Fomento cumpre a súa palabra de mellorar o cargadoiro de mercadorías da estación de Cerdido.
Diante da alarma
xerada polo BNG de Ferrolterra insinuando que FEVE ía
suprimir a vía de mercadorías, os Socialistas de
Cerdido puxéronse en contacto meses atrás con Fomento
a través do Grupo Parlamentario no Congreso, e este
confirmáballes que en ningún momento se pensou en
suprimir este servizo de vital importancia para o
Concello e Comarca dada a actividade forestal que alí
se desenrola.Hai que lembrar que dende Cerdido se
estaban a mandar cargamentos de madeira cara o Pais
Vasco por parte dos produtores de madeira (PROMACER),
e agora poderán facelo en mellores condicións, unha
vez ampliada a zona de carga e dotada de unha
iluminación axeitada.Agora unha vez rematadas as
obras dende o PSdeG de Cerdido queremos deixar claro
que o Governo Central actuou con sensibilidade neste
tema de vital importancia para os veciños, tendo en
conta que a actividade forestal e o principal motor
económico do Concello e da traballo indirecto a
hostalería,comercio e talleres.
Así pois, cremos que o BNG actuou precipitadamente
xerando unha innecesaria alarma os veciños.
Agradecendo a súa difusión, en Cerdido 30 de Xaneiro
de 2009.
Asdo:Grupo Municipal PSdeG Cerdido
O Pleno do Concello de Cerdido reunido hoxe en sesión extraordinaria aprobou por unanimidade os investimentos a incluir no Fondo Estatal de Inversión Local.
Ó Concello de Cerdido
correspóndenlle 254.686 €uros, no Fondo estatal
para a Dinamización da economía, o Partido Popular
presentou diante do Pleno os seguintes proxectos:
| IMPORTE CON IVA
|
|
| Mellora espazos públicos parques
infantis(Colexio,Praza Centro de Saúde)
|
56.506,67 €
|
| Ampliación abastecemento auga en
Rediz e outros
|
13.557,51 €
|
| Construción de muro e Fonte en
Abruñeiros
|
17.545,87 €
|
| Central Fotovoltaica 20 KW en
aparcamento Centro de saúde
|
162.400 €
|
| Alumeado Público dende Pozadauga
ata a Torre
|
4.675,95 €
|
| TOTAL
|
254.686 €
|
A proposta foi aprobada por unanimidade, os Socialistas apoiamos a proposta xa que se inclúen actuacións demandadas polo noso Grupo en reiteradas ocasións, como o arranxo e adaptación dos parques infantís a normativa vixente e a reposición da Fonte dos Abruñeiros que fora excluída do POS .Ademais, cubrirase o aparcadoiro do Centro de Saúde con paneis fotovoltaicos que xeraran enerxía para a súa venda, co que o Concello terá uns ingresos adicionais anuais estimados nuns nove mil euros.
Participación no Plan Especial de Parques Infantís da Deputación
O Pleno aprobou por unanimidade incluír a mellora do Parque infantil do Area Recreativa de O Castro cun Orzamento total de 50.000€uros nos que o Organismo Provincial aportara 42.500 €uros.Esta actuación xa fora reclamada polo PSdeG-PSOE de Cerdido no último Pleno a través de unha Moción que fora aprobada tamén por unanimidade.
Agradecendo a súa difusión, en Cerdido 20 de Xaneiro de 2009.
Asdo:Grupo Municipal PSdeG Cerdido
O PSdeG- PSOE de Cerdido presentara tres Mocións o vindeiro Pleno Municipal.
O PSdeG de Cerdido
presentou hoxe por rexistro tres mocións para que
sexan debatidas no vindeiro Pleno.
Participación no Plan
Especial de Parques infantís 2009 da Deputación da
Coruña.

A finalidade desta Moción en que o Concello de
Cerdido solicite á Deputación actuacións nos parques
infantís Municipais, sobre todo nos que non cumpren a
norma UNE-EN 1177, e carecen de materiais brandos nas
superficies sobre as que poidan caer os menores no
uso dos elementos de xogo, como e o caso do parque
infantil do CEIP de A Barqueira, que ten a superficie
de grava co perigo que comporta, e do Area Recreativa
de O Castro; neste último ademais de precisar renovar
os elementos de xogo que se atopan moi deteriorados
tamén hai que cambiar a superficie de grava. Os
Socialistas pedimos ademais que no Orzamento de 2009
o Concello reserve unha partida na que se dispoña da
achega Municipal do 15% das actuacións previstas para
optar a subvención do Organismo Provincial.
Solicitar a Deputación da Coruña unha
subvención destinada a sufragar os custos de persoal
para a contratación de un experto en Normalización
Lingüística.
Co fin de cumprir co sinalado no
Plan Xeral de Normalización Lingüística e logo dos
problemas detectados en moitos escritos e
comunicacións da Alcaldía e mesmo na páxina web do
Concello, os Socialistas consideramos que un experto
debe asesorar a administración e velar polo
cumprimento da lexislación en materia lingüística.
Moción para o desenrolo da Lei de Memoria
histórica
Os Socialistas pedimos que o
Concello facilite toda información necesaria(rexistro
civil,etc..) a familiares e institucións para o
cumprimento da Lei.
Agradecendo a súa
difusión, Cerdido a 27 de Novembro de 2008
Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido
O PSdeG- PSOE de Cerdido denuncia que na Casa do Concello hai pingueiras dende fai máis de un ano sen que, dende o Grupo de Governo se faga nada por solucionar o problema.
Para o PSdeG de Cerdido isto ben a ser unha mostra
máis da desidia do PP na conservación e mantemento
dos edificios públicos, pois o problema das
pingueiras da Casa do Concello, hai que engadir as
numerosas filtracións de auga que se producen na
Escola da Avispeira, onde xa houbo que levantar en
varias ocasións o piso, e a dia de hoxe segue nunha
situación de “provisionalidade” sen que
se tome ningunha determinación para arranxar un
edificio que foi “restaurado” e
inaugurado fai un ano.Outro problema sen solucionar
son os malos cheiros da Casa da Cultura, que proceden
dos aseos, onde parece que as arquetas están sen
sifonar.
Non queremos nin pensar como se atopara nestes
momentos a Escola dos Casás, que vai ser destinada a
vivenda social na parte superior, pois tendo en conta
os antecedentes de control de obras que leva o PP, e
posible que xurdan problemas a medio prazo.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 11
de Novembro de 2008
Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido
O PSdeG-PSOE de Cerdido insta o Concello a resolver os problemas de recollida de augas pluviais nas beirarrúas da AC862 en Felgosas.
Os Socialistas de
Cerdido lembran que xa trasladaron o PP o problema
que teñen algúns veciños por culpa da situación ou
carencia de sumidoiros en Felgosas.
Así mesmo, despois de unha reunión mantida entre
veciños e o Delegado de Política Territorial Alberto
González para buscar unha solución a mellora do firme
da AC862 o seu paso por Felgosas, e logo das
reclamacións feitas dende o Concello, o PSdeG de
Cerdido insta o equipo de Goberno a asumir as obras
que lle corresponden, xa que nalgúns casos, como a
elevación da capa de firme do aparcamento do
Concello, onde se trata de unha obra Municipal froito
dunha clara improvisación, supón que as casas
limítrofes se vexan en serios problemas cando chove
con certa intensidade como estes últimos días.
O PSdeG de Cerdido insta o PP a solucionar o problema
a curto prazo pois de momento as intencións do
Concello quedan só en compromisos verbais sen
ningunha partida económica destinada a obras.
Pista
de arriba da Feira en Porto (A
Barqueira)
Os Socialistas tamen instan o PP a
arranxar a pista que pasa por riba da Feira de A
Barqueira xa que se atopa nun estado lamentael con
numerosas fochancas por mor das obras da traída
municipal de augas e a falta de actuacións de
conservación.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 8 de Outubro de
2008
Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido
O Concello de cerdido aprobou no último Pleno Extraordinario celebrado o 29 de Setembro unha esteblecer unha bonificación na Ordenanza reguladora do Imposto de Bens Inmobles para os titulares que de familias numerosas.
Os Socialistas xa solicitaran en anteriores Plenos
que se estableceran Bonificacións para as familias
numerosas, e tamén para aquelas cuxa renda per capita
non supere o indicador público de renda de efectos
múltiples(IPREM).
Tendo en conta que as entidades Locais poden exercer
a súa potestade tributaria en materia de
bonificacións fiscais e nalgúns casos de exención de
taxas, para o PSdeG de Cerdido, a bonificación do 75%
do IBI para as familias numerosas é un pequeno paso,
que no futuro debe continuar con bonificacións
fiscais para vivendas de protección
oficial(posibilidade que foi rexeitada polo PP, o non
apoiar unha Moción que presentaron os Socialistas na
anterior Lexislatura), e exención ou bonificación no
seu caso de taxas(lixo,auga,etc..) para as persoas
con menos rendas.Non hai que esquecer que nun
Concello eminentemente rural como Cerdido hai
unidades familiares que perciben pensións moi baixas
como son as non contributivas.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 30 de Setembro
de 2008
Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido
O PSdeG- PSOE de Cerdido insta o Goberno Municipal a que se integre na rede de Bibliotecas de Galicia e solicite o soporte para poñer en marcha de unha vez o wifi na Biblioteca Municipal.
Os Socialistas de Cerdido despois
de levar máis de un ano preguntando porque na
biblioteca de Cerdido habendo preinstalación do
sistema non funcionaba o wifi levaron o asunto o
Parlamento de Galicia onde o deputado Francisco
Cerviño, interpelou diante da Consellería de Cultura
sobor do asunto.Os Socialistas de Cerdido xa
“sospeitaban” da apatía do Grupo de
Goberno (PP) pero non esperaban que se lles mentise
neste asunto dende o PP asegurando que tódolos
tramites estaban listos e só dependía da vontade da
Consellería de Cultura a resolución final. Para os
Socialistas ou o PP mente ou amosa a súa
incompetencia neste asunto, non queremos nin imaxinar
que pasara co resto de temas pendentes no Concello
cando non son capaces nin de resolver un pequeno.
Agradecendo a súa
difusión, Cerdido a 12 de Setembro de 2008
Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido
O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia a “parálise” e inactividade do Governo Municipal do PP.
O PSdeG de Cerdido
denuncia que o PP coa súa desidia ten paralizado o
Concello de Cerdido e mesmo pode chegar a incumprir
acordos Plenarios o que sería aínda máis grave.
