.

Os Socialistas censuran esta medida inédita, (e a primeira vez que se fai) e creen que non esta xustificada; pois o argumento de o baixo numero de usuarios non e de recibo, xa que moitos nenos e adultos perderan días de cursos de natación e baños libres; ademais nesas datas de Nadal os negocios de turismo rural esperase que teñan unha alta ocupación e os turistas e visitantes veranse prexudicados o desaparecer unha das poucas ofertas de lecer que hai no Concello; pero sen dúbida os máis prexudicados serán os propios veciños que ven como a escaseza de recursos do Concello supón para eles un agravio comparativo con respecto a outros Concellos da Comarca.

Para o PSdeG estes recortes non son o modo máis axeitado de lograr un balance económico positivo para o Concello.

Os Socialistas tamén lembran que o Concello gobernado polo PP e coa actual Alcaldesa de nº2, non pideu subvención a Deputación para a instalación de paneis fotovoltaicos que complementaran o aporte de enerxia para a climatización da piscina e naquel entón cualificaron os Grupos da oposición de inxenuos por reclamar estas melloras.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 14 de Novembro de 2007

Asdo.PSdeG_PSOE CERDIDO

O PSdeG-PSOE de Cerdido agradece o compromiso da Consellería de Política Territorial para implantar no Concello o transporte compartido (Test+Bus).

Os Socialistas de Cerdido lembran que xa foran eles os que transmitiran o anterior Delegado a posibilidade de incluír a Cerdido neste programa experimental,dada a súa dispersión poboacinoal e tendo en conta que moita xente pode atopar unha opción interesante o aproveitar este servizo para desprazarse a facer xestións.Nunha entrevista co actual Delegado Alberto González este xa lles transmitiu o compromiso da Consellería por dotar deste servizo a Cerdido.O servizo comezou este Luns con cinco rutas que permitiran os veciños tanto desprazarse entre paradas como acudir o centro administrativo do Concello en Felgosas(A Barqueira) polo módico prezo de un euro viaxe.
Os Socialistas esperan agora que o servizo sexa difundido tanto polo Concello,Xunta e empresa (Autos Paco) para aproveitar o máximo esta oportunidade de contribuír con esta experiencia novidosa, a mellora da mobilidade e o transporte dos veciños que tan necesaria se fai no mundo rural debido a escaseza de servizos.

Vixiancia das obras de mellora capa rodadura AC862

Por outra banda os socialistas transmitiron o Delegado da CPOTOP Alberto González as demandas dos veciños de Felgosas con respecto a recollida de pluviais da AC 862 e vixiaran que se minimice o impacto destas obras no frente das vivendas.

Agradecendo a súa difusión. Cerdido a 23 de Outubro de 2007

Asdo. PSdeG-PSOE de Cerdido

O PSdeG –PSOE de Cerdido abstivose na votación para a petición dun crédito a curto prazo no Pleno extraordinario celebrado este mércores 26 de Setembro.

Os socialistas de Cerdido abstivéronse nas votacións das tres propostas da Alcaldía,xustificando o voto no punto de aprobación de un crédito a curto prazo(foi aprobado cos votos de PP e BNG) en que as xustificacións da Alcaldesa dos escasos recursos económicos do Concello fan recorrer un ano máis o Concello a pedir un préstamo a curto prazo ; son para os socialistas insuficientes e poden agachar unha falta de previsión por parte do PP.Tamén se abstiveron os socialistas no punto de modificación do IBI de rústica por considerar que suporá un desconcerto para os veciños dado que o Concello o suprimiu o ano pasado nas fincas que non chegaran a dous euros si prever que o frazonamento de fincas no Concello de Cerdido que ten máis de un 80% da superficie rústica e carece de concentración parcelaria ía a supoñer unha perda de ingresos de 12.000€uros anuais.Segundo o PP a maioría dos veciños acudiu o Concello a ver por que non lles viña o “recibo” co que e de esperar que agora coa nova imposición e suba no tanto porcento o desconcerto medre.Para os socialistas isto non ven máis que a demostrar a permanente improvisación do PP que nestes cen primeiros días de goberno adicouse a desfacer proxectos da anterior lexislatura.Por ultimo aprobouse o novo prego de condicións de explotación da casa rural de Finca cabaneiro aumentando o período de explotación dende os cinco anos os quince prorrogables cun canon anual revisable de 7500€uros.

Agradecendo a súa difusión. Cerdido a 27 de Setembro de 2007

Asdo. PSdeG-PSOE de Cerdido

Os Socialistas de Cerdido valoran positivimamente a inclusión dos representantes da oposición na mesa de contratación de obras.

Dende o PSdeG de Cerdido valorase coma un “pequeno” cambio de rumbo que por primeira vez na historia “democrática” do Concello na mesa de contratación haxa un representante do PSdeG e outro do BNG.Hai que lembrar que esta era unha antiga demanda dos grupos da oposición no seu intento por democratizar o Concello e facelo máis transparente e así se aprobou no Pleno celebrado este pasado Luns 2 de Xullo.Os Socialistas agora esperan que se permita participar os grupos da oposición nas mesas de selección de persoal laboral do Concello, pois e tamén unha reclamación que veñen facendo dende hai tempo e que permitiría que nestes procesos se espetaron os principios de igualdade, mérito e capacidade.

O Pleno do pasado Luns tamén aprobou cos votos do a favor do Grupo de Goberno(PP) a periodicidade das sesións que serán de caracter bimensual, dende a oposición propóñase facer un Pleno cada mes pois así debateríanse moito mellor os asuntos e mocións de actualidade, dando voz os grupos da oposición, pois nos Plenos de caracter extraordinario non hai rogos e preguntas.

Grupo Municipal Socialista CERDIDO
e-mail:
psoecerdido@terra.es :: Tlf.: 696149363

Acto en Cerdido Xoves 17 de Maio.

Charla informativa Lei de Dependencia

Data: Xoves 17 de Maio

Lugar: Casa de Cultura (A Barqueira) Cerdido

Hora: 20:00 horas. Interveñen:

Benigno Galego
(Candidato a Alcaldía de Cerdido)
e
Beatriz Sestayo (Deputada Autonómica)

Actos en Cerdido.
Lunes 14 de Maio

Charla: Infrestructuras en Cerdido e VAC do Ortegal.

Interveñen:

Cándido Prieto Lago (Nº2 PSdeG-PSOE de Cerdido)

Jacinto Parga Fernández (Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial)

Benigno Galego Castro (Candidato do PSdeG-PSOE a Alcaldía de Cerdido)
Os Socialistas critican a utilización electoralista que fai o Concello de obras subvencionadas pola Deputación.

O PSdeG de Cerdido denuncia que o Grupo de Goberno (PP) fai unha utilización electoralista das obras subvencionadas pola Deputación.En concreto tratase de unha obra de mellora de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas subvencionada pola Deputación con 12.000€uros, na que o PP non menciona para nada a colaboración da Deputación e no cartel de obra nin sequera figura o Orzamento; iso si utilizan o seu lema de campaña “traballando para todos”.O PsdeG de Cerdido lembra que foron eles os que instaron o Grupo de Goberno a mellorar a accesibilidade da Casa de Cultura.

