Nota de prensa do PSdeG-PSOE de Cerdido.

O Pleno do Concello de Cerdido reunido onte 31 de Agosto, ratificou a signatura do convenio para a recollida de residuos sólidos urbáns con SOGAMA S.A,rubricado o 20 de Xullo de 2005; cos votos a favor dos seis concelleiros do Grupo Popular .Tanto o PSdeG coma o BNG votaron en contra deste convenio.O PSdeG de Cerdido opúxose a ratificación do convenio por considerar que o PP facendo unha vez máis gala do escurantismo e a falta de dialogo cos grupos da oposición e incluso cos membros do seu propio Grupo( pois algún nin sabia da firma dese convenio, nin en que condicións se fixo) , ratificou un contrato que en opinión do PSdeG de Cerdido suporá unha verdadeira hipoteca a 15 anos(pois este foi o período polo que se firmou) para tódolos veciños pois supoñendo que nun futuro se atopen solucións alternativas o tratamento de residuos, Cerdido terá que seguir pagando a SOGAMA co conseguinte incremento anual os prezos fixados por Tonelada segundo a variación do IPC.Isto suporá para os veciños uns incrementos na factura do lixo e para o Concello uns gastos adicionais de aproximadamente 15.000€ que non tiña previstos o goberno Popular.Para o PSdeG isto ven a demostrar unha vez mais que o goberno local movese por inercias e fai da improvisación un “modus vivendi”, pois a pregunta do portavoz socialista sobre cantas Toneladas de residuos se estaban recollendo semanalmente nenguen do grupo de goberno(PP) soubo respostar.O PSdeG tamén manifesta a súa sorpresa polas declaracións do rexedor Bernardino Breijo de que se enterou do comenzo dos traballos de selado do vertedoiro da Xaneira un día que o camión do lixo se atopou coas maquinas traballando e lle impediron descargar,algo que para o PSdeG de Cerdido ven a confirmar unha vez máis que o Partido Popular de Cerdido segue a velas vir e sen enterarse nin sequera dos asuntos máis relevantes para o Concello.

Por outra bando por cuarto Pleno consecutivo o Alcalde non incluíu na orde do día unha Moción do Grupo Socialista, desta volta para impulsar un pacto Local pola integración e a convivencia, co que perdera probablemente parte de un fondo que o Goberno Central destina coma axuda os Concellos coa finalidade de facilitar a integración dos inmigrantes.O Alcalde argumentou unha vez mais que non se acordaba de haber leido dita Moción a pesares de ser presentada por rexistro o pasado 18 de Xullo.Para o PSdeG isto supón unha continuidade na politica de exclusión e rodillo que ven aplicando o PP nos derradeiros Plenos.

Agradecendo a súa difusión , Cerdido a 1 de Setembro de 2005

Asdo.. Cándido Prieto (Concelleiro-Voceiro do PSdeG de Cerdido)