Como exemplo, cabe destacar que unha Moción
Socialista aprobada en Pleno o pasado 28 de Abril
relativa ó ordenamento e regulación acaídos en
relación coas plantacións forestais,corta, depósito e
transporte da madeira dos montes do Concello, na que
se instaba o Concello a reunirse con tódalas partes
afectadas e membros da corporación e que segundo a
Alcaldesa se ía producir na maior brevidade, a día de
hoxe aínda non se produciu dita reunión.
Outro exemplo e a incapacidade do grupo de governo
para sacar adiante a explotación da casa rural de
propiedade Municipal de finca Cabaneiro(en Cerdido),
onde nos atopamos con concursos de explotación de
condicións dubidosamente rentables que sempre quedan
desertos.
Xa por último e o máis preocupante si cabe, e a
incapacidade do PP de aplicar deducións fiscais as
familias numerosas en diversos recibos(lixo, IBI,
Piscina Municipal), xa que segundo a Alcaldesa en
Cerdido “hai poucas” pretendendo
xustificar o inxustificable.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 30 de Xullo de
2008
Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido
O PSdeG-PSOE de Cerdido leva o Parlamento de Galicia a inoperatividade do wifi da Biblioteca da Casa da Cultura.
O deputado Socialista
Francisco Cerviño a instancias do PSdeG de Cerdido
preguntará no Parlamento de Galicia sobre as
previsións das Consellerías de Cultura e Industria
para dotar de servizo wifi a Biblioteca de Cerdido.
Para os Socialistas e fundamental que os veciños de
Cerdido teñan acceso as novas tecnoloxías en
igualdade de condicións que calquera cidadán doutros
Concellos, e máis aínda tendo en conta que nun
Concello eminentemente rural e con unha dispersión
xeográfica como é Cerdido, onde as dificultades para
o acceso a banda ampla e a cobertura ADSL , a pesares
dos esforzos de Xunta e Goberno Central, seguen
supoñendo unha dificultade para calquera veciño cando
se trata de acceder as novas tecnoloxías.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 2 de Xuño de
2008
Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido
Descarga a carta do deputado
Francisco Cerviño.
O Pleno Ordinario de fin de mes aprobou por unanimidade dúas Mocións do PSdeG de Cerdido relativas a elaboración de unha ordenanza, que regule as actividades forestais no Concello e outra presentada pola vía de urxencia para reclamar fondos a Deputación para ampliara traída de auga a Freis, Díaz, As barrosas e Regueirolongo.
O PSdeG de Cerdido
conseguiu sacar adiante as dúas Mocións por
unanimidade.
Subida de taxas recollida de lixo.
O PSdeG de Cerdido, diante da proposta
do PP, propuxo que se distinga entre pequenos bares,
e restaurantes a hora de cobrar a taxa(esta taxa é a
que sufrira un maior incremento), e que se distinga
tamén entre industrias de maior volume e pequenos
talleres, pois non e xusto que se aplique a todos o
mesmo baremo, xa que de ser así estableceríase un
agravio comparativo e a cidadanía podería pensar que
se están a dar vantaxes os negocios cun maior volume
de facturación e polo tanto de xeración de residuos.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 28 de Abril de
2008
Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido
O PSdeG de Cerdido presentara diante do próximo Pleno unha Moción relativa ó ordeamento e regulación das actividades forestais de corta,depósito e transporte de madeira dos montes do Concello.
O PSdeG de Cerdido
entende que, tendo en conta a actividade e o
potencial produtivo do Concello no sector forestal, e
por outra banda que os veciños e o propio Concello,
preocúpanlles os danos e os estragos, que aínda que
non son xeneralizados, si é certo que se producen as
veces, ocasionando estragos nos camiños e o deterioro
das vías públicas.
Tamén temos en conta os Socialistas que na Memoria da
Alcaldía dos Orzamentos de 2008 a Alcaldesa(Ana
Rodriguez PP) se lamentaba do estado de conservación
das vías do noso Concello e dos escasos recursos
económicos do mesmo para facer fronte a esa
situación; e que en diversos Plenos se abordou este
tema non chegando a ningunha conclusión.
E por iso que dende o PSdeG de Cerdido, pensamos que
a mellor solución sería a redacción de unha ordenanza
dentro do ámbito competencial do Concello para que
tendo en conta os intereses dos veciños, da
asociación de produtores de madeira de
Cerdido(PROMACER), se elabore co máximo consenso, por
parte dos Grupos políticos e afectados.
* Descargar archivo: MOCIÓN,
relativa ó ordenamento e regulación acaídos en
relación coa, corta, depósito e transporte da madeira
dos montes do noso municipio
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 3 de Abril de
2008
Asdo.PSdeG Cerdido
O Concello de Cerdido non solicitou as axudas da Secretaria Xeral da Comunicación, dependente da Consellería de Presidencia, para estudos de cobertura e dotación de equipamentos para mellorar a cobertura do servizo da televisión dixital terrestre.
No último Pleno os Socialistas
preguntaron a Alcaldesa si se solicitaran esas
axudas, tendo en conta o carencia de sinal da TDT en
parroquias como Cerdido e Os Casás, xa que na
actualidade so a parroquia de A barqueira conta con
este sinal, quedando zonas como Porto e Avispeira con
sombras na recepción.
A Alcaldesa respostou, que non solicitou esas axudas,
porque nestes momentos non é unha prioridade para o
grupo de Goberno gastar cartos na mellora do sinal da
TDT.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 6 de Marzo de
2008
Asdo.PSdeG Cerdido
O PSdeG-PSOE de Cerdido votou en contra dos Orzamentos para 2008 presentados polo Grupo de Goberno PP.
O PSdeG de Cerdido votou en contra
do Orzamento preparado polo PP para 2008 por
considerar, este documento “pobre”e pouco
imaxinativo, para o PSdeG de Cerdido este Orzamento
ven a demostrar unha vez máis que o PP “navega
sen rumbo” e non vai a sacar a Cerdido do
furgón de cola da Comarca do Ortegal, e o que e máis
grave segundo recoñece a Alcaldesa na memoria da
Alcaldía, (adxuntamos documento) o Concello nin
sequera pode atender en condicións o servizo de axuda
a domicilio, unha das súas “grandes promesas
electorais”. Dende o Grupo Socialista o Voceiro
Benigno Galego lembroulle que un goberno esta para
ofrecer solucións os veciños e non para lamentarse e
máis neste caso , cando o PP recoñece que a Xunta de
Galicia aumentou en 8000 €uros a aportación
para este apartado con respecto a outros anos. Tamén
fixo referencia as palabras dos
“populares” que sempre dixeron que levar
o Concello era como levar unha casa, pero neste caso
parece que a “casa” se lles fai demasiado
grande.
Tamén recoñece o PP que descoñece que vai facer para
buscar unha solución o mantemento das pistas e
estradas municipais, e basea as súas esperanzas no
comezo para este ano das obras do Polígono
industrial, de iniciativa privada e nas subvencións
de outras entidades(Xunta, Deputación, Plan de
Dinamización turística,etc..), ou sexa, en que o
Concello o “levanten” e o poñan a andar
outros.
Para o PSdeG presumir nestas condicións como presumía
o PP en mandatos anteriores de superávit, e cando
menos unha tomadura de pelo os veciños, pois esta
visto que o PP de Cerdido non e nin sequera capaz de
garantir os servizos máis básicos como e a súa
obriga.
Orzamento
O Orzamento
para 2008 ascende a 903.317,95 €uros e os
unicos proxectos destacables de inversión son:
POS:
Abastecemento de auga
dende A Cruz Encarnada ó Noval e
outros-120.273,79€uros
POS
complementario: Pavimentación camiño Felgosas a
Casaldaia -30.070,69€uros.
Convenio co
INEGA: regulación
de fluxo luminoso.11.767€uros
Destaca
tamén a dotación de calefacción a casa de turismo
rural propiedade do Concello, de Viladóniga, algo que
os grupos da oposición reclamamos reiteradas veces.
O PSdeG de Cerdido lamenta a escasa visión de futuro
dos actuais gobernantes de Cerdido e a falta de rumbo
e proxecto político do PP.
Moción do PSdeG
con motivo do 8 de Marzo
O Pleno
aprobou por unanimidade a Moción presentada polo
Grupo Socialista.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 29 de Febreiro
de 2008
Asdo.PSdeG Cerdido
O PSdeG-PSOE de Cerdido lamenta que o Concello de Cerdido non solicitara nigun tipo de axuda para infrastruturas e equipamentos por medio do Plan Ferrol.
Para os Socialistas é significativo
que Cerdido non solicitara axudas para o desenrolo de
infraestructuras do futuro Polígono industrial, que a
pesares de ser de iniciativa privada, si se puido
beneficiar de axudas como outros Concellos(caso de
Cabanas ou Somozas) para dotalo de algúns servizos
esenciais. E por iso que o PSdeG se sorprende o ver a
Alcaldesa en reunións como a de onte con Feijoo, onde
se fala de outro Plan Ferrol,os Socialistas
pregúntanse¿ para que? dado que o PP de Cerdido debe
considerar innecesarias ese tipo de axudas xa que
polo de agora obviou ese Plan e non se molestou
sequera en presentar proxectos.
O PSdeG
preguntase se o grupo de goberno non tipo tempo de
elaborar proxectos ou pola contra espera a que
desaparezan as axudas e nos atopemos que a pesares de
ser un dos poucos Concellos de Galicia que ten un
PXMOU adaptado a Lei do Solo de 2006, onde se atopa
encadrada unha zona industrial de 120.000
m2
sexamos un dos últimos
Concellos en ter operativo ese solo.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 6
de Febreiro de 2008
Asdo.PSdeG Cerdido
Touriño promete que el 60% del corredor entre Ferrolterra y A Mariña estará en marcha este año.
Puntualizó que el Gobierno autónomo tiene un compromiso «que nace coa misión e a vocación de mellorar as comunicacións desta parte máis occidental, máis illada». Touriño dejó claro que la Xunta «non perdeu un minuto en traballar por esta vía nin falta un millón de euros».
La conselleira de Política Territorial, María José Caride, que acompañó al presidente en su visita a la comarca de Ortegal, anunció que el diseño del trazado de la vía estará listo «a principios do 2009». También indicó que los proyectos que ya habían sido ejecutados tuvieron que ser modificados «por problemas técnicos e de accesos».
