nov 2005
Nota de prensa da Executiva Comarcal do Ortegal do PSdeG-PSOE.
04.11.2005 Filed in: PSdeG-PSOE
ORTEGAL
En relación coa roda de
prensa impartida onte en Moeche polos Alcaldes e
outros cargos institucionais do Partido Popular na
comarca de Ferrol e Ortegal, queremos expor algunhas
consideracións.
En primeiro lugar, felicitalos pola súa incorporación a esta histórica reivindicación da autovía costeira, compartida dende hai anos por empresarios, axentes sociais e partidos políticos, coa excepción do Partido Popular.
Sen embargo, non deixa de sorprender que, despois de 16 anos de silencio cómplice cos gobernos de Fraga, se sumen a esta reivindicación cando aínda non se cumpriron tres meses do cambio de goberno da Xunta. A súa roda de prensa, neste sentido, é dunha enorme hipocresía, xa que pretenden subirse a un carro no que nunca estiveron.
Cómpre lembrar que estes mesmos cargos institucionais do PP mantiveron o seu silencio cando o goberno de Fraga decidíu desviar a Transcantábrica polo interior, en dirección a Vilalba. Tampouco se manifestaron cando dito goberno autonómico tomou a decisión de programar unha suposta “Vía de Alta Capacidade” -en lugar da autovía- que ía transcurrir polo mesmo trazado da estrada actual, pasando polo medio de núcleos urbanos e, polo tanto, impoñendo una velocidade de 50 km/h en moitos tramos.
As hemerotecas poñen de manifesto con suma claridade que as primeiras declaracións públicas do PP na comarca tiveron lugar despois da reunión mantida por cargos públicos do PSdeG-PSOE en Viveiro e dunhas declaracións –días despois- da Confederación de Empresarios, nas que se denunciaba o silencio cómplice dos cargos públicos do PP.
Polo tanto, foi a presión dos empresarios, axentes sociais e partidos políticos que daquela eran oposición, a que obrigou ó goberno popular da Xunta de Galicia a aceptar a reivindicación da Autovía Costeira, en detrimento da súa proposta de Vía de Alta Capacidade.
Por último, queremos engadir que o PSdeG-PSOE da comarca do Ortegal seguirá defendendo a execución da Autovía Costeira coa maior brevidade posible. Neste sentido, somos absolutamente coherentes co que sempre mantivemos. Pero tamén somos conscentes de que non podemos esixirlle ó actual goberno da Xunta que execute en tres meses o que o Partido Popular non fixo en 16 anos.
Asdo. Executiva Comarcal do Ortegal do PSdeG-PSOE
4 de novembro de 2005