Foto cartel

Agradecendo a súa difusión. Cerdido a 5 de Maio de 2007
Asdo: Cándido Prieto Lago (Concelleiro-Voceiro do PSdeG de Cerdido)

O PSOE oponse ao plan municipal para construir na antiga escola dos Casás dúas vivendas de 52 metros cadrados.
Os socialistas defenden a súa rehabilitación, que financia a Deputación da Coruña, para destinalo integramente a local social

Foto antiga escola Os Casás


Cerdido, 01 de maio de 2007.
 


O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido, Benigno Galego, e o portavoz municipal socialista e número dous da lista electoral, Cándido Prieto, censuraron hoxe a proposta da Alcaldía de empregar os recursos do Plan de Cooperación da Deputación provincial de A Coruña destinados á rehabilitación da antiga escola dos Casás para construír dúas vivendas na parte alta cunha superficie útil de 52 metros cadrados. Unha proba do escaso espazo apréciase, segundo os socialistas, nos dormitorios, de 10 e 7,16 metros cadrados.

Deste xeito, o PSdeG-PSOE de Cerdido votou en contra desta iniciativa no pleno celebrado onte por entender que o grupo de goberno pretende xustificar catro anos de mandato estéril con dúas vivendas “indignas” e nun lugar pouco axeitado. Ao respecto, lembran que a parte baixa do inmoble destinaráse a local social, un fin que os socialistas defenden para todo o edificio. Así as cousas, Benigno Galego explica que o PSdeG propoñía que o Concello rehabilitase toda a superficie dispoñible para uso e disfrute dos veciños. Asemade e ó non ter reservado ningún terreo para tal fin no Plan Xeral de Ordeación Municipal, defendía a súa adquisición para destinalos á construcción de vivenda social digna con alomenos 85 metros cadrados.

Para os socialistas, a improvisación do PP é tal que nin sequera ten pensado o réxime no que sacalas a concurso: venda ou aluguer. A resposta que recibiu o PSOE a este respecto foi que “xa se mirará”. Palabras literais da alcaldesa, segundo Cándido Prieto. En contrapartida e de gañar a confianza dos seus veciños, Benigno Galego asegurou que tratará de chegar a acordos co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para cederlle terreos e construír vivenda digna.

No pleno de onte, tamén se deu conta da liquidación do exercicio económico de 2006, quedando este cunha débeda de 119.119 euros. Circunstancia que para os socialistas era previsible dada a carencia de recursos do Concello. Prieto apuntou que esta situación, ligada á nula capacidade e pésima xestión do PP, produce estes resultados.

Por último, os socialistas aproveitaron o turno de preguntas para interesarse sobre se o Concello ía dispor dalgunha cuadrilla contraincendios este ano. Unha iniciativa especialmente importante xa que o municipio non está incluído como zona de risco na clasificación da Consellería de Medio Rural. A resposta do grupo de goberno foi que non conta con medios económicos para tal obxectivo, así como que barallaba a posibilidade de que Promacer (a asociación de productores de madeira de Cerdido) se encargase da vixiancia con voluntarios.




Saúdos; prensa PSdeG-PSOE

Os socialistas de Cerdido instan ao goberno municipal a reactivar o Plan de Igualdade.
Censuran que a única asociación de mulleres rurais quede excluída das subvencións a entidades que establecen os orzamentos do 2007.

O portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Cerdido, Cándido Prieto, demandou ao goberno local que reactive o Plan de Igualdade xa que non cumpriu as expectativas xeradas nin por orzamento nin por resultados. O socialista xustifica a súa valoración no feito de que non se potenciou, nin dende logo se favoreceu, o movemento asociativo da muller. E, proba disto, apuntou que nos orzamentos de 2007, no apartado de subvencións a asociacións, a única entidade de mulleres rurais existente no Concello non recibiu nin un só euro, quedando totalmente discriminada e esquecida por parte do PP aínda contando cunha muller como alcaldesa.


Asemade, Cándido Prieto critica que na área de formación se están a impartir cursos que aínda que axudan á integración laboral da muller, non fomentan unha igualdade real, posto que seguen adaptándose aos “clichés” típicos que transmiten a imaxe dunha muller ao coidado dos anciáns, encargada de facer o xantar e a prancha. Como exemplos, Prieto cita os últimos cursos ofertados deste Plan de Igualdade: axudante de cociña, auxiliar de axuda a domicilio e corte e confección.

Respecto á implicación dos nenos en idade escolar, o portavoz municipal socialista recoñece que nalgúns casos se cumpriron obxectivos, aínda que o fracaso noutros é latente, como no fomento do deporte feminino. Por último, os socialistas conclúen lamentando que se suspendese o servizo de asesoramento xurídico da muller, así como que non se incluíra a perspectiva de xénero nos orzamentos locais a fin de aproximar as políticas de gasto ás necesidades de poboación maioritariamente feminina.

O PSOE votará en contra dos orzamentos para o 2007 por situar a Cerdido á cola dos concellos da comarca.

O portavoz do grupo municipal socialista en Cerdido, Cándido Prieto, anunciou hoxe que o seu partido votará en contra dos orzamentos para o 2007 durante o pleno ordinario que se celebrará este mércores. Prieto xustifica esta decisión en que o documento a debatir, que os grupos da oposición recibiron a pasada semana, “non aporta nada novo e supón unha clara involución con respecto a anteriores contas”. Explica que o presuposto para este ano ascende a 1.031.319,59 euros, 200.000 menos que para o 2006. Unha cantidade que, para os socialistas, implica que Cerdido queda á cola dos concellos de Ferrolterra e Ortegal en recursos económicos. “En boa parte –apunta Cándido Prieto- como consecuencia da nefasta xestión do grupo de goberno á hora de negociar diante doutras administracións, deixando escapar moitas veces recursos e subvencións”.

Para o PSdeG de Cerdido, a memoria da Alcaldía lamentándose de que os ingresos son poucos, e culpando a Deputación de non cobrar o IBI de rústica ás fincas pequenas con contribución menor nun Concello coma o de Cerdido, cun minifundismo notable por carecer de concentración parcelaria, non son máis que “desculpas de mal pagador”. Lembra que décadas atrás, cando se intentou facer a concentración parcelaria foi o anterior alcalde, tamén do PP, e algún concelleiro os que puxeron aos veciños en “pé de guerra contra os técnicos”. A conclusión, para Prieto: “Quen sembra ventos recolle tempestades”. Asemade, o socialista censura que dende a Alcaldía tamén se atribúa ao incremento das tarifas eléctricas e á suba de carburantes un significativo aumento dos gastos cando aínda faltan moitos lugares do Concello sen un alumeado público en condicións.

Soldos para alcalde e concelleiros

O PSdeG de Cerdido tamén se sorprende pola decisión do PP de reservar unha partida de 20.000 euros para altos cargos, o que supón que por primeira vez na historia da democracia no Concello de Cerdido un rexidor ou edil, unha vez o aprobe o pleno, percibirá un soldo. En canto ás expectativas de ingresos, lamenta que non se cumpriran no que respecta ao imposto de construccións a pesar de estar aprobado o PXMOU.