Sobre la variante de Viveiro, cuyo trazado está aún sin definir, la titular de la Co2sellería de Política Territorial afirmó que se ha llegado a un acuerdo con el Ayuntamiento sobre el recorrido, «algo que non se tiña feito cando chegamos». Caride concluyó: «Neste tramo partiu de cero o Goberno de Pérez Touriño».
El presidente de la Xunta se reafirmó en que el corredor de la costa norte estará operativo en el 2011 y prometió no solo que el 60% de la vía estará en marcha este mismo año, sino que el trazado restante estará en las mismas condiciones en el 2009.
Los tramos más avanzados, según aclaró Caride, son el de la variante de Ortigueira, cuyo proceso expropiatorio ya está en marcha, y el recorrido Celeiro-San Cibrao. En cuanto a este último, la conselleira avanzó que la obra se licitará este mismo año.
Pérez Touriño destacó que el corredor estará conectado tanto con la autopista AP-9 como con la autovía Ferrol-Vilalba.
O PSdeG-PSOE de Cerdido insta o Concello a solucionar canto antes os problemas na recollida selectiva.
Os Socialistas de Cerdido logo de
transmitirlle a Alcaldesa os problemas de imaxe e
insalubridade que se están a dar no Concello,
esíxenlle que poña fin canto antes a esta situación.A
día de hoxe parece ser que o Grupo de Goberno(PP)
esta esperando recibir ofertas de empresas para a
recollida selectiva; xa que a anterior empresa que
recollía os colectores amarelos, parece que fixo unha
oferta demasiado alta para o Concello, e este púxose
en contacto con outras empresas que prestan ese
servizo, e aínda esta esperando recibir esas ofertas.

Os Socialistas instamos a Alcaldesa
a que se poña de unha vez a xestionar servizos con
eficacia,xa que por mor desta “parálise”
na recollida selectiva o Concello esta perdendo
cartos e vez de ingresar, pois Sogama paga por Tm de
recollida selectiva, e eses cartos que se perden
dende hai semanas,poderíanse descontar da factura de
residuos orgánicos, xa que nese caso o que paga e o
Concello por Tm entregada.
Wifi da Biblioteca
Pública
Por outra banda o PSdeG de Cerdido pediu
información o Concello por enesima vez, sobre a non
operatividade do wifi da Bilioteca Pública xa que
segundo o Concello e un problema da Consellería de
Cultura que non aporta os cartos para facelo
operativo.
Os Socialistas non entenden como
estando instalada a antena e finalizada a instalación
o wifi leva máis de un ano inoperativo e sospeitan da
apatía do Grupo de Goberno para solucionar este tema
e para facilitar o acceso os veciños as novas
tecnoloxías.Afirmación que ben avalada pola redución
do horario de apertura do aula de informática que
actualmente só abre tres días a semana de 16:30 a
18:30.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 23 de Xaneiro
de 2008
Asdo.PSdeG Cerdido
O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia que o Concello pretende cerrar a Piscina Municipal os meses de Decembro e Xaneiro.
O Concello de Cerdido
pretende cerrar a Piscina Municipal climatizada da
Area recreativa do Castro durante os meses de Nadal e
Xaneiro “argumentando” que se trata de
unha medida de “aforro enerxético” xa que
durante eses meses vai máis frío e aumenta o consumo
de combustible(gasoil) por mor dos sistemas de
calefacción.
Os Socialistas censuran esta medida inédita, (e a
primeira vez que se fai) e creen que non esta
xustificada; pois o argumento de o baixo numero de
usuarios non e de recibo, xa que moitos nenos e
adultos perderan días de cursos de natación e baños
libres; ademais nesas datas de Nadal os negocios de
turismo rural esperase que teñan unha alta ocupación
e os turistas e visitantes veranse prexudicados o
desaparecer unha das poucas ofertas de lecer que hai
no Concello; pero sen dúbida os máis prexudicados
serán os propios veciños que ven como a escaseza de
recursos do Concello supón para eles un agravio
comparativo con respecto a outros Concellos da
Comarca.
Para o PSdeG estes recortes non son o modo máis
axeitado de lograr un balance económico positivo para
o Concello.
Os Socialistas tamén lembran que o Concello gobernado
polo PP e coa actual Alcaldesa de nº2, non pideu
subvención a Deputación para a instalación de paneis
fotovoltaicos que complementaran o aporte de enerxia
para a climatización da piscina e naquel entón
cualificaron os Grupos da oposición de inxenuos por
reclamar estas melloras.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 14 de Novembro
de 2007
Asdo.PSdeG_PSOE CERDIDO
O PSdeG-PSOE de Cerdido agradece o compromiso da Consellería de Política Territorial para implantar no Concello o transporte compartido (Test+Bus).
Os Socialistas de
Cerdido lembran que xa foran eles os que transmitiran
o anterior Delegado a posibilidade de incluír a
Cerdido neste programa experimental,dada a súa
dispersión poboacinoal e tendo en conta que moita
xente pode atopar unha opción interesante o
aproveitar este servizo para desprazarse a facer
xestións.Nunha entrevista co actual Delegado Alberto
González este xa lles transmitiu o compromiso da
Consellería por dotar deste servizo a Cerdido.O
servizo comezou este Luns con cinco rutas que
permitiran os veciños tanto desprazarse entre paradas
como acudir o centro administrativo do Concello en
Felgosas(A Barqueira) polo módico prezo de un euro
viaxe.
Os Socialistas esperan agora que o servizo sexa
difundido tanto polo Concello,Xunta e empresa (Autos
Paco) para aproveitar o máximo esta oportunidade de
contribuír con esta experiencia novidosa, a mellora
da mobilidade e o transporte dos veciños que tan
necesaria se fai no mundo rural debido a escaseza de
servizos.
Vixiancia das obras de mellora capa rodadura AC862
Por outra banda os socialistas transmitiron o
Delegado da CPOTOP Alberto González as demandas dos
veciños de Felgosas con respecto a recollida de
pluviais da AC 862 e vixiaran que se minimice o
impacto destas obras no frente das vivendas.
Agradecendo a súa difusión. Cerdido a 23 de Outubro
de 2007
Asdo. PSdeG-PSOE de Cerdido
O PSdeG –PSOE de Cerdido abstivose na votación para a petición dun crédito a curto prazo no Pleno extraordinario celebrado este mércores 26 de Setembro.
Os socialistas de
Cerdido abstivéronse nas votacións das tres propostas
da Alcaldía,xustificando o voto no punto de
aprobación de un crédito a curto prazo(foi aprobado
cos votos de PP e BNG) en que as xustificacións da
Alcaldesa dos escasos recursos económicos do Concello
fan recorrer un ano máis o Concello a pedir un
préstamo a curto prazo ; son para os socialistas
insuficientes e poden agachar unha falta de previsión
por parte do PP.Tamén se abstiveron os socialistas no
punto de modificación do IBI de rústica por
considerar que suporá un desconcerto para os veciños
dado que o Concello o suprimiu o ano pasado nas
fincas que non chegaran a dous euros si prever que o
frazonamento de fincas no Concello de Cerdido que ten
máis de un 80% da superficie rústica e carece de
concentración parcelaria ía a supoñer unha perda de
ingresos de 12.000€uros anuais.Segundo o PP a
maioría dos veciños acudiu o Concello a ver por que
non lles viña o “recibo” co que e de
esperar que agora coa nova imposición e suba no tanto
porcento o desconcerto medre.Para os socialistas isto
non ven máis que a demostrar a permanente
improvisación do PP que nestes cen primeiros días de
goberno adicouse a desfacer proxectos da anterior
lexislatura.Por ultimo aprobouse o novo prego de
condicións de explotación da casa rural de Finca
cabaneiro aumentando o período de explotación dende
os cinco anos os quince prorrogables cun canon anual
revisable de 7500€uros.
Agradecendo a súa difusión. Cerdido a 27 de Setembro
de 2007
Asdo. PSdeG-PSOE de Cerdido
Os Socialistas de Cerdido valoran positivimamente a inclusión dos representantes da oposición na mesa de contratación de obras.
Dende o PSdeG de
Cerdido valorase coma un “pequeno” cambio
de rumbo que por primeira vez na historia
“democrática” do Concello na mesa de
contratación haxa un representante do PSdeG e outro
do BNG.Hai que lembrar que esta era unha antiga
demanda dos grupos da oposición no seu intento por
democratizar o Concello e facelo máis transparente e
así se aprobou no Pleno celebrado este pasado Luns 2
de Xullo.Os Socialistas agora esperan que se permita
participar os grupos da oposición nas mesas de
selección de persoal laboral do Concello, pois e
tamén unha reclamación que veñen facendo dende hai
tempo e que permitiría que nestes procesos se
espetaron os principios de igualdade, mérito e
capacidade.
O Pleno do pasado Luns tamén aprobou cos votos do a
favor do Grupo de Goberno(PP) a periodicidade das
sesións que serán de caracter bimensual, dende a
oposición propóñase facer un Pleno cada mes pois así
debateríanse moito mellor os asuntos e mocións de
actualidade, dando voz os grupos da oposición, pois
nos Plenos de caracter extraordinario non hai rogos e
preguntas.
Grupo Municipal
Socialista CERDIDO
e-mail:
psoecerdido@terra.es ::
Tlf.: 696149363
Acto en Cerdido Xoves 17 de Maio.
Charla informativa Lei
de Dependencia
Data: Xoves 17 de Maio
Lugar: Casa de Cultura (A Barqueira) Cerdido
Hora: 20:00 horas. Interveñen:
Benigno Galego (Candidato a Alcaldía de
Cerdido)
e
Beatriz Sestayo (Deputada
Autonómica)
Actos en Cerdido.
Charla: Infrestructuras en Cerdido e VAC do Ortegal.
Interveñen:
Cándido Prieto Lago (Nº2 PSdeG-PSOE de Cerdido)
Jacinto Parga Fernández (Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial)
Benigno Galego Castro (Candidato do PSdeG-PSOE a Alcaldía de Cerdido)
Os Socialistas critican a utilización electoralista que fai o Concello de obras subvencionadas pola Deputación.
O PSdeG de Cerdido
denuncia que o Grupo de Goberno (PP) fai unha
utilización electoralista das obras subvencionadas
pola Deputación.En concreto tratase de unha obra de
mellora de accesibilidade e eliminación de barreiras
arquitectónicas subvencionada pola Deputación con
12.000€uros, na que o PP non menciona para nada
a colaboración da Deputación e no cartel de obra nin
sequera figura o Orzamento; iso si utilizan o seu
lema de campaña “traballando para
todos”.O PsdeG de Cerdido lembra que foron eles
os que instaron o Grupo de Goberno a mellorar a
accesibilidade da Casa de Cultura.

