Peche de Campaña en Cariño.

Peche de Campaña en Cariño
MÍTIN do PSdeG-PSOE
Interveñen: 

ANA FACHAL FRAGUELA

Concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Medio Ambiente 


LOIS ARMADA PITA

Membro da candidatura  



MARISA NOVO FRAGUELA

Concelleira de Sanidade e Servicios Sociais

JOSÉ LUIS ARMADA CASTRO
Alcalde e Deputado Provincial

Venres, 25 de maio ás 9 da noite
Auditorio Municipal

Actos do PSdeG-PSOE no Concello de Cariño.

Sábado, 19 de maio

Mítin en Landoi
Hora: 8 da tarde
Lugar: Local da Asociación de Veciños de Landoi


Domingo, 20 de maio

Mítin en Sismundi
Hora: 11:30 da mañá
Lugar: Local Social xunto á igrexa de Sismundi

Mítin en Feás
Hora: 6 da tarde
Lugar: Mesón-restaurante A Ponte

Mítin na Pedra
Hora: 7:30 da tarde
Lugar: Salón de Actos do Escolar de A Pedra

Acto en Cerdido Xoves 17 de Maio.

Charla informativa Lei de Dependencia

Data: Xoves 17 de Maio

Lugar: Casa de Cultura (A Barqueira) Cerdido

Hora: 20:00 horas. Interveñen:

Benigno Galego
(Candidato a Alcaldía de Cerdido)
e
Beatriz Sestayo (Deputada Autonómica)

Actos en Cerdido.

Lunes 14 de Maio

Charla: Infrestructuras en Cerdido e VAC do Ortegal.

Interveñen:

Cándido Prieto Lago (Nº2 PSdeG-PSOE de Cerdido)

Jacinto Parga Fernández (Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial)

Benigno Galego Castro (Candidato do PSdeG-PSOE a Alcaldía de Cerdido)

Mitín do PSdeG-PSOE Cariño.

MÍTIN do PSdeG-PSOE

Interveñen:

ANA FACHAL
Concelleira e membro da candidatura

JOSÉ LUIS MÉNDEZ ROMEU
Conselleiro da Presidencia

JOSÉ LUIS ARMADA CASTRO
Alcalde e Deputado Provincial

Domingo, 13 de maio ás 6 da tarde
Auditorio Municipal

Máis información na nosa web:
http://www.psoecarino.org

Os Socialistas critican a utilización electoralista que fai o Concello de obras subvencionadas pola Deputación.

O PSdeG de Cerdido denuncia que o Grupo de Goberno (PP) fai unha utilización electoralista das obras subvencionadas pola Deputación.En concreto tratase de unha obra de mellora de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas subvencionada pola Deputación con 12.000€uros, na que o PP non menciona para nada a colaboración da Deputación e no cartel de obra nin sequera figura o Orzamento; iso si utilizan o seu lema de campaña “traballando para todos”.O PsdeG de Cerdido lembra que foron eles os que instaron o Grupo de Goberno a mellorar a accesibilidade da Casa de Cultura.

Foto cartel

Agradecendo a súa difusión. Cerdido a 5 de Maio de 2007
Asdo: Cándido Prieto Lago (Concelleiro-Voceiro do PSdeG de Cerdido)

O PSOE oponse ao plan municipal para construir na antiga escola dos Casás dúas vivendas de 52 metros cadrados.

Os socialistas defenden a súa rehabilitación, que financia a Deputación da Coruña, para destinalo integramente a local social

Foto antiga escola Os Casás


Cerdido, 01 de maio de 2007.
 


O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Cerdido, Benigno Galego, e o portavoz municipal socialista e número dous da lista electoral, Cándido Prieto, censuraron hoxe a proposta da Alcaldía de empregar os recursos do Plan de Cooperación da Deputación provincial de A Coruña destinados á rehabilitación da antiga escola dos Casás para construír dúas vivendas na parte alta cunha superficie útil de 52 metros cadrados. Unha proba do escaso espazo apréciase, segundo os socialistas, nos dormitorios, de 10 e 7,16 metros cadrados.

Deste xeito, o PSdeG-PSOE de Cerdido votou en contra desta iniciativa no pleno celebrado onte por entender que o grupo de goberno pretende xustificar catro anos de mandato estéril con dúas vivendas “indignas” e nun lugar pouco axeitado. Ao respecto, lembran que a parte baixa do inmoble destinaráse a local social, un fin que os socialistas defenden para todo o edificio. Así as cousas, Benigno Galego explica que o PSdeG propoñía que o Concello rehabilitase toda a superficie dispoñible para uso e disfrute dos veciños. Asemade e ó non ter reservado ningún terreo para tal fin no Plan Xeral de Ordeación Municipal, defendía a súa adquisición para destinalos á construcción de vivenda social digna con alomenos 85 metros cadrados.

Para os socialistas, a improvisación do PP é tal que nin sequera ten pensado o réxime no que sacalas a concurso: venda ou aluguer. A resposta que recibiu o PSOE a este respecto foi que “xa se mirará”. Palabras literais da alcaldesa, segundo Cándido Prieto. En contrapartida e de gañar a confianza dos seus veciños, Benigno Galego asegurou que tratará de chegar a acordos co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para cederlle terreos e construír vivenda digna.

No pleno de onte, tamén se deu conta da liquidación do exercicio económico de 2006, quedando este cunha débeda de 119.119 euros. Circunstancia que para os socialistas era previsible dada a carencia de recursos do Concello. Prieto apuntou que esta situación, ligada á nula capacidade e pésima xestión do PP, produce estes resultados.

Por último, os socialistas aproveitaron o turno de preguntas para interesarse sobre se o Concello ía dispor dalgunha cuadrilla contraincendios este ano. Unha iniciativa especialmente importante xa que o municipio non está incluído como zona de risco na clasificación da Consellería de Medio Rural. A resposta do grupo de goberno foi que non conta con medios económicos para tal obxectivo, así como que barallaba a posibilidade de que Promacer (a asociación de productores de madeira de Cerdido) se encargase da vixiancia con voluntarios.




Saúdos; prensa PSdeG-PSOE