O PSOE reclama ao Concello que repare as cubertas do pabillón de deportes para evitar as filtracións de auga.

Afirma que pista e vestiarios quedaron anegados tralas últimas choivas, poñendo en perigo aos nenos que utilizan a infraestructura.

O portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Cerdido, Cándido Prieto, alertou hoxe dos perigos que para os usuarios e, en especial para os alumnos do colexio público, entraña a utilización das instalacións do pabillón municipal de deportes ubicado na Barqueira a raíz dos buracos nas cubertas e da súa precaria impermeabilización. Explicou que as choivas caídas nas últimas semanas puxeron de relieve máis se cabe as deficiencias da infraestructura, denunciadas dende a súa construcción polos socialistas de Cerdido. Resultado: pista e vestiarios anegados e formación de bolsas de auga en distintos puntos das instalacións.

Cándido Prieto subliñou que nenos do CEIP de A Barqueira, que empregan o pabillón durante todo o curso para facer ximnasia, sufriron máis dunha caída nos últimos días como consecuencia desta situación que, de momento e por sorte, non deixou máis que avisos. Para os socialistas de Cerdido, as filtracións de auga son achacables á auténtica chapuza que se fixo ao construir estas instalacións sobre unha ladeira e, a maiores, cunha impermeabilización a todas luces insuficiente. Neste punto, lembran que na fase de construcción xa se produciron problemas ao caer un muro de contención.

Por todo isto, o PSdeG-PSOE insta ao Concello a reservar algunha partida presupostaria para o vindeiro ano coa que facer fronte a este problema e, ao mesmo tempo, tratar de captar axudas económicas procedentes doutras administracións coma a Xunta e a Deputación provincial. Por último, Prieto conclúe que, á par que busca financiación para acometer estas obras, podería facer o mesmo para solventar a carencia de aparellos de ximnasia ou mellorar os espazos dos vestiarios.

Saúdos; prensa PSdeG-PSOE


Libro de Xosé Manuel Suárez: "Guerra Civil e represión en Ferrol e Comarca".

Resultado da investigación sobre a II República e a represión en Ferrol e nos concellos da súa comarca: Ares, Narón, Neda, Fene, Mugardos, Cedeira, Ortigueira, Cariño, Pontedeume, As Pontes...

guerraenferrol

Xosé Manuel Suaréz

Entrar na páxina Guerra Civil e Represión en Galiza

Lista de fusilados Xosé Manuel Suárez Martínez. suarxm@hotmail.com

Autor:
Xosé Manuel Suárez Martínez.
Mestre. Doutor en Xeografía e Historia (UNED).
Domicilio: Rúa As Pontes, 9-31. CEDEIRA. 15350. A Coruña.
Publicacións:
"O alzamento de 1936 no norte da Coruña", 1993, 1 0 ed., Ediciós do Castro.
"O referendo estatutario de 1936 na comarca de Ferrol", Revista Galega do Ensino, n1 26, 2000.
"A investigación sobre a represión en Galicia na Guerra Civil", A Trabe de Ouro, t. III, 2000.

*** Pódese mercar ou ben ler "online" ... http://www.leergratis.es/ferrol/guerrarepresionFerrol.htm

O PSOE urxe ó Concello a resolver os problemas de conexión a Internet na aula municipal de informática.

Gabinete de Comunicación PSdeG Cerdido

Os socialistas demandan ampliar os horarios destas instalacións e da biblioteca máis aló das nove horas semanais.

Cerdido, 18 de novembro de 2006.

O portavoz do PSdeG-PSOE de Cerdido, Cándido Prieto, instou ó equipo de goberno a buscar unha solución urxente ao deficiente servizo que ofrece a aula municipal de informática ubicada na Casa da Cultura de A Barqueira. Os socialistas explican que os usuarios apenas poden acceder a Internet polos constantes fallos que, segundo admite o Concello, se producen no router, así como pola lentitude coa que se establece a conexión. Asemade, denuncian que, a pesares de contar coa instalación do wifi, aínda non está operativo. Resultado: os veciños de Cerdido teñen serias dificultades para navegar pola Rede ata coa última tecnoloxía aplicada.

Os socialistas de Cerdido tamén insisten en solicitar do Concello a ampliación dos horarios e días de apertura destas instalacións e da biblioteca pública máis aló das nove horas semanais, repartidas entre os luns, mércores e venres. A proposta do PSdeG-PSOE pasaría por habilitar máis horas durante as xornadas laborais, pero tamén permitir o uso das infraestructuras os sábados polas mañás, a única posibilidade que teñen moitos veciños de Cerdido para disfrutar das mesmas ó traballar por semana.

As novas tecnoloxías no rural.

A pesares de que os socialistas plantexaron esta posibilidade en reiteradas ocasións obtendo a negativa do equipo de goberno por resposta, esperan que recapacite e acceda a propiciar esta ampliación de horarios e a corrixir as deficiencias da aula de informática. Ata ese momento, ao PSdeG-PSOE non lle queda máis remedio que lamentar que o esforzo inversor da Deputación por achegar as novas tecnoloxías ao rural caera en saco baldeiro en concellos coma Cerdido, onde non parece ser esta unha prioridade do actual goberno.

Saúdos; prensa PSdeG-PSOE Cerdido.