Agradecendo a súa
difusión. Cerdido a 5 de Maio de 2007
Asdo: Cándido Prieto Lago (Concelleiro-Voceiro do
PSdeG de Cerdido)
O PSOE oponse ao plan municipal para construir na antiga escola dos Casás dúas vivendas de 52 metros cadrados.

Cerdido, 01 de maio de 2007.
O candidato do
PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido, Benigno Galego, e o
portavoz municipal socialista e número dous da lista
electoral, Cándido Prieto, censuraron hoxe a proposta
da Alcaldía de empregar os recursos do Plan de
Cooperación da Deputación provincial de A Coruña
destinados á rehabilitación da antiga escola dos
Casás para construír dúas vivendas na parte alta
cunha superficie útil de 52 metros cadrados. Unha
proba do escaso espazo apréciase, segundo os
socialistas, nos dormitorios, de 10 e 7,16 metros
cadrados.
Deste xeito, o PSdeG-PSOE de Cerdido votou en contra
desta iniciativa no pleno celebrado onte por entender
que o grupo de goberno pretende xustificar catro anos
de mandato estéril con dúas vivendas
“indignas” e nun lugar pouco axeitado. Ao
respecto, lembran que a parte baixa do inmoble
destinaráse a local social, un fin que os socialistas
defenden para todo o edificio. Así as cousas, Benigno
Galego explica que o PSdeG propoñía que o Concello
rehabilitase toda a superficie dispoñible para uso e
disfrute dos veciños. Asemade e ó non ter reservado
ningún terreo para tal fin no Plan Xeral de Ordeación
Municipal, defendía a súa adquisición para destinalos
á construcción de vivenda social digna con alomenos
85 metros cadrados.
Para os socialistas, a improvisación do PP é tal que
nin sequera ten pensado o réxime no que sacalas a
concurso: venda ou aluguer. A resposta que recibiu o
PSOE a este respecto foi que “xa se
mirará”. Palabras literais da alcaldesa,
segundo Cándido Prieto. En contrapartida e de gañar a
confianza dos seus veciños, Benigno Galego asegurou
que tratará de chegar a acordos co Instituto Galego
de Vivenda e Solo (IGVS) para cederlle terreos e
construír vivenda digna.
No pleno de onte, tamén se deu conta da liquidación
do exercicio económico de 2006, quedando este cunha
débeda de 119.119 euros. Circunstancia que para os
socialistas era previsible dada a carencia de
recursos do Concello. Prieto apuntou que esta
situación, ligada á nula capacidade e pésima xestión
do PP, produce estes resultados.
Por último, os socialistas aproveitaron o turno de
preguntas para interesarse sobre se o Concello ía
dispor dalgunha cuadrilla contraincendios este ano.
Unha iniciativa especialmente importante xa que o
municipio non está incluído como zona de risco na
clasificación da Consellería de Medio Rural. A
resposta do grupo de goberno foi que non conta con
medios económicos para tal obxectivo, así como que
barallaba a posibilidade de que Promacer (a
asociación de productores de madeira de Cerdido) se
encargase da vixiancia con voluntarios.
Saúdos; prensa
PSdeG-PSOE
Os socialistas de Cerdido instan ao goberno municipal a reactivar o Plan de Igualdade.
O portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Cerdido, Cándido Prieto, demandou ao goberno local que reactive o Plan de Igualdade xa que non cumpriu as expectativas xeradas nin por orzamento nin por resultados. O socialista xustifica a súa valoración no feito de que non se potenciou, nin dende logo se favoreceu, o movemento asociativo da muller. E, proba disto, apuntou que nos orzamentos de 2007, no apartado de subvencións a asociacións, a única entidade de mulleres rurais existente no Concello non recibiu nin un só euro, quedando totalmente discriminada e esquecida por parte do PP aínda contando cunha muller como alcaldesa.
Asemade, Cándido Prieto
critica que na área de formación se están a impartir
cursos que aínda que axudan á integración laboral da
muller, non fomentan unha igualdade real, posto que
seguen adaptándose aos “clichés” típicos
que transmiten a imaxe dunha muller ao coidado dos
anciáns, encargada de facer o xantar e a prancha.
Como exemplos, Prieto cita os últimos cursos
ofertados deste Plan de Igualdade: axudante de
cociña, auxiliar de axuda a domicilio e corte e
confección.
Respecto á implicación dos nenos en idade escolar, o
portavoz municipal socialista recoñece que nalgúns
casos se cumpriron obxectivos, aínda que o fracaso
noutros é latente, como no fomento do deporte
feminino. Por último, os socialistas conclúen
lamentando que se suspendese o servizo de
asesoramento xurídico da muller, así como que non se
incluíra a perspectiva de xénero nos orzamentos
locais a fin de aproximar as políticas de gasto ás
necesidades de poboación maioritariamente feminina.
O PSOE votará en contra dos orzamentos para o 2007 por situar a Cerdido á cola dos concellos da comarca.
O portavoz do grupo
municipal socialista en Cerdido, Cándido Prieto,
anunciou hoxe que o seu partido votará en contra dos
orzamentos para o 2007 durante o pleno ordinario que
se celebrará este mércores. Prieto xustifica esta
decisión en que o documento a debatir, que os grupos
da oposición recibiron a pasada semana, “non
aporta nada novo e supón unha clara involución con
respecto a anteriores contas”. Explica que o
presuposto para este ano ascende a 1.031.319,59
euros, 200.000 menos que para o 2006. Unha cantidade
que, para os socialistas, implica que Cerdido queda á
cola dos concellos de Ferrolterra e Ortegal en
recursos económicos. “En boa parte
–apunta Cándido Prieto- como consecuencia da
nefasta xestión do grupo de goberno á hora de
negociar diante doutras administracións, deixando
escapar moitas veces recursos e subvencións”.
Para o PSdeG de Cerdido, a memoria da Alcaldía
lamentándose de que os ingresos son poucos, e
culpando a Deputación de non cobrar o IBI de rústica
ás fincas pequenas con contribución menor nun
Concello coma o de Cerdido, cun minifundismo notable
por carecer de concentración parcelaria, non son máis
que “desculpas de mal pagador”. Lembra
que décadas atrás, cando se intentou facer a
concentración parcelaria foi o anterior alcalde,
tamén do PP, e algún concelleiro os que puxeron aos
veciños en “pé de guerra contra os
técnicos”. A conclusión, para Prieto:
“Quen sembra ventos recolle tempestades”.
Asemade, o socialista censura que dende a Alcaldía
tamén se atribúa ao incremento das tarifas eléctricas
e á suba de carburantes un significativo aumento dos
gastos cando aínda faltan moitos lugares do Concello
sen un alumeado público en condicións.
Soldos para
alcalde e concelleiros
O PSdeG de Cerdido
tamén se sorprende pola decisión do PP de reservar
unha partida de 20.000 euros para altos cargos, o que
supón que por primeira vez na historia da democracia
no Concello de Cerdido un rexidor ou edil, unha vez o
aprobe o pleno, percibirá un soldo. En canto ás
expectativas de ingresos, lamenta que non se
cumpriran no que respecta ao imposto de construccións
a pesar de estar aprobado o PXMOU.
Así as cousas, para os socialistas de Cerdido estes
últimos catro anos de lexislatura foron a
confirmación de que o PP presenta un proxecto
esgotado e que nin sequera foi quen de cumprir as
súas promesas electorais, coma a construcción dun
parque eólico singular, o acondicionamento mediante
asfaltado dos accesos e frentes de tódalas vivendas
do Concello, a construcción dunha residencia de
acollida e de rutas de senderismo, a rehabilitación
de antigos muíños, etc.., promesas que figuran por
escrito nunha carta enviada a todolos veciños.
Saúdos; prensa PSdeG-PSOE
Benigno Galego Castro será o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido.
Begnino Galego Castro
será o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido
nas vindeiras eleccións municipais. Así o decidiron
en Asamblea os militantes socialistas, que
respaldaron a candidatura de Galego Castro por
unanimidade. Será a segunda vez consecutiva que
Benigno Galego, que exerce como funcionario do
Ministerio de Defensa, encabece a lista do PSdeG-PSOE
de Cerdido. De feito, nos pasados comicios locais e
tras saír elixido concelleiro viuse obrigado a
renunciar ao cargo a mediados de lexislatura ao ser
trasladado temporalmente a San Fernando (Cádiz).
Entón sustituino Cándido Prieto, actual secretario
xeral da agrupación socialista.
O xa candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido
destacou o traballo feito por toda a militancia e
agradeceu o seu esforzo e a confianza que nel
depositaron. Asemade, definiu como un dos principais
obxectivos do partido medrar en votos para acadar en
Cerdido un goberno progresista e de esquerdas que
poña fin á ineficaz xestión dos populares ao fronte
do Concello e posibilite sacar adiante proxectos
prioritarios coma o desenrolo do polígono industrial.
Unha das iniciativas que, na opinión de Benigno
Galego, permitirá fixar poboación na localidade e
frear a “alarmante” sangría poboacional
que se vén producindo nos últimos decenios.
Nesta liña, Galego Castro subliñou que outra das
prioridades dos socialistas será impulsar a
participación cidadá e democratizar a institución
municipal. Para concluír, apuntou que presentará unha
lista onde se combinará xuventude e experiencia
ademáis dun proxecto ilusionante para a cidadanía.
Saúdos; prensa PSdeG-PSOE
Política Territorial reforzará o firme da estrada AC-110 entre Felgosas e Espiñaredo a instancias do PSOE.
O voceiro dos
socialistas de Cerdido, Cándido Prieto, informou que
a actuación suporá un investimento duns 488.500
euros.
Cerdido,
11 de xaneiro de 2007.
O portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE de
Cerdido, Cándido Prieto, indicou hoxe que a
Delegación provincial de Política Territorial
destinará máis de 488.000 euros ás obras para
reforzar o firme e instalar sinalización horizontal e
vertical na estrada AC-110, entre Felgosas e
Espiñaredo. Concretamente, dende o punto kilométrico
10,36 ata o 14,38 e dende o 15,58 ata o 17,05. Prieto
indicou que esta actuación terá un prazo de execución
de tres meses e mellorará significativamente a
seguridade do vial sinalado.
