dic 2005
Nota de prensa.
30.12.2005 Filed in: Cedeira
Desde a Agrupación
Socialista de Cedeira vemos con confianza e ilusión o
futuro de Cedeira. O Partido Socialista está
esforzándose en crear unha nova Cedeira desde as
institucións que goberna. No 2006 tanto a Xunta de
Galicia como o Goberno de España poñerán en marcha
actuacións moi importantes na nosa vila.
En xaneiro comezarán as obras da ansiada depuradora de augas residuais (EDAR), tras un retraso ocasionado pola necesidade de efectuar un replanteo da parcela que ocupará ao lado do Punto Limpo na Xunqueira.
Neste primeiro trimestre deberán iniciarse as obras do Porto Deportivo, un porto público, aberto a todos os que desexen usalo, que fará de Cedeira un porto de atraque de recreo moi importante na costa norte e que multiplicará o seu atractivo turístico anual, no so estival.
Tamén no 2006, o Estado, a través do Ministerio de Fomento, investirá 2,5 millóns de euros no recheo da praia da Magdalena, obra prevista para o próximo inverno. Pero, de todas maneiras, Cedeira debe preocuparse ademáis por unha politica de creación de emprego industrial. Desde o Concello non se está a realizar ningún esforzo neste sentido e estase descoidando o impulso do Polígono Industrial da Trabe, parado desde hai meses, inda contando co presuposto aprobado pola Xunta. Terá que ser o Partido Socialista de Cedeira, a pesar de que non conta con representantes no Concello o que tire polo labor de inciar esta obra. O alcalde só se preocupa do que ten diante dos seus ollos: a Praza Roxa e os edificios residenciais do paseo marítimo. Cedeira é moito máis que estes dous lugares. Cedeira necesita un alcalde con visión de futuro, para unha Cedeira na que se cree emprego.
O secretario xeral da Agrupación Socialista – Xosé Manuel Suárez.