Así as cousas, para os socialistas de Cerdido estes últimos catro anos de lexislatura foron a confirmación de que o PP presenta un proxecto esgotado e que nin sequera foi quen de cumprir as súas promesas electorais, coma a construcción dun parque eólico singular, o acondicionamento mediante asfaltado dos accesos e frentes de tódalas vivendas do Concello, a construcción dunha residencia de acollida e de rutas de senderismo, a rehabilitación de antigos muíños, etc.., promesas que figuran por escrito nunha carta enviada a todolos veciños.

Saúdos; prensa PSdeG-PSOE

Benigno Galego Castro será o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido.
Os militantes reunidos en Asamblea elixíronno por unanimidade.

candidatocerdido

Begnino Galego Castro será o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido nas vindeiras eleccións municipais. Así o decidiron en Asamblea os militantes socialistas, que respaldaron a candidatura de Galego Castro por unanimidade. Será a segunda vez consecutiva que Benigno Galego, que exerce como funcionario do Ministerio de Defensa, encabece a lista do PSdeG-PSOE de Cerdido. De feito, nos pasados comicios locais e tras saír elixido concelleiro viuse obrigado a renunciar ao cargo a mediados de lexislatura ao ser trasladado temporalmente a San Fernando (Cádiz). Entón sustituino Cándido Prieto, actual secretario xeral da agrupación socialista.

O xa candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido destacou o traballo feito por toda a militancia e agradeceu o seu esforzo e a confianza que nel depositaron. Asemade, definiu como un dos principais obxectivos do partido medrar en votos para acadar en Cerdido un goberno progresista e de esquerdas que poña fin á ineficaz xestión dos populares ao fronte do Concello e posibilite sacar adiante proxectos prioritarios coma o desenrolo do polígono industrial. Unha das iniciativas que, na opinión de Benigno Galego, permitirá fixar poboación na localidade e frear a “alarmante” sangría poboacional que se vén producindo nos últimos decenios.

Nesta liña, Galego Castro subliñou que outra das prioridades dos socialistas será impulsar a participación cidadá e democratizar a institución municipal. Para concluír, apuntou que presentará unha lista onde se combinará xuventude e experiencia ademáis dun proxecto ilusionante para a cidadanía.

Saúdos; prensa PSdeG-PSOE

Política Territorial reforzará o firme da estrada AC-110 entre Felgosas e Espiñaredo a instancias do PSOE.

O voceiro dos socialistas de Cerdido, Cándido Prieto, informou que a actuación suporá un investimento duns 488.500 euros.

Cerdido, 11 de xaneiro de 2007.  

O portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Cerdido, Cándido Prieto, indicou hoxe que a Delegación provincial de Política Territorial destinará máis de 488.000 euros ás obras para reforzar o firme e instalar sinalización horizontal e vertical na estrada AC-110, entre Felgosas e Espiñaredo. Concretamente, dende o punto kilométrico 10,36 ata o 14,38 e dende o 15,58 ata o 17,05. Prieto indicou que esta actuación terá un prazo de execución de tres meses e mellorará significativamente a seguridade do vial sinalado.

Política Territorial respostou favorablemente á demanda dos socialistas, que en xuño pasado mantiveran unha entrevista co delegado provincial, Jacinto Parga, na que lle expuxeron a necesidade de acometer a actuación sinalada. E, onte mesmo, recibiron a confirmación telefónica por parte do responsable autonómico.

Asemade, o voceiro do grupo municipal socialista avanzou que, durante esta última conversa que mantivo con Parga, pediulle a instalación dun paso de peóns no núcleo de Avispeira. Unha petición que xa trasladara á alcaldesa do municipio. Pola súa banda, o delegado provincial mostrouse receptivo a asumir a iniciativa, aínda que puntualizou que neste caso tería que ser a rexidora quen cursara a solicitude.

(*) Adxuntamos fotografía da reunión que en xuño mantiveron os socialistas Benigno Galego e Cándido Prieto co delegado Jacinto Parga.

DSCN0098

Saúdos; prensa PSdeG-PSOE

O PSOE pide un pleno extraordinario para que a alcaldesa explique os proxectos sobre o futuro polígono industrial.

Cándido Prieto presentou a solicitude por rexistro ante as dificultades dos grupos da oposición para recibir información do equipo de goberno.

Cerdido, 14 de decembro de 2006. 


O portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Cerdido, Cándido Prieto, demandou á alcaldesa da localidade, a popular Ana Rodríguez, a convocatoria dun pleno extraordinario para darlle a oportunidade de que explique aos partidos da oposición os proxectos que baralla o grupo de goberno para a urbanización do futuro polígono industrial por parte dunha empresa privada. Os socialistas, que onte presentaron a súa petición por rexistro en base á lexislación vixente, cren necesaria a comparecencia da rexidora en pleno extraordinario ante a absoluta falta de información por parte do equipo de goberno sobre os pasos que está a dar nun eido que consideran vital para o desenvolvemento do municipio.

zpoligonomonte


Así as cousas, Cándido Prieto reclama as explicacións en pleno dos últimos avances producidos e que se lles facilite a tódolos grupos os datos dispoñibles ata o momento. Neste senso, lembra que a alcaldesa só invitou aos partidos da oposición á primeira reunión celebrada cos afectados e donos de terreos. Nese primeiro e último encontro, Ana Rodríguez limitouse a pór de manifesto o interese dunha empresa privada en urbanizar as parcelas para a creación dun parque empresarial. Nesta liña, o grupo municipal do PSdeG-PSOE asegura que a partires desa data o equipo de goberno non volveu dar conta algunha dos proxectos, a pesares de que a rexidora continúa programando entrevistas cos propietarios.

Polo exposto, os socialistas consideran que o PP debe pensar que calquer intento de fiscalización por parte daoposición resulta unha molestia. Unha actitude e actuación que fai despertar a preocupación do PSdeG de Cerdido sobre a existenza de intereses “opacos” e electoralistas ó redor do asunto.


Saúdos; prensa PSdeG-PSOE Cerdido.

O PSOE reclama ao Concello que repare as cubertas do pabillón de deportes para evitar as filtracións de auga.

Afirma que pista e vestiarios quedaron anegados tralas últimas choivas, poñendo en perigo aos nenos que utilizan a infraestructura.

O portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Cerdido, Cándido Prieto, alertou hoxe dos perigos que para os usuarios e, en especial para os alumnos do colexio público, entraña a utilización das instalacións do pabillón municipal de deportes ubicado na Barqueira a raíz dos buracos nas cubertas e da súa precaria impermeabilización. Explicou que as choivas caídas nas últimas semanas puxeron de relieve máis se cabe as deficiencias da infraestructura, denunciadas dende a súa construcción polos socialistas de Cerdido. Resultado: pista e vestiarios anegados e formación de bolsas de auga en distintos puntos das instalacións.

Cándido Prieto subliñou que nenos do CEIP de A Barqueira, que empregan o pabillón durante todo o curso para facer ximnasia, sufriron máis dunha caída nos últimos días como consecuencia desta situación que, de momento e por sorte, non deixou máis que avisos. Para os socialistas de Cerdido, as filtracións de auga son achacables á auténtica chapuza que se fixo ao construir estas instalacións sobre unha ladeira e, a maiores, cunha impermeabilización a todas luces insuficiente. Neste punto, lembran que na fase de construcción xa se produciron problemas ao caer un muro de contención.

