E moi grato para min poder
dirixirme a todos os visitantes da nosa páxina web e en
particular a todos os veciños da Comarca do Ortegal. En
nome de todas as mulleres e homes que formamos parte do
PSdeG-PSOE desta comarca, grazas polo voso interese.
En todo caso non quero deixar pasar esta oportunidade, para
poñer de manifesto que desde todas as agrupacións que
constitúen esta comarca, estamos poñendo todo o empeño e
todo o noso esforzo para que, desde a actividade política,
nos concellos, e coa cidadanía, no contacto día a día cos
veciños, as nosas propostas e feitos contribúan a unha
mellora na vida cotiá e no desenvolvemento comarcal.
Nunha comarca con infinitas posibilidades de
desenvolvemento, os responsables políticos autonómicos e
nalgúns casos locais, empeñáronse en poñer freo a calquera
iniciativa que nos levase a equipararnos con outras zonas
máis desenvolvidas.
Desde o PSdeG-PSOE do Ortegal temos a capacidade, as ideas
e as persoas que poden facer variar esta situación. E bo
exemplo disto é o cambio de postura que provocamos coas
nosas propostas e actos reivindicativos, na Xunta de
Galicia e nos concellos orteganos, co trazado da AUTOVÍA do
CANTÁBRICO, que pretendían que non pasase pola nosa comarca
e que agora aceptan como un feito incuestionable.
Espero que esta páxina sirva para dar a coñecer as nosas
actividades e propostas e que á vez, os cidadáns teñan nela
un medio de expresión para as súas necesidades e as súas
críticas. E desta maneira ter unha idea máis ampla de todas
as inquietudes e problemas dos veciños, que nos axude a
mellorar na nosa actividade política e cidadá.
Permitíndonos, á vez, acercarnos máis aos veciños, e que
desta forma, consigamos facernos merecedores dun apoio cada
vez máis amplo. Desde aquí o noso compromiso e o noso
esforzo para conseguilo.
Un afectuoso saúdo.
José Carlos García Vilameá.
Secretario Xeral Comarcal do PSdeG-PSOE do ORTEGAL