Política Territorial respostou favorablemente á
demanda dos socialistas, que en xuño pasado
mantiveran unha entrevista co delegado provincial,
Jacinto Parga, na que lle expuxeron a necesidade de
acometer a actuación sinalada. E, onte mesmo,
recibiron a confirmación telefónica por parte do
responsable autonómico.
Asemade, o voceiro do grupo municipal socialista
avanzou que, durante esta última conversa que mantivo
con Parga, pediulle a instalación dun paso de peóns
no núcleo de Avispeira. Unha petición que xa
trasladara á alcaldesa do municipio. Pola súa banda,
o delegado provincial mostrouse receptivo a asumir a
iniciativa, aínda que puntualizou que neste caso
tería que ser a rexidora quen cursara a solicitude.
(*) Adxuntamos fotografía da reunión que en xuño
mantiveron os socialistas Benigno Galego e Cándido
Prieto co delegado Jacinto Parga.
Saúdos; prensa PSdeG-PSOE
O PSOE pide un pleno extraordinario para que a alcaldesa explique os proxectos sobre o futuro polígono industrial.
Cándido Prieto presentou a
solicitude por rexistro ante as dificultades dos
grupos da oposición para recibir información do
equipo de goberno.
Cerdido,
14 de decembro de 2006.
O portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE de
Cerdido, Cándido Prieto, demandou á alcaldesa da
localidade, a popular Ana Rodríguez, a convocatoria
dun pleno extraordinario para darlle a oportunidade
de que explique aos partidos da oposición os
proxectos que baralla o grupo de goberno para a
urbanización do futuro polígono industrial por parte
dunha empresa privada. Os socialistas, que onte
presentaron a súa petición por rexistro en base á
lexislación vixente, cren necesaria a comparecencia
da rexidora en pleno extraordinario ante a absoluta
falta de información por parte do equipo de goberno
sobre os pasos que está a dar nun eido que consideran
vital para o desenvolvemento do municipio.

Así as cousas, Cándido Prieto reclama as explicacións
en pleno dos últimos avances producidos e que se lles
facilite a tódolos grupos os datos dispoñibles ata o
momento. Neste senso, lembra que a alcaldesa só
invitou aos partidos da oposición á primeira reunión
celebrada cos afectados e donos de terreos. Nese
primeiro e último encontro, Ana Rodríguez limitouse a
pór de manifesto o interese dunha empresa privada en
urbanizar as parcelas para a creación dun parque
empresarial. Nesta liña, o grupo municipal do
PSdeG-PSOE asegura que a partires desa data o equipo
de goberno non volveu dar conta algunha dos
proxectos, a pesares de que a rexidora continúa
programando entrevistas cos propietarios.
Polo exposto, os socialistas consideran que o PP debe
pensar que calquer intento de fiscalización por parte
daoposición resulta unha molestia. Unha actitude e
actuación que fai despertar a preocupación do PSdeG
de Cerdido sobre a existenza de intereses
“opacos” e electoralistas ó redor do
asunto.
Saúdos; prensa PSdeG-PSOE Cerdido.
O PSOE reclama ao Concello que repare as cubertas do pabillón de deportes para evitar as filtracións de auga.
Afirma que
pista e vestiarios quedaron anegados tralas últimas
choivas, poñendo en perigo aos nenos que utilizan a
infraestructura.
O portavoz
do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Cerdido, Cándido
Prieto, alertou hoxe dos perigos que para os usuarios
e, en especial para os alumnos do colexio público,
entraña a utilización das instalacións do pabillón
municipal de deportes ubicado na Barqueira a raíz dos
buracos nas cubertas e da súa precaria
impermeabilización. Explicou que as choivas caídas
nas últimas semanas puxeron de relieve máis se cabe
as deficiencias da infraestructura, denunciadas dende
a súa construcción polos socialistas de Cerdido.
Resultado: pista e vestiarios anegados e formación de
bolsas de auga en distintos puntos das instalacións.
Cándido Prieto subliñou que nenos do CEIP de A
Barqueira, que empregan o pabillón durante todo o
curso para facer ximnasia, sufriron máis dunha caída
nos últimos días como consecuencia desta situación
que, de momento e por sorte, non deixou máis que
avisos. Para os socialistas de Cerdido, as
filtracións de auga son achacables á auténtica
chapuza que se fixo ao construir estas instalacións
sobre unha ladeira e, a maiores, cunha
impermeabilización a todas luces insuficiente. Neste
punto, lembran que na fase de construcción xa se
produciron problemas ao caer un muro de contención.
Por todo isto, o PSdeG-PSOE insta ao Concello a
reservar algunha partida presupostaria para o
vindeiro ano coa que facer fronte a este problema e,
ao mesmo tempo, tratar de captar axudas económicas
procedentes doutras administracións coma a Xunta e a
Deputación provincial. Por último, Prieto conclúe
que, á par que busca financiación para acometer estas
obras, podería facer o mesmo para solventar a
carencia de aparellos de ximnasia ou mellorar os
espazos dos vestiarios.
Saúdos; prensa PSdeG-PSOE
O PSOE urxe ó Concello a resolver os problemas de conexión a Internet na aula municipal de informática.
Os socialistas demandan ampliar os horarios destas instalacións e da biblioteca máis aló das nove horas semanais.
Cerdido, 18 de novembro de 2006.
O portavoz do PSdeG-PSOE de Cerdido, Cándido Prieto, instou ó equipo de goberno a buscar unha solución urxente ao deficiente servizo que ofrece a aula municipal de informática ubicada na Casa da Cultura de A Barqueira. Os socialistas explican que os usuarios apenas poden acceder a Internet polos constantes fallos que, segundo admite o Concello, se producen no router, así como pola lentitude coa que se establece a conexión. Asemade, denuncian que, a pesares de contar coa instalación do wifi, aínda non está operativo. Resultado: os veciños de Cerdido teñen serias dificultades para navegar pola Rede ata coa última tecnoloxía aplicada.
Os socialistas de Cerdido tamén insisten en solicitar do Concello a ampliación dos horarios e días de apertura destas instalacións e da biblioteca pública máis aló das nove horas semanais, repartidas entre os luns, mércores e venres. A proposta do PSdeG-PSOE pasaría por habilitar máis horas durante as xornadas laborais, pero tamén permitir o uso das infraestructuras os sábados polas mañás, a única posibilidade que teñen moitos veciños de Cerdido para disfrutar das mesmas ó traballar por semana.
As novas tecnoloxías no rural.
A pesares de que os socialistas plantexaron esta posibilidade en reiteradas ocasións obtendo a negativa do equipo de goberno por resposta, esperan que recapacite e acceda a propiciar esta ampliación de horarios e a corrixir as deficiencias da aula de informática. Ata ese momento, ao PSdeG-PSOE non lle queda máis remedio que lamentar que o esforzo inversor da Deputación por achegar as novas tecnoloxías ao rural caera en saco baldeiro en concellos coma Cerdido, onde non parece ser esta unha prioridade do actual goberno.
Saúdos; prensa PSdeG-PSOE Cerdido.
O PSOE censura a negativa do Concello a solicitar unha subvención para adquirir un todoterreo contraincendios.
O voceiro do grupo municipal do
PSdeG-PSOE de Cerdido, Cándido Prieto, censurou hoxe
a negativa da alcaldesa da localidade, a popular Ana
Rodríguez, e do seu equipo de goberno, a solicitar
unha subvención de 50.000 euros con cargo á
Consellería de Presidencia para a adquisición dun
vehículo todoterreo contraincendios, con capacidade
para transportar a seis persoas e dotado dunha cuba
de cincocentos litros.
Durante o pleno celebrado onte á tarde na
corporación, Cándido Prieto interpelou á rexidora
sobre esta cuestión, xa que durante a recente visita
da delegada provincial de Presidencia, Esther
González, abordárase a posible concesión da citada
axuda económica. Unha iniciativa respaldada polos
socialistas en base á importante masa forestal do
municipio e da utilidade do vehículo para tarefas de
vixiancia e de desprazamento dos membros da
cuadrilla.
Nembargantes, Rodríguez e o resto de concelleiros
populares desbotaron a adquisición deste todoterreo
contraincendios argumentando que o Concello non pode
permitirse pór os 16.000 euros complementarios á
subvención, unha estimación que resulta trala
consulta dos presupostos solicitados a distintos
proveedores.
Vixiancia veciñal.
Os socialistas de Cerdido consideran que a desculpa
dos cartos non é máis que un argumento
“peregrino”, polo que cren que esta é
unha oportunidade perdida tendo en conta que é
probable que non volva haber outra convocatoria
similar, e que incluso o vehículo serviría para, nun
futuro, planificar a vixiancia dos montes, que ata o
dagora fan os veciños nos seus propios turismos.
No mesmo pleno pero en outro orde de cousas, os
socialistas tamén solicitaron a apertura da aula de
informática e a biblioteca os sábados polas mañas, xa
que na actualidade somentes está a diposición do
público en horario de 16:30 a 17:30 horas tres días á
semana.
Cerdido conta dende onte con un Punto de Información Telemático do Servicio Galego de Colocación.
No día de onte instalouse en
Cerdido un punto telemático do Servicio Galego de
Colocación.Os Socialistas felicítanse pola
instalación de este Punto que permitira os veciños
renovar dixitalmente as demandas de emprego sen ter
que acudir a oficina de As Pontes, e o mesmo tempo
consultar ofertas de emprego e paxinas web da
administración.

Os Socialistas xa solicitaran en Pleno a instalación
de este Punto, que foi aprobada por tódalas forzas
políticas, e o mesmo tempo xestionaron ante a
Consellería de Traballo a instalación de dito Punto
obtendo o compromiso do Conselleiro de Traballo
Ricardo Varela e da Delegada Provincial María Debén
de que Cerdido contaría con este servicio que sen
dúbida vira a mellorar a calidade de vida de os
veciños.
O mesmo tempo onte trala visita institucional da
Delegada da Consellería de Presidencia Esther
González Saavedra os Socialistas mantiveron unha
reunión na que lle solicitaron que unha vez que o
Concello firme a adhesión o portal Eido local da
Administración(compromiso adquirido pola Alcaldesa na
reunión coa Delegada), se poida contar coa ventanilla
única da Xunta de Galicia permitindo así os veciños
entregar por rexistro a documentación sen ter que
desprazarse a Ferrol.
O PSdeG de Cerdido en colaboración coa Administración
esta conseguindo en pouco tempo melloras que sen
dubida redundaran na calidade de vida dos veciños e o
mesmo tempo suporán un salto cualitativo cara a
modernidade dos servicios ofrecidos polo Concello.Hai
que lembrar que O PSdeG de Cerdido marcouse coma un
dos seus obxectivos conseguir servicios básicos coma
Cita Previa e Sintrom no Centro de Saúde, Punto de
Información do Servicio galego de Colocación, Portelo
Único, etc... e estaos a conseguir coa colaboración
da Xunta de Galicia.
Agradecendo a súa difusión.
Cerdido a 13 de Setembro de 2006
Asdo. PSdeG-PSOE de Cerdido.
O PSdeG-PSOE de Cerdido pedira explicacións a Alcaldesa de Cerdido polo peche da piscina municipal en Plena temporada estival.
O PSdeG de Cerdido non se explica
senón pola desidia e desgoberno que esta a sufrir o
Concello en mans dos populares, que en plena época
estival a piscina municipal situada na area
recreativa de O castro permaneza pechada o publico.
O PSdeG atribúe a un cúmulo de despropósitos este
peche, pois primeiro segundo o Concello debeuse a
aplicación de un tratamentocontra a lexionela, cousa
que se puido ter feito no inverno e agora parece ser
que non hai socorristas, pois algún dos contratados
atopou outro traballo. Para o PSdeG isto non ben a
ser mais que a confirmación unha vez mais da
inoperatividade do goberno municipal que priva a
veciños e visitantes de unha actividade de lecer das
poucas que dispoñían en pleno mes de Agosto.
Agradecendo a súa difusión.
Cerdido a 11 de Agosto de 2006
Asdo. PSdeG-PSOE de Cerdido
O Concelleiro Socialista de Cerdido, Cándido Prieto entrevistouse co Delegado Provincial de Medio Ambiente Manuel Tajes Gómez para tratar diversos temas relacionados co Concello.
Os Socialistas acudían a esta
reunión hoxe, como paso previo a entrevista que
esperan manter co Conselleiro de Medio Ambiente
Manuel Vázquez. Nesta reunión celebrada hoxe o
Concelleiro Socialista transmitiulle o Delegado
Provincial a preocupación dos socialistas pola
situación do PXMOU de Cerdido que esta pendente de
aprobación pola Consellería de Política Territorial e
que agora o cumprimento de unha directiva da UE
obriga a revisar os Plans de Urbanismo en materia
Medioambiental (sistemas de depuración de augas
residuais,etc..). O Delegado respostou que dende este
momento están a traballar dez técnicos contratados
expresamente para esta tarefa na revisión dos Plans,
de todas formas indicou tamén que aínda que se pode
retrasar a aprobación definitiva do Plan o documento
de Cerdido non presenta en principio grandes
problemas coma o de cidades e vilas de máis entidade
poboacional, todo dependera do funcionamento e
mantemento do sistema Municipal de fosas sépticas
empregado neste Concello debido a dispersión dos
núcleos de poboación.

Outra preocupación que lle transmitiron os
Socialistas e o problema denunciado continuamente
polos agricultores sobre os danos producidos polos
xabarís nos cultivos, tendo en conta que este e un
dos Concellos máis afectados do Ortegal, o delegado
provincial confirmou que tralas reunións mantidas con
cazadores e sindicatos agrarios acordouse axilizar os
pagos e poñer a disposición dos afectados os técnicos
de medio ambiente para realizar informes de
certificación dos danos. Outra novidade para este ano
e que a Consellería non so vai conceder axudas para
pastores eléctricos, senón que dependendo da zona
tamén se subvencionaran redes ou outros métodos que
os agricultores consideren mais axeitados. O Delegado
instou os agricultores que sufran os danos que chamen
canto antes para que se poida facer unha verificación
e informe de ditos danos co fin de empezar a pagar
canto antes as indemnizacións.
Os Socialistas de Cerdido tamén lamentan que dende o
Concello gobernado polo PP non se solicitaran
contenedores de recollida de lixo dende o ano 2004
onde tan só se solicitaron dez de xenéricos, catro de
papel e vinte amarelos.
Agradecendo a súa difusión.
Cerdido a 4 de Agosto de 2006
Asdo. PSdeG-PSOE de Cerdido.
Os Socialistas de Cerdido entrevistaronse onte, día 29 de xuño, co Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial, Jacinto Parga.
Os Socialistas Benigno Galego e
Cándido Prieto mantiveron unha reunión no día de onte
na Delegación Provincial da consellería de Política
Territorial co Delegado Jacinto Parga, para abordar
diversos temas de interese para o Concello de
Cerdido.
Os Socialistas saíron satisfeitos
da reunión pola receptividade amosada polo Delegado
Provincial en temas cruciais para o Concello, un dos
compromisos que lles transmitiu o Delegado foi a
inminente resolución da aprobación por parte da Xunta
do PXMOU de Cerdido(un par de semanas).
Tamén lles confirmou a construción do enlace de
Felgosas na futura VAC do Ortegal, punto este crucial
para o PSdeG de Cerdido edemais partidos da
corporación, pois permitira no futuro a conexión coa
zona prevista de solo industrial de Carracedo que
será sen dubida un aliciente para as empresas
interesadas en asentarse no Concello de cara a
construción de un Polígono industrial.
O Delegado Provincial tamén se comprometeu a estudar
a dotación de firme antideslizante e mellora dos
peraltes na AC862 no tramo comprendido entre Ponte
das Barbelas e Alto de Sete debido as numerosas
saídas de vía que alí se producen.
|
Agradecendo a súa difusión.
|
O Pleno do Concello de Cerdido debatirá hoxe as 20:00 a aprobación de petición de un crédito a curto prazo por importe de 207.000 €
O Pleno do Concello de Cerdido
debaterá hoxe entre outros asuntos a contratación de
un crédito a curto prazo(1 ano) por importe de
207.000 Euros co Banco Gallego, por ser a entidade
financeira que presentou a mellor oferta, para cubrir
os desfases de tesourería producidos polos futuros
pagos das certificacións de obra da praza posterior o
Centro de saúde e casa de turismo rural promovida
polo Concello en finca Cabaneiro.
Para o PSdeG de Cerdido isto non ben máis que a
demostrar a improvisación coa que se elabora o
documento dos Orzamentos pois osSocialistas xa
preguntarán nun Pleno sobre unha partida de 1000
Euros destinados a facer fronte os intereses de unha
posible operación de crédito e o Grupo Popular
respostou que non era necesario ese crédito polo que
o Orzamento estaba equilibrado o que ben a demostrar
agora que unha vez máis a xestión do PP basease na
improvisación permanente e na falta de un proxecto
concreto.
O pleno tamén debatera a creación de ficheiros de
datos de caracter persoal do Concello e a aprobación
inicial do seu regulamento.
Por outra banda os Socialistas de Cerdido reuniranse
maña dia 29 as 10:30 na Coruña(Delegación Provincial
da Consellería de PolíticaTerritorial) co Delegado
Provincial Jacinto Parga para solicitar a Consellería
a axilización dos tramites do PXMOU de Cerdido e
interesarse pola VAC do Ortegal o seu paso polo
Concello ademais de outros asuntos coma a posible
construcción de aceras no tramo Sur da AC862 o seu
paso por Felgosas.
Agradecendo a súa difusión
Cerdido a 28 de Xuño de 2006.
Asdo. Cándido Prieto Lago ( Voceiro do PSdeG de
Cerdido )
A Consellería de Traballo confirmou hoxe ó Grupo Municipal Socialista a próxima instalación en Cerdido de un Punto de Información do Servicio Galego de Colocación.
A Delegada Provincial da
Consellería de Traballo, María Deben confirmou hoxe
os Socialistas o compromiso firme de instalar no
Concello de Cerdido un Punto telemático de
información do Servicio Galego de Colocación.A
concesión de este Punto, que o Grupo Municipal
Socialista xa pedira en un Pleno celebrado o pasado
28 de Febreiro, ven a confirmar o compromiso e a
sensibilidade coas demandas de Cerdido que o
Conselleiro de Traballo Ricardo Varela xa transmitira
os Socialistas de Cerdido.Os Socialistas
manifestaranlle o Conselleiro a necesidade de contar
con este Punto que permitira os demandantes de
emprego o selado da tarxeta sen ter que acudir a
oficina de As Pontes,tendo en conta que moitos
demandantes son mulleres que teñen que atender a
familiares a cargo isto suporá unha sensible mellora
na calidade de vida de este colectivo.
O mesmo tempo tamén poderán consultarse na pantalla
ofertas de emprego en tempo real e consultar paxinas
web de organismos oficiais (Xunta,Deputación,
etc...).
Hai que recordar que na actualidade so hai colocados
estes Puntos nos Concellos de Narón, Cariño,
Ortigueira e As Pontes.Por outra banda os Socialistas
de Cerdido teñen previsto entrevistarse coa Delegada
da Consellería en breve para transmitirlle outras
demandas relacionadas co Concello
Agradecendo a súa difusión.
Cerdido a 6 de Xuño de 2006
Asdo.
Cándido Prieto Lago ( Voceiro do PSdeG de Cerdido
)
A Alcaldesa de Cerdido comprometeuse no último Pleno celebrado o pasado día 30 de Maio a poñer a versión en galego da páxina web do Concello.
O Grupo Municipal Socialista xa
presentara unha Moción por rexistro reclamando a
versión en galego da páxina web.
Esa Moción no fora incluída na orde do día por un
erro que recoñeceu a Alcaldesa, pero mostrou o seu
compromiso de actualizala páxina web do
Concello: www.cerdido.org
e poñer a versión en
galego.
Agradecendo a súa difusión.
Cerdido a 1 de Xuño de 2006
Asdo. Cándido Prieto Lago ( Voceiro do PSdeG de
Cerdido )
PSdeG-PSOE de Cerdido informa sobre novas axudas da Conselleria de Medio Ambiente para paliar os danos producidos polo xabarín nos cultivo.
MEDIO AMBIENTE
PAGARÁ AOS AGRICULTORES AXUDAS DIRECTAS PARA
COMPENSAR OS DANOS CAUSADOS POR XABARÍS EN CULTIVOS
DE TODA GALICIA
Galicia é a primeira comunidade autónoma que artella
unha medida destas características, que suporá cubrir
os danos na totalidade do territorio. - A orde de
axudas que está a preparar aconsellería é froito dun
acordo acadado cos cazadores, que son legalmente os
responsables de pagar eses estragos, e cos
representantes agrarios.
Santiago de
Compostela, martes, 16 de maio do 2006
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento
Sostible asumirá por primeira vez a indemnización dos
danos causados por xabarís en cultivos de toda
Galicia. O departamentoautonómico que dirixe Manuel
Vázquez chegou a un acordo cos cazadores e
osrepresentantes do agro galego para afrontar este
problema moi gravoso, como é a importante repercusión
negativa da actividade cinexética nos cultivos, e
decidiu crear unha liña de axudas públicas e directas
aos agricultores. Galicia é a primeira comunidade
autónoma que artella unha medida destas
características para compensar uns danos provocados
pola práctica da caza que, ata de agora, quedaban na
meirande parte dos casos sen indemnizar.
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza está a
rematar a redacción da orde que regulará estas novas
axudas e na que se incorporarán as propostas dos
colectivos implicados. Esta normaresponde a fonda
preocupación da Consellería de Medio Ambiente por
afrontar a importante incidencia que teñen as
poboacións de xabarís nos cultivos de Galicia, unha
comunidade onde a caza non ten unha connotación
económica como ocorre no resto de España senón
esencialmente social.
Situación actual. A Xunta de Galicia, ata de agora,
compensa só os danos producidos por xabarís en
cultivos situados en espazos protexidos, reservas de
caza e fincas cinexéticas de libre xestión, oque
representa apenas un 12% do territorio. O resto da
superficie da comunidade autónoma está acotada para a
práctica da caza.
As sociedades cinexéticas, tal como establece a Lei
de Caza de Galicia no seu artigo 23, son os que deben
responder polos estragos ocasionados polas especies
cinexéticas nos terreos que xestionan e que
representan o 88% do territorio galego. Estes danos
son moi importantes aínda que resulta difícil cifrar
a súa contía. Os cotos de caza alegan incapacidade
económica para afrontar o pagamento de indemnizacións
e os agricultores, os máis prexudicados, quedan na
meirande parte dos casos sen cobrar polas perdas que
ocasionan os xabarís, fundamentalmente en cultivos de
millo.
Nova norma. A Consellería de Medio Ambiente afronta
por primeira vez este problema co animo de que os
agricultores cobren compensacións a través dunha liña
de axudas directas que, sen descartar a
responsabilidade legal das sociedades cinexéticas,
contribuirá a reducir o custe que lles supoñen eses
danos. A Administración galega ofrece pagar todos os
danos producidos por xabarís que superen os 150 euros
e ata un máximo de 1.200 euros, unha contía mínima
que, a petición de cazadores e agricultores, está
disposta a modificar á baixa. O pagamento dos danos
inferiores a 150 euros seguirán a ser
responsabilidade dos cotos de caza.
Na negociación levada a cabo cos sectores implicados,
acordouse que a nova orde de axudas, nestes momentos
en elaboración e que terá un período de vixencia, con
carácter retroactivo do 1 de xaneiro ata o 15 de
outubro de 2006, determinaranse outros aspectos
importantes como é definir con exactitude os
agricultores que poderán beneficiarse destas
indemnizacións así como un baremo obxectivo de
compensacións. Os sindicatos agrarios presentará á
consellería unha proposta de baremo que fixe os
prezos en función dos metros cadrados de terreo
afectados e do tipo de cultivo danado.
Medio Ambiente, con esta medida, asume o esforzo
económico que suporá indemnizar os danos producidos
polos xabarís nos cultivos de toda Galicia co
compromiso dos cotos de caza de que responderán a súa
responsabilidade legal de pagar polos estragos de
menor contía. A Administración será moi rigorosa no
control e seguimento dos planes de aproveitamento
cinexético das sociedades de caza.
SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO
AMBIENTE
Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento
Sostible
Gabinete de Comunicación
Tlf: 981 541722 / 981 957493
Fax: 981 541714
prensa.cma@xunta.es
O PSdeG-PSOE de Cerdido critica a elección do modelo de farolas para a praza posterior do Centro de Saude.
O PSdeG de Cerdido califica de
despropósito a elección do modelo de farolas para a
praza posterior o Centro de Saúde. Estas farolas de
“dubidoso” gusto son máis propias para
unha nave industrial que para un espazo público que
se supón que será para disfrute de veciños e
turistas. O PSdeG de Cerdido pensa que os 230.000
€ aportados polo Agader deberían de dar para
elixir outro modelo máis clásico e acorde co medio e
a paisaxe de un Concello rural.

Para o PSdeg de Cerdido isto non ven máis que a ser
outra mostra de desidia do grupo de goberno (PP) que
fixo un proxecto sen pes nin cabeza pois o que en
principio era unha praza con aparcamento o final coas
modificacións que se fixeron do proxecto inicial nin
e praza nin e aparcamento.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 9 de Maio de
2006.
Asdo.
Cándido Prieto Lago ( Voceiro do PSdeG de Cerdido
)
O Alcalde de Cerdido Bernardino Breijo presenta a súa renuncia como Alcalde e Concelleiro no pleno do próximo xoves 27 de abril.
O PSdeG de Cerdido xa esperaba esta
noticia pois o único interes do grupo de goberno (PP)
e “colocar” como Alcaldesa a tenente de
Alcalde Ana Rodríguez de cara a súa
“promoción” persoal para as próximas
eleccións municipais, pois tratase de unha persoa
descoñecida para a gran maioría da cidadanía.
O PsdeG de Cerdido denucia que unha vez máis o PP de
Cerdido so ten intereses electoralistas en vez de
pensar en arreglar os problemas reais de Cerdido e
construír un proxecto de futuro que solucione a grave
crise de goberno que ten sumido a Cerdido nuha
situación de inmobilismo e continuidade dun proxecto
esgotado e sen proxeción de futuro.
O principal problema de Cerdido para o PSdeG e que os
dirixentes do PP de este Concello atópanse na
actualidade sen rumbo nin proxectos e o único o que
se adican e a tratar de solucionar o problema da
“sucesión” de Bernardino co único fin de
conservar o poder atoda costa sen importarlles para
nada os problemas da cidadanía.
Para o PSdeG de Cerdido a xestión do Alcalde nos
últimos tempos caracterizouse principalmente poa súa
falta de dialogo cos grupos da oposición e incluso
cos seus propios Concelleiros exercendo o poder de
unha forma dictatorial e personalista deixando
escapar proxectos e subvencións e rexeitando de
maneira antidemocrática as propostas e mocións que
presentaban os grupos da oposición ata tal punto que
nin sequera a maioría das veces as incluía na orde do
día.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 21 de Abril de
2006.
Asdo. Cándido Prieto Lago (Concelleiro-Voceiro do
PSdeG de Cerdido)
Nota de prensa do PSdeG-PSOE de Cerdido.
O PSdeG de Cerdido votou en contra
do documento dos Orzamentos para 2006 aprobado no
Pleno celebrado onte 24 de Febreiro por consideralo
continuista, opaco e unha clara confirmación de que o
goberno municipal (PP) atopase nestes momentos
esgotado e sen rumbo nin proxecto político para
Cerdido.
O Orzamento para 2006 foi aprobado so cos votos a
favor do PP que ten a maioría absoluta exercendo unha
vez mais unha clara políticade exclusión dos grupos
da oposición cos que non se contou a hora de elaborar
o borrador. O PSdeG de Cerdido denunciaademais que o
documento lles foi entregado os grupos da oposición o
pasado Luns co que so tiveron catro días para
examinalo.
O Orzamento para 2006 é de 1.246.563,54 €uros
do cal 512.337,56 €uros corresponden a
inversións reais,327.074,70 a gastos de persoal e
377.828,45 €uros a gastos en bens correntes que
xunto cos 29.322,83 €uros de transferencias
correntes completan o orzamento de gastos.
Para o PSdeG de Cerdido resulta chocante que na
liquidación do orzamento de 2005 no mes de novembro
haxa un déficit de 126.050 €uros que segundo o
PP se equilibrou no ultimo mes do ano pasado
empezando 2006 con déficit cero algo que para o PSdeG
e pouco crible.
Por outra banda o PSdeG de Cerdido critica o discurso
catastrofista que fixo o PP de Cerdido nos últimos
tempos cos cambios de goberno en Xunta e Deputación
pois as transferencias correntes da Xunta, Deputación
e Estado aumentan respecto o 2005 en 132.435
€uros.
No Pleno tamén se aprobou por unanimidade unha
solicitude ó Ministerio de Economía e Facenda para
que manteña as funcións da administración da axencia
tributaria de Ortigueira.
O PSdeG tamén pediu o Alcalde que inicie os tramites
para solicitar a Consellería de Traballo un punto de
información do Servicio Galego de Colocación que
permita os veciños ademais de consultar as ofertas
dispoñibles, renovar as sua tarxetas de demandantes
de emprego.O PSdeG por último pediu a mellora na
sinalización de Porto-Avispeira.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 25 de Febreiro
de 2005.
Asdo. Cándido Prieto Lago (Concelleiro-Voceiro do
PSdeG de Cerdido)
Nota de prensa do PSdeG-PSOE de Cerdido.
PSdeG – PSOE de Cerdido
denuncia que o goberno local (PP) a estas alturas de
ano ainda non entregou os grupos da oposición o
avance do borrador dos Orzamentos Municipais para
2006. O PSdeG de Cerdido lamenta que por segundo ano
consecutivo o Concello non teña preparadas as contas
municipais a tempo e haiba que seguir coas contas
prorrogadas do 2005. Pero o máis grave e que o Grupo
de goberno ignore os grupos da oposición e non lles
presente un avance das contas para que poidan
examinalo en tempo e forma. O PSdeG de Cerdido esta
convencido que como xa e costume no PP se lles
entregue o borrador uns días antes do Pleno para que
non teñan tempo a examinalo detidamente.
Dende o Grupo Socialista estamos convencidos de que
agora mesmo o PP esta mais preocupado na
“sucesión” do Alcalde que en adicarse a
gobernar e proba diso e a parálise municipal que se
esta a vivir no Concello.
O PSdeG lembra que no ultimo Pleno do mes de Decembro
reclamou melloras na sinalización de Porto-Avispeira
e a Alcaldesa en funcións e os demais membros do
Grupo Popular respostaron que se ían a realizar os
traballos posto que as sinais xa estaban pedidas,
pero polo momento non se levou a cabo ningunha
actuación de unha obra que pode ser considerada
“menor” o que demostra que o PP esta
nestes momentos nunca situación de
“standby” que perxudica aos veciños e pon
nunha delicada situación o futuro do Concello.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 31 de Xaneiro
de 2006.