Por todo isto, o PSdeG-PSOE insta ao Concello a reservar algunha partida presupostaria para o vindeiro ano coa que facer fronte a este problema e, ao mesmo tempo, tratar de captar axudas económicas procedentes doutras administracións coma a Xunta e a Deputación provincial. Por último, Prieto conclúe que, á par que busca financiación para acometer estas obras, podería facer o mesmo para solventar a carencia de aparellos de ximnasia ou mellorar os espazos dos vestiarios.

Saúdos; prensa PSdeG-PSOE


O PSOE urxe ó Concello a resolver os problemas de conexión a Internet na aula municipal de informática.
Gabinete de Comunicación PSdeG Cerdido

Os socialistas demandan ampliar os horarios destas instalacións e da biblioteca máis aló das nove horas semanais.

Cerdido, 18 de novembro de 2006.

O portavoz do PSdeG-PSOE de Cerdido, Cándido Prieto, instou ó equipo de goberno a buscar unha solución urxente ao deficiente servizo que ofrece a aula municipal de informática ubicada na Casa da Cultura de A Barqueira. Os socialistas explican que os usuarios apenas poden acceder a Internet polos constantes fallos que, segundo admite o Concello, se producen no router, así como pola lentitude coa que se establece a conexión. Asemade, denuncian que, a pesares de contar coa instalación do wifi, aínda non está operativo. Resultado: os veciños de Cerdido teñen serias dificultades para navegar pola Rede ata coa última tecnoloxía aplicada.

Os socialistas de Cerdido tamén insisten en solicitar do Concello a ampliación dos horarios e días de apertura destas instalacións e da biblioteca pública máis aló das nove horas semanais, repartidas entre os luns, mércores e venres. A proposta do PSdeG-PSOE pasaría por habilitar máis horas durante as xornadas laborais, pero tamén permitir o uso das infraestructuras os sábados polas mañás, a única posibilidade que teñen moitos veciños de Cerdido para disfrutar das mesmas ó traballar por semana.

As novas tecnoloxías no rural.

A pesares de que os socialistas plantexaron esta posibilidade en reiteradas ocasións obtendo a negativa do equipo de goberno por resposta, esperan que recapacite e acceda a propiciar esta ampliación de horarios e a corrixir as deficiencias da aula de informática. Ata ese momento, ao PSdeG-PSOE non lle queda máis remedio que lamentar que o esforzo inversor da Deputación por achegar as novas tecnoloxías ao rural caera en saco baldeiro en concellos coma Cerdido, onde non parece ser esta unha prioridade do actual goberno.

Saúdos; prensa PSdeG-PSOE Cerdido.
O PSOE censura a negativa do Concello a solicitar unha subvención para adquirir un todoterreo contraincendios.

O voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Cerdido, Cándido Prieto, censurou hoxe a negativa da alcaldesa da localidade, a popular Ana Rodríguez, e do seu equipo de goberno, a solicitar unha subvención de 50.000 euros con cargo á Consellería de Presidencia para a adquisición dun vehículo todoterreo contraincendios, con capacidade para transportar a seis persoas e dotado dunha cuba de cincocentos litros.

Durante o pleno celebrado onte á tarde na corporación, Cándido Prieto interpelou á rexidora sobre esta cuestión, xa que durante a recente visita da delegada provincial de Presidencia, Esther González, abordárase a posible concesión da citada axuda económica. Unha iniciativa respaldada polos socialistas en base á importante masa forestal do municipio e da utilidade do vehículo para tarefas de vixiancia e de desprazamento dos membros da cuadrilla.

Nembargantes, Rodríguez e o resto de concelleiros populares desbotaron a adquisición deste todoterreo contraincendios argumentando que o Concello non pode permitirse pór os 16.000 euros complementarios á subvención, unha estimación que resulta trala consulta dos presupostos solicitados a distintos proveedores.

Vixiancia veciñal.

Os socialistas de Cerdido consideran que a desculpa dos cartos non é máis que un argumento “peregrino”, polo que cren que esta é unha oportunidade perdida tendo en conta que é probable que non volva haber outra convocatoria similar, e que incluso o vehículo serviría para, nun futuro, planificar a vixiancia dos montes, que ata o dagora fan os veciños nos seus propios turismos.

No mesmo pleno pero en outro orde de cousas, os socialistas tamén solicitaron a apertura da aula de informática e a biblioteca os sábados polas mañas, xa que na actualidade somentes está a diposición do público en horario de 16:30 a 17:30 horas tres días á semana.

Cerdido conta dende onte con un Punto de Información Telemático do Servicio Galego de Colocación.

No día de onte instalouse en Cerdido un punto telemático do Servicio Galego de Colocación.Os Socialistas felicítanse pola instalación de este Punto que permitira os veciños renovar dixitalmente as demandas de emprego sen ter que acudir a oficina de As Pontes, e o mesmo tempo consultar ofertas de emprego e paxinas web da administración.

delegpres


Os Socialistas xa solicitaran en Pleno a instalación de este Punto, que foi aprobada por tódalas forzas políticas, e o mesmo tempo xestionaron ante a Consellería de Traballo a instalación de dito Punto obtendo o compromiso do Conselleiro de Traballo Ricardo Varela e da Delegada Provincial María Debén de que Cerdido contaría con este servicio que sen dúbida vira a mellorar a calidade de vida de os veciños.

O mesmo tempo onte trala visita institucional da Delegada da Consellería de Presidencia Esther González Saavedra os Socialistas mantiveron unha reunión na que lle solicitaron que unha vez que o Concello firme a adhesión o portal Eido local da Administración(compromiso adquirido pola Alcaldesa na reunión coa Delegada), se poida contar coa ventanilla única da Xunta de Galicia permitindo así os veciños entregar por rexistro a documentación sen ter que desprazarse a Ferrol.

O PSdeG de Cerdido en colaboración coa Administración esta conseguindo en pouco tempo melloras que sen dubida redundaran na calidade de vida dos veciños e o mesmo tempo suporán un salto cualitativo cara a modernidade dos servicios ofrecidos polo Concello.Hai que lembrar que O PSdeG de Cerdido marcouse coma un dos seus obxectivos conseguir servicios básicos coma Cita Previa e Sintrom no Centro de Saúde, Punto de Información do Servicio galego de Colocación, Portelo Único, etc... e estaos a conseguir coa colaboración da Xunta de Galicia.


Agradecendo a súa difusión.

Cerdido a 13 de Setembro de 2006

Asdo. PSdeG-PSOE de Cerdido.

O PSdeG-PSOE de Cerdido pedira explicacións a Alcaldesa de Cerdido polo peche da piscina municipal en Plena temporada estival.

O PSdeG de Cerdido non se explica senón pola desidia e desgoberno que esta a sufrir o Concello en mans dos populares, que en plena época estival a piscina municipal situada na area recreativa de O castro permaneza pechada o publico.

O PSdeG atribúe a un cúmulo de despropósitos este peche, pois primeiro segundo o Concello debeuse a aplicación de un tratamentocontra a lexionela, cousa que se puido ter feito no inverno e agora parece ser que non hai socorristas, pois algún dos contratados atopou outro traballo. Para o PSdeG isto non ben a ser mais que a confirmación unha vez mais da inoperatividade do goberno municipal que priva a veciños e visitantes de unha actividade de lecer das poucas que dispoñían en pleno mes de Agosto.

