O Concello de cerdido aprobou no último Pleno Extraordinario celebrado o 29 de Setembro unha esteblecer unha bonificación na Ordenanza reguladora do Imposto de Bens Inmobles para os titulares que de familias numerosas.

concello


Os Socialistas xa solicitaran en anteriores Plenos que se estableceran Bonificacións para as familias numerosas, e tamén para aquelas cuxa renda per capita non supere o indicador público de renda de efectos múltiples(IPREM).
Tendo en conta que as entidades Locais poden exercer a súa potestade tributaria en materia de bonificacións fiscais e nalgúns casos de exención de taxas, para o PSdeG de Cerdido, a bonificación do 75% do IBI para as familias numerosas é un pequeno paso, que no futuro debe continuar con bonificacións fiscais para vivendas de protección oficial(posibilidade que foi rexeitada polo PP, o non apoiar unha Moción que presentaron os Socialistas na anterior Lexislatura), e exención ou bonificación no seu caso de taxas(lixo,auga,etc..) para as persoas con menos rendas.Non hai que esquecer que nun Concello eminentemente rural como Cerdido hai unidades familiares que perciben pensións moi baixas como son as non contributivas.

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 30 de Setembro de 2008

Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido

O PSdeG- PSOE de Cerdido insta o Goberno Municipal a que se integre na rede de Bibliotecas de Galicia e solicite o soporte para poñer en marcha de unha vez o wifi na Biblioteca Municipal.

Os Socialistas de Cerdido despois de levar máis de un ano preguntando porque na biblioteca de Cerdido habendo preinstalación do sistema non funcionaba o wifi levaron o asunto o Parlamento de Galicia onde o deputado Francisco Cerviño, interpelou diante da Consellería de Cultura sobor do asunto.Os Socialistas de Cerdido xa “sospeitaban” da apatía do Grupo de Goberno (PP) pero non esperaban que se lles mentise neste asunto dende o PP asegurando que tódolos tramites estaban listos e só dependía da vontade da Consellería de Cultura a resolución final. Para os Socialistas ou o PP mente ou amosa a súa incompetencia neste asunto, non queremos nin imaxinar que pasara co resto de temas pendentes no Concello cando non son capaces nin de resolver un pequeno.

wificerdido

Agradecendo a súa difusión, Cerdido a 12 de Setembro de 2008

Asdo.PSdeG-PSOE Cerdido