Asdo. Cándido Prieto Lago (Concelleiro -Voceiro PSdeG
de Cerdido)
O PSdeG de Cerdido insta o Concello a mellorar a ordenanza fiscal reguladora da taxa de recollida de lixo.
O Pleno do Concello de Cerdido
reunido hoxe Xoves 21 de Outubro aprobou por
unanimidade a modificación da Ordenanza Fiscal
reguladora das taxas de recollida de lixo.O PSdeG de
Cerdido votou a favor desta ordenanza que foi
aprobada tamén cos votos de PP e BNG aínda que coa
condición aceptada polo Alcalde a proposta socialista
de rebaixar a presión fiscal as persoas con menos
recursos pois esta ordenanza terá que ser modificada
en sucesivos períodos trala firma do convenio con
Sogama por parte do Concello.Isto suporá para os
veciños incrementos de ata o 200% na factura do lixo
algo que recoñeceu o propio Alcalde.O PSdeG de
Cerdido pretendía aplicar uns baremos como xa se esta
facendo noutros Concellos,que dependendo da renda,
patrimonio ou os membros da unidade familiar dean
unha rebaixa para as persoas con menos recursos que
puidera chegar ata o 75% aplicando así unha
verdadeira política de reducción da presión fiscal
polo menos nos impostos que son competencia do
Concello.A pesares da resistencia inicial do Alcalde
e membros do seu partido a esta proposta socialista o
final chegouse o acordo de revisar ese punto o
vindeiro ano;agora o PSdeG de Cerdido espera que o
Alcalde cumpra ese acordo e o mesmo tempo a promesa
electoral do PP de non “afogar os veciños con
impostos”.Por outra banda o PSdeG tamén instou
o Concello a mellorar o servicio co lavado e
hixienización dos contenedores algo que polo momento
vense obrigados a facer pola súa conta os veciños
para manter unhas mínimas condicións de salubridade.O
Pleno tamén aprobou por unanimidade o Plan de
investimentos Locais 2005 e Plan Xeral de Urbanismo
unha vez resoltas pola Xunta as alegacións de
particulares e grupos políticos.Para o PSdeG de
Cerdido resulta de vital importancia a axilización
dos tramites do Plan para o futuro desenrolo do
Concello; de feito o portavoz socialista Cándido
Prieto nunha reunión co Delegado Provincial da
Consellería de Política Territorial Jacinto Parga xa
lle trasladou esa demanda de axilización dos tramites
do PXMOU de Cerdido.Cerdido a 21 de Outubro de
2005.
Agradecendo a súa difusión.
Asdo. Cándido Prieto Lago(Concelleiro-Voceiro do
PSdeG de Cerdido)
Nota de prensa do PSdeG-PSOE de Cerdido.
O Pleno do Concello de Cerdido
reunido onte 31 de Agosto, ratificou a signatura do
convenio para a recollida de residuos sólidos urbáns
con SOGAMA S.A,rubricado o 20 de Xullo de 2005; cos
votos a favor dos seis concelleiros do Grupo Popular
.Tanto o PSdeG coma o BNG votaron en contra deste
convenio.O PSdeG de Cerdido opúxose a ratificación do
convenio por considerar que o PP facendo unha vez
máis gala do escurantismo e a falta de dialogo cos
grupos da oposición e incluso cos membros do seu
propio Grupo( pois algún nin sabia da firma dese
convenio, nin en que condicións se fixo) , ratificou
un contrato que en opinión do PSdeG de Cerdido suporá
unha verdadeira hipoteca a 15 anos(pois este foi o
período polo que se firmou) para tódolos veciños pois
supoñendo que nun futuro se atopen solucións
alternativas o tratamento de residuos, Cerdido terá
que seguir pagando a SOGAMA co conseguinte incremento
anual os prezos fixados por Tonelada segundo a
variación do IPC.Isto suporá para os veciños uns
incrementos na factura do lixo e para o Concello uns
gastos adicionais de aproximadamente 15.000€
que non tiña previstos o goberno Popular.Para o PSdeG
isto ven a demostrar unha vez mais que o goberno
local movese por inercias e fai da improvisación un
“modus vivendi”, pois a pregunta do
portavoz socialista sobre cantas Toneladas de
residuos se estaban recollendo semanalmente nenguen
do grupo de goberno(PP) soubo respostar.O PSdeG tamén
manifesta a súa sorpresa polas declaracións do
rexedor Bernardino Breijo de que se enterou do
comenzo dos traballos de selado do vertedoiro da
Xaneira un día que o camión do lixo se atopou coas
maquinas traballando e lle impediron descargar,algo
que para o PSdeG de Cerdido ven a confirmar unha vez
máis que o Partido Popular de Cerdido segue a velas
vir e sen enterarse nin sequera dos asuntos máis
relevantes para o Concello.
Por outra bando por cuarto Pleno consecutivo o
Alcalde non incluíu na orde do día unha Moción do
Grupo Socialista, desta volta para impulsar un pacto
Local pola integración e a convivencia, co que
perdera probablemente parte de un fondo que o Goberno
Central destina coma axuda os Concellos coa
finalidade de facilitar a integración dos
inmigrantes.O Alcalde argumentou unha vez mais que
non se acordaba de haber leido dita Moción a pesares
de ser presentada por rexistro o pasado 18 de
Xullo.Para o PSdeG isto supón unha continuidade na
politica de exclusión e rodillo que ven aplicando o
PP nos derradeiros Plenos.
Agradecendo a súa difusión , Cerdido a 1 de Setembro
de 2005
Asdo.. Cándido Prieto (Concelleiro-Voceiro do PSdeG
de Cerdido)
Comunicado de prensa do PSdeG-PSOE de Cerdido.
O PSdeG-PSOE de Cerdido presentara
diante o próximo Pleno unha Moción na que se insta o
Concello a crear o servicio de recollida de enseres e
voluminosos, para o PSdeG de Cerdido este servicio
faise moi necesario tendo en conta as queixas dos
veciños que pagan os seus impostos pola recollida de
lixo e sen embargo o carecer de Punto Limpo e o mesmo
tempo da recollida de enseres non saben o que facer
cos vellos electrodomésticos nin con outro tipo de
mobles.Este problema verase sen dúbida agravado co
peche do vertedoiro de A Xaneira previsto para
principios do 2006.O Concelleiro socialista Cándido
Prieto reuniuse onte co Alcalde para tratar de darlle
solución as demandas cidadáns pero calificou a
reunión de inútil pois as respostas do Alcalde
popular Bernardino Breijo foron insólitas, xa que
mesmo chegou a asegurar que este era un problema dos
veciños e que a única solución que vía era que se
alguén tiña unha lavadora etc... o mellor que podía
facer era desguazala ou tirala persoalmente no seu
coche(algo totalmente ilegal, pois o mesmo Alcalde
recoñeceu ter denunciado diante da Guardia Civil o
abandono de electrodomésticos no monte).Tamen o
Concelleiro socialista amosou a súa sorpresa cando o
Rexidor Local insinuou que se podía chegar a algún
“acordo económico” co servicio de
recollida de lixo para que faga un
“amaño” nestes casos.Para o PSdeG de
Cerdido estas declaracións amosan a total apatía e
incompetencia do grupo de Goberno que non soupo
xestionar cando se contratou o servicio do lixo a
recollida de enseres e o que e mais importante a
falta de interes do PP polo coidado e respecto do
Medio Ambiente; co agravante de que unha das apostas
do Grupo de goberno e o turismo rural xa que un dos
seus proxectos “estrela” e a
rehabilitación da casa de Finca Cabaneiro para
convertila nun exemplo de casa de turismo rural.O
PSdeG de Cerdido preguntase se incluira nos arredores
vellas lavadoras e neveiras coma parte da paisaxe.
Agradecendo a súa difusión.
Cerdido 31 de Maio .
Asdo.: Cándido Prieto (Concelleiro-voceiro do PSdeG
de Cerdido).
Comunicado de prensa do PSdeG-PSOE de Cerdido.
O PSdeG-PSOE de Cerdido critica a
actitude do Alcalde Bernardino Breijo (PP) que no
último Pleno Celebrado onte Xoves decidiu non incluír
pola vía de urxencia unha Moción socialista na que se
pedía o Concello que solicitase ante a Consellería de
Familia unha subvención para a contratación de un
Técnico Local de emprego(orientador laboral).O grupo
de goberno(PP) rexeitou esta Moción por non
considerar necesaria esa contratación.O PSdeG de
Cerdido propoñía a implantación do Orientador Laboral
para darlle un pulo o Plan de Igualdade receentemente
presentado polo PP.O PSdeG de Cerdido xustificaba a
contratación deste profesional debido a alta tasa de
desemprego feminino que padece Cerdido debido unhas
veces por falta de oportunidades laborais e outras
pola falla de servizos coma garderías,centros de día
etc... que impiden a muller do rural competir en
igualdade de condicións que as de outras zonas mais
desenroladas social e economicamente.O PSdeG de
Cerdido coida que se podería paliar en parte o
problema de o desemprego feminino con políticas
municipais activas de promoción do emprego e cun
asesoramento axeitado sober opcións de autoemprego e
cooperativismo.
Por outra banda no Pleno aprobouse por unanimidade o
expediente de contratación do POS do ano 2005 que
consistira na instalación de alumeado publico en
Barbelas,Lobeira ,Rioforcado e Felgosas.
No apartado de rogos e preguntas o PSdeG preguntou o
Alcalde sobor as declaracións de Manuel Fraga o
pasado 8 de Marzo en Ortigueira ,quen manifestou
coincidindo coa presentación do Centro Loxístico de
Ence “Hai muchos que no se quieren enterar los
precios[del eucalipto] han bajado porque ha aumentado
el consumo”sic.O Concelleiro socialista Cándido
Prieto preguntou o Alcalde se iba a seguir
presionando contra Ence e apoiando os maderistas ;o
que este respostou que apoiaba pero que non iba a
facer nada.O PSdeG critica duramente esta postura por
considerala demagóxica ,pois considera que ou se esta
cos pequenos productores, ou se esta con Fraga e polo
tanto con Ence.Por outra banda o Alcalde confirmoulle
o PSdeG de Cerdido o inicio dos tramites para o
selado do vertedoiro da Xaneira algo que os grupos da
oposición levaban tempo
reclamando.
Asdo.Cándido
Prieto Lago.
Concelleiro-Voceiro
do PSdeG-PSOE de Cerdido.