Agradecendo a súa difusión.

Cerdido a 11 de Agosto de 2006

Asdo. PSdeG-PSOE de Cerdido

O Concelleiro Socialista de Cerdido, Cándido Prieto entrevistouse co Delegado Provincial de Medio Ambiente Manuel Tajes Gómez para tratar diversos temas relacionados co Concello.

Os Socialistas acudían a esta reunión hoxe, como paso previo a entrevista que esperan manter co Conselleiro de Medio Ambiente Manuel Vázquez. Nesta reunión celebrada hoxe o Concelleiro Socialista transmitiulle o Delegado Provincial a preocupación dos socialistas pola situación do PXMOU de Cerdido que esta pendente de aprobación pola Consellería de Política Territorial e que agora o cumprimento de unha directiva da UE obriga a revisar os Plans de Urbanismo en materia Medioambiental (sistemas de depuración de augas residuais,etc..). O Delegado respostou que dende este momento están a traballar dez técnicos contratados expresamente para esta tarefa na revisión dos Plans, de todas formas indicou tamén que aínda que se pode retrasar a aprobación definitiva do Plan o documento de Cerdido non presenta en principio grandes problemas coma o de cidades e vilas de máis entidade poboacional, todo dependera do funcionamento e mantemento do sistema Municipal de fosas sépticas empregado neste Concello debido a dispersión dos núcleos de poboación.

entrvstdlgma


Outra preocupación que lle transmitiron os Socialistas e o problema denunciado continuamente polos agricultores sobre os danos producidos polos xabarís nos cultivos, tendo en conta que este e un dos Concellos máis afectados do Ortegal, o delegado provincial confirmou que tralas reunións mantidas con cazadores e sindicatos agrarios acordouse axilizar os pagos e poñer a disposición dos afectados os técnicos de medio ambiente para realizar informes de certificación dos danos. Outra novidade para este ano e que a Consellería non so vai conceder axudas para pastores eléctricos, senón que dependendo da zona tamén se subvencionaran redes ou outros métodos que os agricultores consideren mais axeitados. O Delegado instou os agricultores que sufran os danos que chamen canto antes para que se poida facer unha verificación e informe de ditos danos co fin de empezar a pagar canto antes as indemnizacións.

Os Socialistas de Cerdido tamén lamentan que dende o Concello gobernado polo PP non se solicitaran contenedores de recollida de lixo dende o ano 2004 onde tan só se solicitaron dez de xenéricos, catro de papel e vinte amarelos.

Agradecendo a súa difusión.

Cerdido a 4 de Agosto de 2006

Asdo. PSdeG-PSOE de Cerdido.

Os Socialistas de Cerdido entrevistaronse onte, día 29 de xuño, co Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial, Jacinto Parga.

Os Socialistas Benigno Galego e Cándido Prieto mantiveron unha reunión no día de onte na Delegación Provincial da consellería de Política Territorial co Delegado Jacinto Parga, para abordar diversos temas de interese para o Concello de Cerdido.

cerdidoactual30xun

Os Socialistas saíron satisfeitos da reunión pola receptividade amosada polo Delegado Provincial en temas cruciais para o Concello, un dos compromisos que lles transmitiu o Delegado foi a inminente resolución da aprobación por parte da Xunta do PXMOU de Cerdido(un par de semanas).


Tamén lles confirmou a construción do enlace de Felgosas na futura VAC do Ortegal, punto este crucial para o PSdeG de Cerdido edemais partidos da corporación, pois permitira no futuro a conexión coa zona prevista de solo industrial de Carracedo que será sen dubida un aliciente para as empresas interesadas en asentarse no Concello de cara a construción de un Polígono industrial.


O Delegado Provincial tamén se comprometeu a estudar a dotación de firme antideslizante e mellora dos peraltes na AC862 no tramo comprendido entre Ponte das Barbelas e Alto de Sete debido as numerosas saídas de vía que alí se producen.

Agradecendo a súa difusión.

Cerdido a 30 de Xuño de 2006.

Asdo. PSdeG-PSOE de Cerdido.

O Pleno do Concello de Cerdido debatirá hoxe as 20:00 a aprobación de petición de un crédito a curto prazo por importe de 207.000 €

O Pleno do Concello de Cerdido debaterá hoxe entre outros asuntos a contratación de un crédito a curto prazo(1 ano) por importe de 207.000 Euros co Banco Gallego, por ser a entidade financeira que presentou a mellor oferta, para cubrir os desfases de tesourería producidos polos futuros pagos das certificacións de obra da praza posterior o Centro de saúde e casa de turismo rural promovida polo Concello en finca Cabaneiro.


Para o PSdeG de Cerdido isto non ben máis que a demostrar a improvisación coa que se elabora o documento dos Orzamentos pois osSocialistas xa preguntarán nun Pleno sobre unha partida de 1000 Euros destinados a facer fronte os intereses de unha posible operación de crédito e o Grupo Popular respostou que non era necesario ese crédito polo que o Orzamento estaba equilibrado o que ben a demostrar agora que unha vez máis a xestión do PP basease na improvisación permanente e na falta de un proxecto concreto.


O pleno tamén debatera a creación de ficheiros de datos de caracter persoal do Concello e a aprobación inicial do seu regulamento.


Por outra banda os Socialistas de Cerdido reuniranse maña dia 29 as 10:30 na Coruña(Delegación Provincial da Consellería de PolíticaTerritorial) co Delegado Provincial Jacinto Parga para solicitar a Consellería a axilización dos tramites do PXMOU de Cerdido e interesarse pola VAC do Ortegal o seu paso polo Concello ademais de outros asuntos coma a posible construcción de aceras no tramo Sur da AC862 o seu paso por Felgosas.


Agradecendo a súa difusión


Cerdido a 28 de Xuño de 2006.


Asdo. Cándido Prieto Lago ( Voceiro do PSdeG de Cerdido )

A Consellería de Traballo confirmou hoxe ó Grupo Municipal Socialista a próxima instalación en Cerdido de un Punto de Información do Servicio Galego de Colocación.

A Delegada Provincial da Consellería de Traballo, María Deben confirmou hoxe os Socialistas o compromiso firme de instalar no Concello de Cerdido un Punto telemático de información do Servicio Galego de Colocación.A concesión de este Punto, que o Grupo Municipal Socialista xa pedira en un Pleno celebrado o pasado 28 de Febreiro, ven a confirmar o compromiso e a sensibilidade coas demandas de Cerdido que o Conselleiro de Traballo Ricardo Varela xa transmitira os Socialistas de Cerdido.Os Socialistas manifestaranlle o Conselleiro a necesidade de contar con este Punto que permitira os demandantes de emprego o selado da tarxeta sen ter que acudir a oficina de As Pontes,tendo en conta que moitos demandantes son mulleres que teñen que atender a familiares a cargo isto suporá unha sensible mellora na calidade de vida de este colectivo.

O mesmo tempo tamén poderán consultarse na pantalla ofertas de emprego en tempo real e consultar paxinas web de organismos oficiais (Xunta,Deputación, etc...).

