O PSdeG de Cerdido insta o Concello a mellorar a ordenanza fiscal reguladora da taxa de recollida de lixo.

O Pleno do Concello de Cerdido reunido hoxe Xoves 21 de Outubro aprobou por unanimidade a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das taxas de recollida de lixo.O PSdeG de Cerdido votou a favor desta ordenanza que foi aprobada tamén cos votos de PP e BNG aínda que coa condición aceptada polo Alcalde a proposta socialista de rebaixar a presión fiscal as persoas con menos recursos pois esta ordenanza terá que ser modificada en sucesivos períodos trala firma do convenio con Sogama por parte do Concello.Isto suporá para os veciños incrementos de ata o 200% na factura do lixo algo que recoñeceu o propio Alcalde.O PSdeG de Cerdido pretendía aplicar uns baremos como xa se esta facendo noutros Concellos,que dependendo da renda, patrimonio ou os membros da unidade familiar dean unha rebaixa para as persoas con menos recursos que puidera chegar ata o 75% aplicando así unha verdadeira política de reducción da presión fiscal polo menos nos impostos que son competencia do Concello.A pesares da resistencia inicial do Alcalde e membros do seu partido a esta proposta socialista o final chegouse o acordo de revisar ese punto o vindeiro ano;agora o PSdeG de Cerdido espera que o Alcalde cumpra ese acordo e o mesmo tempo a promesa electoral do PP de non “afogar os veciños con impostos”.Por outra banda o PSdeG tamén instou o Concello a mellorar o servicio co lavado e hixienización dos contenedores algo que polo momento vense obrigados a facer pola súa conta os veciños para manter unhas mínimas condicións de salubridade.O Pleno tamén aprobou por unanimidade o Plan de investimentos Locais 2005 e Plan Xeral de Urbanismo unha vez resoltas pola Xunta as alegacións de particulares e grupos políticos.Para o PSdeG de Cerdido resulta de vital importancia a axilización dos tramites do Plan para o futuro desenrolo do Concello; de feito o portavoz socialista Cándido Prieto nunha reunión co Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial Jacinto Parga xa lle trasladou esa demanda de axilización dos tramites do PXMOU de Cerdido.Cerdido a 21 de Outubro de 2005.

Agradecendo a súa difusión.

Asdo. Cándido Prieto Lago(Concelleiro-Voceiro do PSdeG de Cerdido)