Nota de prensa de PSdeG-PSOE Cedeira.

COMUNICADO.

Hoxe, 6 de marzo, o secretario xeral da Agrupación Socialista de Cedeira mantivo unha entrevista persoal co Delegado de Política Territorial da provincia, Jacinto Parga, para poñerlle de manifesto a nosa petición de que a Consellería de Política Territorial comprenda a necesidade de acometer a mellora da estrada AC-566, que comunica Cedeira e Ferrol, sobre todo no que afecta ao tramo Cedeira-Valdoviño, onde o predominio da liña continua atrasa considerablemente o tempo de viaxe entre Cedeira e Ferrol, entre Cedeira e a autoestrada AP9.

Por parte do Delegado houbo unha clara comprensión da importancia de mellorar esta estrada, vital para a comunicación da nosa vila, comprometéndose a estudar nun prazo curto a posibilidade de mellorar e ampliar o trazado entre Valdoviño e Cedeira.

Cedeira, 6 de marzo de 2006.

Nota de prensa.

Desde a Agrupación Socialista de Cedeira vemos con confianza e ilusión o futuro de Cedeira. O Partido Socialista está esforzándose en crear unha nova Cedeira desde as institucións que goberna. No 2006 tanto a Xunta de Galicia como o Goberno de España poñerán en marcha actuacións moi importantes na nosa vila.
En xaneiro comezarán as obras da ansiada depuradora de augas residuais (EDAR), tras un retraso ocasionado pola necesidade de efectuar un replanteo da parcela que ocupará ao lado do Punto Limpo na Xunqueira.
Neste primeiro trimestre deberán iniciarse as obras do Porto Deportivo, un porto público, aberto a todos os que desexen usalo, que fará de Cedeira un porto de atraque de recreo moi importante na costa norte e que multiplicará o seu atractivo turístico anual, no so estival.
Tamén no 2006, o Estado, a través do Ministerio de Fomento, investirá 2,5 millóns de euros no recheo da praia da Magdalena, obra prevista para o próximo inverno. 
Pero, de todas maneiras, Cedeira debe preocuparse ademáis por unha politica de creación de emprego industrial. Desde o Concello non se está a realizar ningún esforzo neste sentido e estase descoidando o impulso do Polígono Industrial da Trabe, parado desde hai meses, inda contando co presuposto aprobado pola Xunta. Terá que ser o Partido Socialista de Cedeira, a pesar de que non conta con representantes no Concello o que tire polo labor de inciar esta obra. O alcalde só se preocupa do que ten diante dos seus ollos: a Praza Roxa e os edificios residenciais do paseo marítimo. Cedeira é moito máis que estes dous lugares. Cedeira necesita un alcalde con visión de futuro, para unha Cedeira na que se cree emprego.


O secretario xeral da Agrupación Socialista – Xosé Manuel Suárez.