Hai que recordar que na actualidade so hai colocados estes Puntos nos Concellos de Narón, Cariño, Ortigueira e As Pontes.Por outra banda os Socialistas de Cerdido teñen previsto entrevistarse coa Delegada da Consellería en breve para transmitirlle outras demandas relacionadas co Concello

Agradecendo a súa difusión.

Cerdido a 6 de Xuño de 2006


Asdo. Cándido Prieto Lago ( Voceiro do PSdeG de Cerdido )

A Alcaldesa de Cerdido comprometeuse no último Pleno celebrado o pasado día 30 de Maio a poñer a versión en galego da páxina web do Concello.

O Grupo Municipal Socialista xa presentara unha Moción por rexistro reclamando a versión en galego da páxina web.

Esa Moción no fora incluída na orde do día por un erro que recoñeceu a Alcaldesa, pero mostrou o seu compromiso de actualizala páxina web do Concello:
www.cerdido.org e poñer a versión en galego.

Agradecendo a súa difusión.

Cerdido a 1 de Xuño de 2006

Asdo. Cándido Prieto Lago ( Voceiro do PSdeG de Cerdido )

PSdeG-PSOE de Cerdido informa sobre novas axudas da Conselleria de Medio Ambiente para paliar os danos producidos polo xabarín nos cultivo.

MEDIO AMBIENTE PAGARÁ AOS AGRICULTORES AXUDAS DIRECTAS PARA COMPENSAR OS DANOS CAUSADOS POR XABARÍS EN CULTIVOS DE TODA GALICIA

Galicia é a primeira comunidade autónoma que artella unha medida destas características, que suporá cubrir os danos na totalidade do territorio. - A orde de axudas que está a preparar aconsellería é froito dun acordo acadado cos cazadores, que son legalmente os responsables de pagar eses estragos, e cos representantes agrarios.
Santiago de Compostela, martes, 16 de maio do 2006

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible asumirá por primeira vez a indemnización dos danos causados por xabarís en cultivos de toda Galicia. O departamentoautonómico que dirixe Manuel Vázquez chegou a un acordo cos cazadores e osrepresentantes do agro galego para afrontar este problema moi gravoso, como é a importante repercusión negativa da actividade cinexética nos cultivos, e decidiu crear unha liña de axudas públicas e directas aos agricultores. Galicia é a primeira comunidade autónoma que artella unha medida destas características para compensar uns danos provocados pola práctica da caza que, ata de agora, quedaban na meirande parte dos casos sen indemnizar.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza está a rematar a redacción da orde que regulará estas novas axudas e na que se incorporarán as propostas dos colectivos implicados. Esta normaresponde a fonda preocupación da Consellería de Medio Ambiente por afrontar a importante incidencia que teñen as poboacións de xabarís nos cultivos de Galicia, unha comunidade onde a caza non ten unha connotación económica como ocorre no resto de España senón esencialmente social.

Situación actual. A Xunta de Galicia, ata de agora, compensa só os danos producidos por xabarís en cultivos situados en espazos protexidos, reservas de caza e fincas cinexéticas de libre xestión, oque representa apenas un 12% do territorio. O resto da superficie da comunidade autónoma está acotada para a práctica da caza.

As sociedades cinexéticas, tal como establece a Lei de Caza de Galicia no seu artigo 23, son os que deben responder polos estragos ocasionados polas especies cinexéticas nos terreos que xestionan e que representan o 88% do territorio galego. Estes danos son moi importantes aínda que resulta difícil cifrar a súa contía. Os cotos de caza alegan incapacidade económica para afrontar o pagamento de indemnizacións e os agricultores, os máis prexudicados, quedan na meirande parte dos casos sen cobrar polas perdas que ocasionan os xabarís, fundamentalmente en cultivos de millo.

Nova norma. A Consellería de Medio Ambiente afronta por primeira vez este problema co animo de que os agricultores cobren compensacións a través dunha liña de axudas directas que, sen descartar a responsabilidade legal das sociedades cinexéticas, contribuirá a reducir o custe que lles supoñen eses danos. A Administración galega ofrece pagar todos os danos producidos por xabarís que superen os 150 euros e ata un máximo de 1.200 euros, unha contía mínima que, a petición de cazadores e agricultores, está disposta a modificar á baixa. O pagamento dos danos inferiores a 150 euros seguirán a ser responsabilidade dos cotos de caza.

Na negociación levada a cabo cos sectores implicados, acordouse que a nova orde de axudas, nestes momentos en elaboración e que terá un período de vixencia, con carácter retroactivo do 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2006, determinaranse outros aspectos importantes como é definir con exactitude os agricultores que poderán beneficiarse destas indemnizacións así como un baremo obxectivo de compensacións. Os sindicatos agrarios presentará á consellería unha proposta de baremo que fixe os prezos en función dos metros cadrados de terreo afectados e do tipo de cultivo danado.


Medio Ambiente, con esta medida, asume o esforzo económico que suporá indemnizar os danos producidos polos xabarís nos cultivos de toda Galicia co compromiso dos cotos de caza de que responderán a súa responsabilidade legal de pagar polos estragos de menor contía. A Administración será moi rigorosa no control e seguimento dos planes de aproveitamento cinexético das sociedades de caza.


SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Gabinete de Comunicación
Tlf: 981 541722 / 981 957493
Fax: 981 541714
prensa.cma@xunta.es

O PSdeG-PSOE de Cerdido critica a elección do modelo de farolas para a praza posterior do Centro de Saude.

O PSdeG de Cerdido califica de despropósito a elección do modelo de farolas para a praza posterior o Centro de Saúde. Estas farolas de “dubidoso” gusto son máis propias para unha nave industrial que para un espazo público que se supón que será para disfrute de veciños e turistas. O PSdeG de Cerdido pensa que os 230.000 € aportados polo Agader deberían de dar para elixir outro modelo máis clásico e acorde co medio e a paisaxe de un Concello rural.


przcscerdido


Para o PSdeg de Cerdido isto non ven máis que a ser outra mostra de desidia do grupo de goberno (PP) que fixo un proxecto sen pes nin cabeza pois o que en principio era unha praza con aparcamento o final coas modificacións que se fixeron do proxecto inicial nin e praza nin e aparcamento.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 9 de Maio de 2006.


Asdo. Cándido Prieto Lago ( Voceiro do PSdeG de Cerdido )


O Alcalde de Cerdido Bernardino Breijo presenta a súa renuncia como Alcalde e Concelleiro no pleno do próximo xoves 27 de abril.

O PSdeG de Cerdido xa esperaba esta noticia pois o único interes do grupo de goberno (PP) e “colocar” como Alcaldesa a tenente de Alcalde Ana Rodríguez de cara a súa “promoción” persoal para as próximas eleccións municipais, pois tratase de unha persoa descoñecida para a gran maioría da cidadanía.

O PsdeG de Cerdido denucia que unha vez máis o PP de Cerdido so ten intereses electoralistas en vez de pensar en arreglar os problemas reais de Cerdido e construír un proxecto de futuro que solucione a grave crise de goberno que ten sumido a Cerdido nuha situación de inmobilismo e continuidade dun proxecto esgotado e sen proxeción de futuro.

O principal problema de Cerdido para o PSdeG e que os dirixentes do PP de este Concello atópanse na actualidade sen rumbo nin proxectos e o único o que se adican e a tratar de solucionar o problema da “sucesión” de Bernardino co único fin de conservar o poder atoda costa sen importarlles para nada os problemas da cidadanía.

