PSdeG-PSOE de Cerdido informa sobre novas axudas da Conselleria de Medio Ambiente para paliar os danos producidos polo xabarín nos cultivo.
MEDIO AMBIENTE
PAGARÁ AOS AGRICULTORES AXUDAS DIRECTAS PARA
COMPENSAR OS DANOS CAUSADOS POR XABARÍS EN CULTIVOS
DE TODA GALICIA
Galicia é a primeira comunidade autónoma que artella
unha medida destas características, que suporá cubrir
os danos na totalidade do territorio. - A orde de
axudas que está a preparar aconsellería é froito dun
acordo acadado cos cazadores, que son legalmente os
responsables de pagar eses estragos, e cos
representantes agrarios.
Santiago de
Compostela, martes, 16 de maio do 2006
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento
Sostible asumirá por primeira vez a indemnización dos
danos causados por xabarís en cultivos de toda
Galicia. O departamentoautonómico que dirixe Manuel
Vázquez chegou a un acordo cos cazadores e
osrepresentantes do agro galego para afrontar este
problema moi gravoso, como é a importante repercusión
negativa da actividade cinexética nos cultivos, e
decidiu crear unha liña de axudas públicas e directas
aos agricultores. Galicia é a primeira comunidade
autónoma que artella unha medida destas
características para compensar uns danos provocados
pola práctica da caza que, ata de agora, quedaban na
meirande parte dos casos sen indemnizar.
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza está a
rematar a redacción da orde que regulará estas novas
axudas e na que se incorporarán as propostas dos
colectivos implicados. Esta normaresponde a fonda
preocupación da Consellería de Medio Ambiente por
afrontar a importante incidencia que teñen as
poboacións de xabarís nos cultivos de Galicia, unha
comunidade onde a caza non ten unha connotación
económica como ocorre no resto de España senón
esencialmente social.
Situación actual. A Xunta de Galicia, ata de agora,
compensa só os danos producidos por xabarís en
cultivos situados en espazos protexidos, reservas de
caza e fincas cinexéticas de libre xestión, oque
representa apenas un 12% do territorio. O resto da
superficie da comunidade autónoma está acotada para a
práctica da caza.
As sociedades cinexéticas, tal como establece a Lei
de Caza de Galicia no seu artigo 23, son os que deben
responder polos estragos ocasionados polas especies
cinexéticas nos terreos que xestionan e que
representan o 88% do territorio galego. Estes danos
son moi importantes aínda que resulta difícil cifrar
a súa contía. Os cotos de caza alegan incapacidade
económica para afrontar o pagamento de indemnizacións
e os agricultores, os máis prexudicados, quedan na
meirande parte dos casos sen cobrar polas perdas que
ocasionan os xabarís, fundamentalmente en cultivos de
millo.
Nova norma. A Consellería de Medio Ambiente afronta
por primeira vez este problema co animo de que os
agricultores cobren compensacións a través dunha liña
de axudas directas que, sen descartar a
responsabilidade legal das sociedades cinexéticas,
contribuirá a reducir o custe que lles supoñen eses
danos. A Administración galega ofrece pagar todos os
danos producidos por xabarís que superen os 150 euros
e ata un máximo de 1.200 euros, unha contía mínima
que, a petición de cazadores e agricultores, está
disposta a modificar á baixa. O pagamento dos danos
inferiores a 150 euros seguirán a ser
responsabilidade dos cotos de caza.
Na negociación levada a cabo cos sectores implicados,
acordouse que a nova orde de axudas, nestes momentos
en elaboración e que terá un período de vixencia, con
carácter retroactivo do 1 de xaneiro ata o 15 de
outubro de 2006, determinaranse outros aspectos
importantes como é definir con exactitude os
agricultores que poderán beneficiarse destas
indemnizacións así como un baremo obxectivo de
compensacións. Os sindicatos agrarios presentará á
consellería unha proposta de baremo que fixe os
prezos en función dos metros cadrados de terreo
afectados e do tipo de cultivo danado.
Medio Ambiente, con esta medida, asume o esforzo
económico que suporá indemnizar os danos producidos
polos xabarís nos cultivos de toda Galicia co
compromiso dos cotos de caza de que responderán a súa
responsabilidade legal de pagar polos estragos de
menor contía. A Administración será moi rigorosa no
control e seguimento dos planes de aproveitamento
cinexético das sociedades de caza.
SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO
AMBIENTE
Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento
Sostible
Gabinete de Comunicación
Tlf: 981 541722 / 981 957493
Fax: 981 541714
prensa.cma@xunta.es
O PSdeG-PSOE de Cerdido critica a elección do modelo de farolas para a praza posterior do Centro de Saude.
O PSdeG de Cerdido califica de
despropósito a elección do modelo de farolas para a
praza posterior o Centro de Saúde. Estas farolas de
“dubidoso” gusto son máis propias para
unha nave industrial que para un espazo público que
se supón que será para disfrute de veciños e
turistas. O PSdeG de Cerdido pensa que os 230.000
€ aportados polo Agader deberían de dar para
elixir outro modelo máis clásico e acorde co medio e
a paisaxe de un Concello rural.

Para o PSdeg de Cerdido isto non ven máis que a ser
outra mostra de desidia do grupo de goberno (PP) que
fixo un proxecto sen pes nin cabeza pois o que en
principio era unha praza con aparcamento o final coas
modificacións que se fixeron do proxecto inicial nin
e praza nin e aparcamento.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 9 de Maio de
2006.
Asdo.
Cándido Prieto Lago ( Voceiro do PSdeG de Cerdido
)