Nota de prensa do PSdeG-PSOE de Cerdido.

O PSdeG de Cerdido votou en contra do documento dos Orzamentos para 2006 aprobado no Pleno celebrado onte 24 de Febreiro por consideralo continuista, opaco e unha clara confirmación de que o goberno municipal (PP) atopase nestes momentos esgotado e sen rumbo nin proxecto político para Cerdido.

O Orzamento para 2006 foi aprobado so cos votos a favor do PP que ten a maioría absoluta exercendo unha vez mais unha clara políticade exclusión dos grupos da oposición cos que non se contou a hora de elaborar o borrador. O PSdeG de Cerdido denunciaademais que o documento lles foi entregado os grupos da oposición o pasado Luns co que so tiveron catro días para examinalo.

O Orzamento para 2006 é de 1.246.563,54 €uros do cal 512.337,56 €uros corresponden a inversións reais,327.074,70 a gastos de persoal e 377.828,45 €uros a gastos en bens correntes que xunto cos 29.322,83 €uros de transferencias correntes completan o orzamento de gastos.

Para o PSdeG de Cerdido resulta chocante que na liquidación do orzamento de 2005 no mes de novembro haxa un déficit de 126.050 €uros que segundo o PP se equilibrou no ultimo mes do ano pasado empezando 2006 con déficit cero algo que para o PSdeG e pouco crible.

Por outra banda o PSdeG de Cerdido critica o discurso catastrofista que fixo o PP de Cerdido nos últimos tempos cos cambios de goberno en Xunta e Deputación pois as transferencias correntes da Xunta, Deputación e Estado aumentan respecto o 2005 en 132.435 €uros.

No Pleno tamén se aprobou por unanimidade unha solicitude ó Ministerio de Economía e Facenda para que manteña as funcións da administración da axencia tributaria de Ortigueira.

O PSdeG tamén pediu o Alcalde que inicie os tramites para solicitar a Consellería de Traballo un punto de información do Servicio Galego de Colocación que permita os veciños ademais de consultar as ofertas dispoñibles, renovar as sua tarxetas de demandantes de emprego.O PSdeG por último pediu a mellora na sinalización de Porto-Avispeira.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 25 de Febreiro de 2005.

Asdo. Cándido Prieto Lago (Concelleiro-Voceiro do PSdeG de Cerdido)