Para o PSdeG de Cerdido a xestión do Alcalde nos últimos tempos caracterizouse principalmente poa súa falta de dialogo cos grupos da oposición e incluso cos seus propios Concelleiros exercendo o poder de unha forma dictatorial e personalista deixando escapar proxectos e subvencións e rexeitando de maneira antidemocrática as propostas e mocións que presentaban os grupos da oposición ata tal punto que nin sequera a maioría das veces as incluía na orde do día.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 21 de Abril de 2006.

Asdo. Cándido Prieto Lago (Concelleiro-Voceiro do PSdeG de Cerdido)

Nota de prensa do PSdeG-PSOE de Cerdido.

O PSdeG de Cerdido votou en contra do documento dos Orzamentos para 2006 aprobado no Pleno celebrado onte 24 de Febreiro por consideralo continuista, opaco e unha clara confirmación de que o goberno municipal (PP) atopase nestes momentos esgotado e sen rumbo nin proxecto político para Cerdido.

O Orzamento para 2006 foi aprobado so cos votos a favor do PP que ten a maioría absoluta exercendo unha vez mais unha clara políticade exclusión dos grupos da oposición cos que non se contou a hora de elaborar o borrador. O PSdeG de Cerdido denunciaademais que o documento lles foi entregado os grupos da oposición o pasado Luns co que so tiveron catro días para examinalo.

O Orzamento para 2006 é de 1.246.563,54 €uros do cal 512.337,56 €uros corresponden a inversións reais,327.074,70 a gastos de persoal e 377.828,45 €uros a gastos en bens correntes que xunto cos 29.322,83 €uros de transferencias correntes completan o orzamento de gastos.

Para o PSdeG de Cerdido resulta chocante que na liquidación do orzamento de 2005 no mes de novembro haxa un déficit de 126.050 €uros que segundo o PP se equilibrou no ultimo mes do ano pasado empezando 2006 con déficit cero algo que para o PSdeG e pouco crible.

Por outra banda o PSdeG de Cerdido critica o discurso catastrofista que fixo o PP de Cerdido nos últimos tempos cos cambios de goberno en Xunta e Deputación pois as transferencias correntes da Xunta, Deputación e Estado aumentan respecto o 2005 en 132.435 €uros.

No Pleno tamén se aprobou por unanimidade unha solicitude ó Ministerio de Economía e Facenda para que manteña as funcións da administración da axencia tributaria de Ortigueira.

O PSdeG tamén pediu o Alcalde que inicie os tramites para solicitar a Consellería de Traballo un punto de información do Servicio Galego de Colocación que permita os veciños ademais de consultar as ofertas dispoñibles, renovar as sua tarxetas de demandantes de emprego.O PSdeG por último pediu a mellora na sinalización de Porto-Avispeira.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 25 de Febreiro de 2005.

Asdo. Cándido Prieto Lago (Concelleiro-Voceiro do PSdeG de Cerdido)

Nota de prensa do PSdeG-PSOE de Cerdido.

PSdeG – PSOE de Cerdido denuncia que o goberno local (PP) a estas alturas de ano ainda non entregou os grupos da oposición o avance do borrador dos Orzamentos Municipais para 2006. O PSdeG de Cerdido lamenta que por segundo ano consecutivo o Concello non teña preparadas as contas municipais a tempo e haiba que seguir coas contas prorrogadas do 2005. Pero o máis grave e que o Grupo de goberno ignore os grupos da oposición e non lles presente un avance das contas para que poidan examinalo en tempo e forma. O PSdeG de Cerdido esta convencido que como xa e costume no PP se lles entregue o borrador uns días antes do Pleno para que non teñan tempo a examinalo detidamente.

Dende o Grupo Socialista estamos convencidos de que agora mesmo o PP esta mais preocupado na “sucesión” do Alcalde que en adicarse a gobernar e proba diso e a parálise municipal que se esta a vivir no Concello.

O PSdeG lembra que no ultimo Pleno do mes de Decembro reclamou melloras na sinalización de Porto-Avispeira e a Alcaldesa en funcións e os demais membros do Grupo Popular respostaron que se ían a realizar os traballos posto que as sinais xa estaban pedidas, pero polo momento non se levou a cabo ningunha actuación de unha obra que pode ser considerada “menor” o que demostra que o PP esta nestes momentos nunca situación de “standby” que perxudica aos veciños e pon nunha delicada situación o futuro do Concello.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 31 de Xaneiro de 2006.

Asdo. Cándido Prieto Lago (Concelleiro -Voceiro PSdeG de Cerdido)

O PSdeG de Cerdido insta o Concello a mellorar a ordenanza fiscal reguladora da taxa de recollida de lixo.

O Pleno do Concello de Cerdido reunido hoxe Xoves 21 de Outubro aprobou por unanimidade a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das taxas de recollida de lixo.O PSdeG de Cerdido votou a favor desta ordenanza que foi aprobada tamén cos votos de PP e BNG aínda que coa condición aceptada polo Alcalde a proposta socialista de rebaixar a presión fiscal as persoas con menos recursos pois esta ordenanza terá que ser modificada en sucesivos períodos trala firma do convenio con Sogama por parte do Concello.Isto suporá para os veciños incrementos de ata o 200% na factura do lixo algo que recoñeceu o propio Alcalde.O PSdeG de Cerdido pretendía aplicar uns baremos como xa se esta facendo noutros Concellos,que dependendo da renda, patrimonio ou os membros da unidade familiar dean unha rebaixa para as persoas con menos recursos que puidera chegar ata o 75% aplicando así unha verdadeira política de reducción da presión fiscal polo menos nos impostos que son competencia do Concello.A pesares da resistencia inicial do Alcalde e membros do seu partido a esta proposta socialista o final chegouse o acordo de revisar ese punto o vindeiro ano;agora o PSdeG de Cerdido espera que o Alcalde cumpra ese acordo e o mesmo tempo a promesa electoral do PP de non “afogar os veciños con impostos”.Por outra banda o PSdeG tamén instou o Concello a mellorar o servicio co lavado e hixienización dos contenedores algo que polo momento vense obrigados a facer pola súa conta os veciños para manter unhas mínimas condicións de salubridade.O Pleno tamén aprobou por unanimidade o Plan de investimentos Locais 2005 e Plan Xeral de Urbanismo unha vez resoltas pola Xunta as alegacións de particulares e grupos políticos.Para o PSdeG de Cerdido resulta de vital importancia a axilización dos tramites do Plan para o futuro desenrolo do Concello; de feito o portavoz socialista Cándido Prieto nunha reunión co Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial Jacinto Parga xa lle trasladou esa demanda de axilización dos tramites do PXMOU de Cerdido.Cerdido a 21 de Outubro de 2005.

Agradecendo a súa difusión.

Asdo. Cándido Prieto Lago(Concelleiro-Voceiro do PSdeG de Cerdido)

Nota de prensa do PSdeG-PSOE de Cerdido.

