O PSdeG- PSOE de Cerdido presentara tres Mocións o vindeiro Pleno Municipal.
O PSdeG de Cerdido
presentou hoxe por rexistro tres mocións para que
sexan debatidas no vindeiro Pleno.
Participación no Plan
Especial de Parques infantís 2009 da Deputación da
Coruña.

A finalidade desta Moción en que o Concello de
Cerdido solicite á Deputación actuacións nos parques
infantís Municipais, sobre todo nos que non cumpren a
norma UNE-EN 1177, e carecen de materiais brandos nas
superficies sobre as que poidan caer os menores no
uso dos elementos de xogo, como e o caso do parque
infantil do CEIP de A Barqueira, que ten a superficie
de grava co perigo que comporta, e do Area Recreativa
de O Castro; neste último ademais de precisar renovar
os elementos de xogo que se atopan moi deteriorados
tamén hai que cambiar a superficie de grava. Os
Socialistas pedimos ademais que no Orzamento de 2009
o Concello reserve unha partida na que se dispoña da
achega Municipal do 15% das actuacións previstas para
optar a subvención do Organismo Provincial.
Solicitar a Deputación da Coruña unha
subvención destinada a sufragar os custos de persoal
para a contratación de un experto en Normalización
Lingüística.
Co fin de cumprir co sinalado no
Plan Xeral de Normalización Lingüística e logo dos
problemas detectados en moitos escritos e
comunicacións da Alcaldía e mesmo na páxina web do
Concello, os Socialistas consideramos que un experto
debe asesorar a administración e velar polo
cumprimento da lexislación en materia lingüística.
Moción para o desenrolo da Lei de Memoria
histórica
Os Socialistas pedimos que o
Concello facilite toda información necesaria(rexistro
civil,etc..) a familiares e institucións para o
cumprimento da Lei.
Agradecendo a súa
difusión, Cerdido a 27 de Novembro de 2008
Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido
O PSdeG- PSOE de Cerdido denuncia que na Casa do Concello hai pingueiras dende fai máis de un ano sen que, dende o Grupo de Governo se faga nada por solucionar o problema.
Para o PSdeG de Cerdido isto ben a ser unha mostra
máis da desidia do PP na conservación e mantemento
dos edificios públicos, pois o problema das
pingueiras da Casa do Concello, hai que engadir as
numerosas filtracións de auga que se producen na
Escola da Avispeira, onde xa houbo que levantar en
varias ocasións o piso, e a dia de hoxe segue nunha
situación de “provisionalidade” sen que
se tome ningunha determinación para arranxar un
edificio que foi “restaurado” e
inaugurado fai un ano.Outro problema sen solucionar
son os malos cheiros da Casa da Cultura, que proceden
dos aseos, onde parece que as arquetas están sen
sifonar.
Non queremos nin pensar como se atopara nestes
momentos a Escola dos Casás, que vai ser destinada a
vivenda social na parte superior, pois tendo en conta
os antecedentes de control de obras que leva o PP, e
posible que xurdan problemas a medio prazo.
Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 11
de Novembro de 2008
Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido