Benigno Galego Castro será o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido.
Begnino Galego Castro
será o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido
nas vindeiras eleccións municipais. Así o decidiron
en Asamblea os militantes socialistas, que
respaldaron a candidatura de Galego Castro por
unanimidade. Será a segunda vez consecutiva que
Benigno Galego, que exerce como funcionario do
Ministerio de Defensa, encabece a lista do PSdeG-PSOE
de Cerdido. De feito, nos pasados comicios locais e
tras saír elixido concelleiro viuse obrigado a
renunciar ao cargo a mediados de lexislatura ao ser
trasladado temporalmente a San Fernando (Cádiz).
Entón sustituino Cándido Prieto, actual secretario
xeral da agrupación socialista.
O xa candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido
destacou o traballo feito por toda a militancia e
agradeceu o seu esforzo e a confianza que nel
depositaron. Asemade, definiu como un dos principais
obxectivos do partido medrar en votos para acadar en
Cerdido un goberno progresista e de esquerdas que
poña fin á ineficaz xestión dos populares ao fronte
do Concello e posibilite sacar adiante proxectos
prioritarios coma o desenrolo do polígono industrial.
Unha das iniciativas que, na opinión de Benigno
Galego, permitirá fixar poboación na localidade e
frear a “alarmante” sangría poboacional
que se vén producindo nos últimos decenios.
Nesta liña, Galego Castro subliñou que outra das
prioridades dos socialistas será impulsar a
participación cidadá e democratizar a institución
municipal. Para concluír, apuntou que presentará unha
lista onde se combinará xuventude e experiencia
ademáis dun proxecto ilusionante para a cidadanía.
Saúdos; prensa PSdeG-PSOE
Política Territorial reforzará o firme da estrada AC-110 entre Felgosas e Espiñaredo a instancias do PSOE.
O voceiro dos
socialistas de Cerdido, Cándido Prieto, informou que
a actuación suporá un investimento duns 488.500
euros.
Cerdido,
11 de xaneiro de 2007.
O portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE de
Cerdido, Cándido Prieto, indicou hoxe que a
Delegación provincial de Política Territorial
destinará máis de 488.000 euros ás obras para
reforzar o firme e instalar sinalización horizontal e
vertical na estrada AC-110, entre Felgosas e
Espiñaredo. Concretamente, dende o punto kilométrico
10,36 ata o 14,38 e dende o 15,58 ata o 17,05. Prieto
indicou que esta actuación terá un prazo de execución
de tres meses e mellorará significativamente a
seguridade do vial sinalado.
Política Territorial respostou favorablemente á
demanda dos socialistas, que en xuño pasado
mantiveran unha entrevista co delegado provincial,
Jacinto Parga, na que lle expuxeron a necesidade de
acometer a actuación sinalada. E, onte mesmo,
recibiron a confirmación telefónica por parte do
responsable autonómico.
Asemade, o voceiro do grupo municipal socialista
avanzou que, durante esta última conversa que mantivo
con Parga, pediulle a instalación dun paso de peóns
no núcleo de Avispeira. Unha petición que xa
trasladara á alcaldesa do municipio. Pola súa banda,
o delegado provincial mostrouse receptivo a asumir a
iniciativa, aínda que puntualizou que neste caso
tería que ser a rexidora quen cursara a solicitude.
(*) Adxuntamos fotografía da reunión que en xuño
mantiveron os socialistas Benigno Galego e Cándido
Prieto co delegado Jacinto Parga.
Saúdos; prensa PSdeG-PSOE