O Pleno do Concello de Cerdido reunido onte 31 de Agosto, ratificou a signatura do convenio para a recollida de residuos sólidos urbáns con SOGAMA S.A,rubricado o 20 de Xullo de 2005; cos votos a favor dos seis concelleiros do Grupo Popular .Tanto o PSdeG coma o BNG votaron en contra deste convenio.O PSdeG de Cerdido opúxose a ratificación do convenio por considerar que o PP facendo unha vez máis gala do escurantismo e a falta de dialogo cos grupos da oposición e incluso cos membros do seu propio Grupo( pois algún nin sabia da firma dese convenio, nin en que condicións se fixo) , ratificou un contrato que en opinión do PSdeG de Cerdido suporá unha verdadeira hipoteca a 15 anos(pois este foi o período polo que se firmou) para tódolos veciños pois supoñendo que nun futuro se atopen solucións alternativas o tratamento de residuos, Cerdido terá que seguir pagando a SOGAMA co conseguinte incremento anual os prezos fixados por Tonelada segundo a variación do IPC.Isto suporá para os veciños uns incrementos na factura do lixo e para o Concello uns gastos adicionais de aproximadamente 15.000€ que non tiña previstos o goberno Popular.Para o PSdeG isto ven a demostrar unha vez mais que o goberno local movese por inercias e fai da improvisación un “modus vivendi”, pois a pregunta do portavoz socialista sobre cantas Toneladas de residuos se estaban recollendo semanalmente nenguen do grupo de goberno(PP) soubo respostar.O PSdeG tamén manifesta a súa sorpresa polas declaracións do rexedor Bernardino Breijo de que se enterou do comenzo dos traballos de selado do vertedoiro da Xaneira un día que o camión do lixo se atopou coas maquinas traballando e lle impediron descargar,algo que para o PSdeG de Cerdido ven a confirmar unha vez máis que o Partido Popular de Cerdido segue a velas vir e sen enterarse nin sequera dos asuntos máis relevantes para o Concello.

Por outra bando por cuarto Pleno consecutivo o Alcalde non incluíu na orde do día unha Moción do Grupo Socialista, desta volta para impulsar un pacto Local pola integración e a convivencia, co que perdera probablemente parte de un fondo que o Goberno Central destina coma axuda os Concellos coa finalidade de facilitar a integración dos inmigrantes.O Alcalde argumentou unha vez mais que non se acordaba de haber leido dita Moción a pesares de ser presentada por rexistro o pasado 18 de Xullo.Para o PSdeG isto supón unha continuidade na politica de exclusión e rodillo que ven aplicando o PP nos derradeiros Plenos.

Agradecendo a súa difusión , Cerdido a 1 de Setembro de 2005

Asdo.. Cándido Prieto (Concelleiro-Voceiro do PSdeG de Cerdido)

Comunicado de prensa do PSdeG-PSOE de Cerdido.

O PSdeG-PSOE de Cerdido presentara diante o próximo Pleno unha Moción na que se insta o Concello a crear o servicio de recollida de enseres e voluminosos, para o PSdeG de Cerdido este servicio faise moi necesario tendo en conta as queixas dos veciños que pagan os seus impostos pola recollida de lixo e sen embargo o carecer de Punto Limpo e o mesmo tempo da recollida de enseres non saben o que facer cos vellos electrodomésticos nin con outro tipo de mobles.Este problema verase sen dúbida agravado co peche do vertedoiro de A Xaneira previsto para principios do 2006.O Concelleiro socialista Cándido Prieto reuniuse onte co Alcalde para tratar de darlle solución as demandas cidadáns pero calificou a reunión de inútil pois as respostas do Alcalde popular Bernardino Breijo foron insólitas, xa que mesmo chegou a asegurar que este era un problema dos veciños e que a única solución que vía era que se alguén tiña unha lavadora etc... o mellor que podía facer era desguazala ou tirala persoalmente no seu coche(algo totalmente ilegal, pois o mesmo Alcalde recoñeceu ter denunciado diante da Guardia Civil o abandono de electrodomésticos no monte).Tamen o Concelleiro socialista amosou a súa sorpresa cando o Rexidor Local insinuou que se podía chegar a algún “acordo económico” co servicio de recollida de lixo para que faga un “amaño” nestes casos.Para o PSdeG de Cerdido estas declaracións amosan a total apatía e incompetencia do grupo de Goberno que non soupo xestionar cando se contratou o servicio do lixo a recollida de enseres e o que e mais importante a falta de interes do PP polo coidado e respecto do Medio Ambiente; co agravante de que unha das apostas do Grupo de goberno e o turismo rural xa que un dos seus proxectos “estrela” e a rehabilitación da casa de Finca Cabaneiro para convertila nun exemplo de casa de turismo rural.O PSdeG de Cerdido preguntase se incluira nos arredores vellas lavadoras e neveiras coma parte da paisaxe.

Agradecendo a súa difusión.

Cerdido 31 de Maio .


Asdo.: Cándido Prieto (Concelleiro-voceiro do PSdeG de Cerdido).

Comunicado de prensa do PSdeG-PSOE de Cerdido.

O PSdeG-PSOE de Cerdido critica a actitude do Alcalde Bernardino Breijo (PP) que no último Pleno Celebrado onte Xoves decidiu non incluír pola vía de urxencia unha Moción socialista na que se pedía o Concello que solicitase ante a Consellería de Familia unha subvención para a contratación de un Técnico Local de emprego(orientador laboral).O grupo de goberno(PP) rexeitou esta Moción por non considerar necesaria esa contratación.O PSdeG de Cerdido propoñía a implantación do Orientador Laboral para darlle un pulo o Plan de Igualdade receentemente presentado polo PP.O PSdeG de Cerdido xustificaba a contratación deste profesional debido a alta tasa de desemprego feminino que padece Cerdido debido unhas veces por falta de oportunidades laborais e outras pola falla de servizos coma garderías,centros de día etc... que impiden a muller do rural competir en igualdade de condicións que as de outras zonas mais desenroladas social e economicamente.O PSdeG de Cerdido coida que se podería paliar en parte o problema de o desemprego feminino con políticas municipais activas de promoción do emprego e cun asesoramento axeitado sober opcións de autoemprego e cooperativismo.

Por outra banda no Pleno aprobouse por unanimidade o expediente de contratación do POS do ano 2005 que consistira na instalación de alumeado publico en Barbelas,Lobeira ,Rioforcado e Felgosas.

No apartado de rogos e preguntas o PSdeG preguntou o Alcalde sobor as declaracións de Manuel Fraga o pasado 8 de Marzo en Ortigueira ,quen manifestou coincidindo coa presentación do Centro Loxístico de Ence “Hai muchos que no se quieren enterar los precios[del eucalipto] han bajado porque ha aumentado el consumo”sic.O Concelleiro socialista Cándido Prieto preguntou o Alcalde se iba a seguir presionando contra Ence e apoiando os maderistas ;o que este respostou que apoiaba pero que non iba a facer nada.O PSdeG critica duramente esta postura por considerala demagóxica ,pois considera que ou se esta cos pequenos productores, ou se esta con Fraga e polo tanto con Ence.Por outra banda o Alcalde confirmoulle o PSdeG de Cerdido o inicio dos tramites para o selado do vertedoiro da Xaneira algo que os grupos da oposición levaban tempo reclamando.

Asdo.Cándido Prieto Lago.
Concelleiro-Voceiro do PSdeG-PSOE de Cerdido.